Estrés

O estrés[1] (do latín stringere ‘apertar’ a través do seu derivado en inglés stress ‘fatiga de material’) é unha reacción fisiolóxica do organismo no que entran en xogo diversos mecanismos de defensa para afrontar unha situación que se percibe como ameazante ou de demanda incrementada.[2] Fisiolóxica ou biolóxica é a resposta dun organismo a un factor de tensión tales como unha condición ambiental ou un estímulo.[3] O estrés é o xeito dun corpo de reaccionar a un desafío. De acordo co evento estresante, a maneira do corpo a responder á tensión é mediante o sistema nervioso simpático de activación que dá lugar á resposta de loita ou fuxida. Debido a que o corpo non pode manter este estado durante longos períodos de tempo, o sistema parasimpático ten tendencia a facer regresar ó corpo a condicións fisiolóxicas máis normais (homeostase). Nos humanos, a tensión normalmente describe unha condición negativa (distrés) ou pola contra unha condición positiva (eustrés), que pode ter un efecto mental, físico e mesmo de benestar ou malestar nun ser humano, ou mesmo noutra especie de animal.

Estrés
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Eustrés e distrés

Aínda que case sempre, principalmente nos humanos, a palabra estrés adoita posuír unha connotación negativa (o oposto quizais sería o nirvana budista ou o principio de nirvana de S.Freud) a ciencia distingue dous tipos de estrés, tanto en animais como en humanos:

  • Eustrés ou estrés positivo: é un proceso natural e habitual de adaptación, que consiste nunha activación durante un período curto de tempo co obxectivo de resolver unha situación concreta que require máis esforzo.[4] Nos animais non humanos o eustrés evidénciase nos estímulos que por reacción favorecen á vida.
  • Distrés ou estrés negativo: é aquel que nun animal (incluído o ser humano) supera o potencial de homeostase ou equilibrio do organismo causándolle fatiga, maiores niveis de ansiedade, de irritabilidade e de ira. A tensión mantida pode provocar a aparición de consecuencias físicas, debidas ó aumento do gasto de enerxía, unha maior rapidez de actuación, menor descanso do necesario e o consecuente esgotamento das forzas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Selye, H. (1956): The Stress of Life
  • C. Sandi, C. Venero, M. I. Be. (2000): ""Estrés, Memoria y Trastornos Asociados. Implicaciones en el Daño Cerebral y el Envejecimiento". Colección Ariel Neurociencia. Editorial Ariel.
🔥 Top keywords: