Antena 3

canle de TV xeralista privada de España

Antena 3 é unha canle de televisión xeralista privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel.

Antena 3
Inicio das emisións25 de xaneiro de 1990
Propiedade deAtresmedia Televisión
Formato da imaxe1080i HDTV
Datos de audiencia14,2% (setembro de 2021, Kantar Media)
SloganLa tele abierta
PaísEspaña España
LinguaCastelán
Área de emisiónEscala nacional
Sede centralSan Sebastián de los Reyes
Canle/s irmá(s)laSexta
Neox
Nova
Nitro(Desaparecida)
Xplora(Desaparecida)
laSexta3(Desaparecida)
Antena 3 HD
laSexta HD
Dispoñibilidade
Terrestre
TDT69
Satélite
Digital+Dial 13
Cable
ONODial 3
RDial 113
EuskaltelDial 3
TelecableDial 3
IPTV
ImagenioDial 3
Orange TVDial 3
Jazztelia TVDial 3
Televisión por Internet
En directoEn directo

Na rede
Páxina web de Antena 3
IMDB: co0062576 Facebook: antena3 Twitter: antena3com Instagram: antena3com Editar o valor em Wikidata

O 25 de decembro de 1989 iniciou as súas emisións en probas, sendo a primeira cadea privada en emitir para toda España. As súas emisións regulares en analóxico comezaron o 25 de xaneiro de 1990, cun programa presentado polo xornalista Miguel Ángel Nieto.

Pola canle pasaron importantes presentadores e xornalistas como Jesús Hermida, Mercedes Milá, Jesús Vázquez, Constantino Romero, Paula Vázquez, José María Carrascal, Alfonso Arús, Ana Rosa Quintana, Silvia Jato, Olga Viza, Montserrat Domínguez, Alicia Senovilla, Carlos Sobera, María Teresa Campos ou Andreu Buenafuente.

Os seus estudos centrais están situados en San Sebastián de los Reyes, na Comunidade de Madrid.

Historia

Centro de Antena 3 en San Sebastián de los Reyes, Madrid.

Televisión analóxica

Antena 3 nace cando o goberno de Felipe González abre o concurso para dar tres licenzas de televisión privada. Antena 3 xa comezara a súa andaina no territorio das comunicacións por medio de Antena 3 Radio.

Tras gañar unha das tres licenzas de televisión, as outras dúas foron para Telecinco e Canal +, comezou as súas emisións en setembro de 1989. O seu inicio causou grande expectación a nivel nacional polo nacemento dunha nova cadea. Dende mediados dos anos 90 emitiu programación en desconexión para Galicia. En marzo de 1996 pon en marcha o espazo de reportaxes Galicia a fondo. En 1999 comeza a emitir un informativo diario para a comunidade, este espazo estivo dirixido e presentado por Luis Fraga; este espazo desapareceu no verán de 2004.

Un dos seus maiores éxitos foi a retransmisión do Mundial de Fútbol, xa que foi a primeira canle privada de Europa que o emitía.

Contribuíron ao éxito da cadea programas novidosos como:

Televisión Dixital Terrestre

Trala aparición da TDT a Antena 3 concedéronselle tres canles, denominadas Neox, Nova e Mega. Estas canles conteñen programación variada, que xeralmente son reposicións de series, programas ou concursos de Antena 3 ou contidos de produción propia ou americana.

Tras a fusión con laSexta, a oferta de canles de televisión do grupo xurdido aumentou ata oito: Antena 3, laSexta, Neox, Nova, Nitro, Xplora, laSexta3 e Gol Televisión (incluíndo Antena 3 HD e laSexta HD, versións en alta definición das canles principais).

Audiencias

Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas en España por TNS.[1][2] Están en letra grosa e verde os meses en que foi líder de audiencia.

AnoXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembroMedia anual
19901,2%**2,4%2,6%2,2%2,8%3,7%3,8%4,2%4,8%4,7%6,0%7,1%3,8%
19917,6%8,3%8,8%9,5%9,9%9,5%10,2%11,7%11,2%10,8%11,7%11,8%10,1%
1992----13,7%14,8%--18,0%17,6%18,6%19,2%14,7%
199317,8%17,9%17,6%17,3%18,0%18,6%21,5%24,5%24,5%23,9%25,2%26,8%21,1%
1994---27,3%27,8%*26,5%------25,7%
1995---27,4%----25,8%26,9%26,0%-26,0%
199625,9%25,6%24,3%24,3%24,3%25,8%24,5%25,0%25,8%25,7%24,3%24,1%25,0%
199723,5%22,5%23,6%23,3%22,4%22,1%21,1%22,5%23,6%23,0%22,5%22,4%22,7%
199822,6%23,2%23,3%23,0%23,2%22,7%23,9%23,4%21,8%21,6%22,2%23,0%22,8%
199922,4%22,4%23,5%23,1%22,4%22,8%23,0%21,0%22,3%22,3%23,4%23,8%22,8%
200023,3%22,7%22,3%21,6%20,0%21,0%20,0%21,0%21,6%21,1%22,1%21,4%21,5%
200120,9%20,6%20,3%19,9%19,8%20,3%21,1%21,1%20,3%20,4%20,5%20,2%20,4%
200220,5%19,8%21,9%21,4%19,4%22,3%19,3%20,6%19,6%19,1%19,3%19,3%20,2%
200319,2%20,4%19,6%18,8%19,0%19,5%19,9%20,2%19,8%18,7%19,2%19,9%19,5%
200419,7%20,6%19,9%19,7%20,0%21,7%21,1%20,8%21,4%22,3%21,4%21,3%20,8%
200521,1%21,3%20,8%20,2%20,2%20,6%21,0%22,0%21,5%21,9%21,8%22,7%21,3%
200621,9%21,1%20,3%20,6%19,9%18,2%18,7%18,6%18,0%18,3%18,7%18,2%19,4%
200718,2%18,4%18,2%17,5%17,5%17,4%17,6%18,0%16,2%16,2%16,9%17,1%17,4%
200816,9%16,8%15,9%16,3%16,0%14,9%16,0%15,6%15,8%15,8%16,4%16,1%16,0%
200915,5%15,3%15,2%15,3%15,2%15,0%15,4%14,8%13,8%13,8%13,8%13,7%14,8%
201012,8%12,6%12,2%11,5%11,9%11,6%11,2%11,0%10,9%11,4%11,3%11,6%11,7%
201111,6%11,3%11,3%11,1%10,6%11,0%10,7%11,3%11,9%12,1%12,8%12,4%11,5%
201212,4%12,2%12,4%12,2%12,0%11,8%

* Máximo histórico | ** Mínimo histórico

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: