Sigmund Freud

Médico austríaco especializado en neuroloxía


Sigmund Freud nado como Sigismund Shlomo Freud en Freiberg (actual Příbor, na República Checa) o 6 de maio de 1856 e finado en Londres o 23 de setembro de 1939[1], foi un médico neurólogo austríaco de orixe xudeu, pai do psicanálise e unha das maiores figuras intelectuais do século XX.[3]

Infotaula de personaSigmund Freud

Fotografía de Sigmund Freud fumando en 1922, por Max Halberstadt.
Biografía
Nacemento(de) Sigismund Schlomo Freud Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1856
Příbor (Imperio Austríaco) Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1939 (83 anos)
Londres, Reino Unido [1]
Causa da morteEutanasia Editar o valor em Wikidata (Cancro de larinxe Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaGolders Green Crematorium (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAustria e o Reino Unido
País de nacionalidadeaustríaco
RelixiónAteísmo
EducaciónUniversidade de Viena
Coñecido porPsicanálise
Actividade
Campo de traballoArte, filosofía, literatura, medicina, mitoloxía, neuroloxía, psicanálise, psicoterapia
Lugar de traballo Londres
Viena Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpsicanalista , neurólogo , ensaísta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Viena Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresCarl Friedrich Wilhelm Claus, Alois Pokorný (en) Traducir, Ernst Wilhelm von Brücke (pt) Traducir, Ambroise-Auguste Liébault (pt) Traducir, Jean-Martin Charcot e Theodor Hermann Meynert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlfred Adler Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoOtto Gross (pt) Traducir e Moshe Wulff (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeMartha Bernays
FillosAnna Freud, Oliver Freud (pt) Traducir, Sophie Freud (pt) Traducir, Martin Freud (pt) Traducir, Ernst Ludwig Freud, Mathilde Freud Editar o valor em Wikidata
PaisJacob Freud (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Amalie Nathanson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlexander Freud (pt) Traducir, Anna Freud Bernays (pt) Traducir, Pauline Regine Freud (pt) Traducir, Esther Adolfine Freud (pt) Traducir, Maria Freud (pt) Traducir, Regina Debora Freud (pt) Traducir e Julian Freud (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesEdward Bernays (pt) Traducir (sobriño)
Lucian Freud (neto) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Goethe
Membro estranxeiro da Royal Society[2]
Sinatura

IMDB: nm0294438 Allocine: 37052
Dialnet: 21889 iTunes: 122049187 Musicbrainz: a8e73e7b-5b8c-4dda-86c4-6c4a1567787e Discogs: 761054 WikiTree: Freud-15 Find a Grave: 1377 Editar o valor em Wikidata

Foi o fundador da escola psicanalítica de psicoloxía, baseada na súa teoría de que o inconsciente determina o comportamento, de que certos tipos de pensamentos e recordos inconscientes, especialmente os sexuais e agresivos, son a fonte da neurose, e de que a neurose pode ser tratada traéndoos á consciencia a través dun tratamento psicanalítico. Tras recorrer inicialmente á hipnose para tratar fenómenos de histeria, abandonaríaa en favor da «asociación libre» e da «cura lingüística», que se converteron nos elementos clave da psicanálise.

É xeralmente designado como "o pai da psicanálise". Foi unha personalidade revolucionaria e controvertida xa no seu tempo. Posiblemente ningún outro explorador da psique penetrou tan fondamente na mentalidade humana do século XX. O seu impacto sobordou os límites da psicanálise, abranguendo varias áreas da cultura, entre elas, a arte, a literatura, a relixión, a antropoloxía, e outras.

A división de opinións que a figura de Freud suscita podería resumirse do seguinte modo: uns considéranlle máis un gran científico no campo da medicina, que descubriu gran parte do funcionamento psíquico humano; e outros o ven especialmente como un filósofo que reformulou a natureza humana e axudou a derrubar tabúé, pero cuxas teorías, como ciencia, fallan nun exame rigoroso.

O 28 de agosto de 1930, Freud foi galardoado co premio Goethe da cidade de Frankfurt am Main pola súa actividade creativa. Tamén en honra de Freud, ao que frecuentemente se lle denomina o pai da psicanálise, deuse o nome «Freud» a un pequeno cráter de impacto lunar que se atopa nunha meseta dentro de Oceanus Procellarum, na parte noroccidental ao lado visible da Lúa.[4]

Ao fundar a psicanálise, Freud desenvolveu técnicas terapéuticas como o uso da asociación libre e descubriu a transferencia, establecendo o seu papel central no proceso analítico. A redefinición de Freud da sexualidade para incluír as súas formas infantís levouno a formular o complexo de Edipo como principio central da teoría psicanalítica.[5] A súa análise dos soños como realizacións de desexos proporcionoulle modelos para a análise clínica da formación de síntomas e os mecanismos subxacentes da represión. Sobre esta base, Freud elaborou a súa teoría do inconsciente e pasou a desenvolver un modelo de estrutura psíquica que comprende o ego, superego e id.[6] Freud postulou a existencia dunha libido, enerxía sexualizada coa que se invisten os procesos e estruturas mentais e que xera apegos eróticos, e unha pulsión de morte, fonte de repetición compulsiva, odio, agresividade e culpa neurótica.[7] Nas súas obras posteriores, Freud desenvolveu unha ampla interpretación e crítica da relixión e da cultura.

Aínda que está en declive xeral como práctica clínica e diagnóstica, a psicanálise segue a ser influente dentro da psicoloxía, psiquiatría e psicoterapia, e entre as humanidades. Así, segue xerando un amplo e moi disputado debate sobre a súa eficacia terapéutica, o seu status científico e se avanza ou dificulta a causa feminista.[8] Porén, a obra de Freud infundiu o pensamento occidental e a cultura popular contemporáneas. A homenaxe poética de W. H. Auden en 1940 a Freud descríbeo como o que creou "todo un clima de opinión / baixo o cal levamos as nosas diferentes vidas".[9]

Traxectoria

Placa conmemorativa de Sigmund Freud no seu lugar de nacemento.

Vida temperá e educación

Lugar de nacemento de Freud, unha habitación alugada en casa dun cerralleiro, Freiberg, Imperio austríaco (posteriormente Příbor, República Checa)
Freud (16 anos) e a súa nai, Amalia, en 1872

Sigmund Freud naceu na cidade de Freiberg (agora Příbor), unha pequena cidade de Moravia,[10][11] daquela parte do Imperio Austrohúngaro e hoxe parte da República Checa. Procedente dunha familia xudeus asquenací non practicante, nunca usou o seu apelido xudaico Shlomo e xermanizou para Sigmund o seu nome orixinal Sigismund, recibido en homenaxe a un rei polaco do século XVI que fora tolerante cos xudeus. En 1877, ós 21 anos, abreviou definitivamente o nome co que pasou á historia.[12]

Os seus pais eran de Galicia, unha provincia histórica que se atopa actualmente dividida entre a actual Ucraína occidental e o sueste de Polonia. O seu pai, Jacob Freud (1815–1896), era un modesto comerciante de la, tivo dous fillos, Emanuel (1833–1914) e Philipp (1836–1911), froito do seu primeiro matrimonio (casou tres veces).A familia de Jacob eran xudeus hasidistas, e aínda que o propio Jacob se afastaba da tradición, era coñecido polo seu estudo da Tora. El e a nai de Freud, Amalia Nathansohn,[13] que era 20 anos máis nova que el, e a súa terceira esposa, casaron co rabino Isaac Noah Mannheimer o 29 de xullo de 1855.[14] O matrimonio estaba a pasar apuros económicos e vivían nunha habitación alugada, en casa dun cerralleiro no nº 117 da rúa Schlossergasse, cando naceu o seu fillo Sigmund.[15] Durante o parto naceu rodeado do saco amniótico, feito que a súa nai viu como un augurio positivo para o futuro do neno.[16]

En 1859, a familia Freud abandonou Freiberg. Os medio irmáns de Freud emigraron a Manchester, Inglaterra, separándoo do "inseparable" compañeiro de xogos da súa primeira infancia, John, o fillo de Emanuel.[17] Jakob Freud levou á súa muller e aos seus dous fillos (a irmá de Freud, Anna, nacera en 1858; un irmán, Julius, nacido en 1857, morrera na infancia) primeiro a Leipzig e logo, en 1860, a Viena, onde naceron catro irmás máis e un irmán: Rosa (n. 1860), Marie (n. 1861), Adolfine (n. 1862), Paula (n. 1864), Alexander (n. 1866). En 1865, Freud, de nove anos, ingresou no Leopoldstädter Kommunal-Realgymnasium, un destacado instituto. Demostrou ser un alumno sobresaliente e se graduó da Matura en 1873 con honras. Amaba a literatura e dominaba o alemán, o francés, o italiano, o castelán, o inglés, o hebreo, o latín e o Grego.[18]

A familia, de recursos limitados, vivía modestamente nun apartamento pero os pais farían un esforzo importante na súa educación desde moi novo. Era a época da apertura liberal do Imperio Habsburgo, que permitía ós xudeus abeirar esperanzas de progreso económico e aceptación social. Brillante nos estudos, ano tras ano, foi o primeiro da súa clase na escola.

Ós 17 anos ingresa na Universidade de Viena na facultade de Medicina onde permanecerá de 1873 a 1881 a pesar do intenso antisemitismo que comeza a abrirse paso en Austria. Tiña planeado estudar dereito, pero uniuse á facultade de medicina da universidade, onde os seus estudos incluíron filosofía con Franz Brentano, fisioloxía con Ernst Brücke, e zooloxía baixo o profesor darwinista Carl Claus.[19] En 1876, Freud pasou catro semanas na estación de investigación zoolóxica de Claus en Trieste, diseccionando centos de anguías nunha procura inconclusa dos seus órganos reprodutores masculinos.[20] En 1877, Freud trasladouse ao laboratorio de fisioloxía de Ernst Brücke (o cal converteuse nun gran mentor intelectual para el, polo que o seu cuarto fillo foi chamado Ernst na súa honra), onde pasou seis anos comparando os cerebros de humanos e outros vertebrados cos de ras e invertebrados como o lagostino e as lampreas. O seu traballo de investigación sobre a bioloxía do tecido nervioso resultou fundamental para o descubrimento posterior da neurona na década de 1890.[21] O traballo de investigación de Freud viuse interrompido en 1879 pola obriga de realizar un ano de servizo militar obrigatorio. Os longos tempos de inactividade permitíronlle completar un encargo para traducir catro ensaios das obras recollidas de John Stuart Mill.[22] Licenciouse cun MD en marzo de 1881.[23]

Carreira inicial e matrimonio

Martha Bernays esposa de Sigmund_Freud

En 1882, ansioso por progresar na vida, deixa a desgusto o laboratorio de neurofisioloxía e entra no Hospital Xeral de Viena. O seu traballo de investigación en anatomía cerebral levou á publicación en 1884 dun artigo influente sobre os efectos paliativos da cocaína, e o seu traballo sobre a afasia constituiría a base do seu primeiro libro On Aphasia: A Critical Study, publicado en 1891.[24] Durante un período de tres anos, Freud traballou en varios departamentos do hospital. O tempo que pasou na clínica psiquiátrica de Theodor Meynert e como Locum tenens nun manicomio local levouno a interesarse cada vez máis polo traballo clínico. As súas numerosas investigacións publicadas leváronlle a ser nomeado profesor universitario ou docente en neuropatoloxía en 1885, un posto non remunerado pero que lle daba dereito a dar conferencias na Universidade de Viena.[25] Meses antes nunha visita á casa da súa irmá coñecera a Martha Bernays e acabou namorándose dela. (Martha era neta do rabino de Hamburgo Isaac Bernays, o primeiro en formular a ortodoxia xudaica moderna.) Xa o 17 de xuño 1882 Martha e Freud prometéronse. Cinco anos máis nova, Martha procedía dunha familia xudía ortodoxa, mentres que Freud era un incrédulo que intentou separala das súas crenzas relixiosa. Freud tamén foi austero sobre o papel que desempeñaría Martha na súa casa despois de casar: aínda que pensaba que, nalgún momento futuro, a lei concedería ás mulleres os dereitos ata agora negados, tamén cría: exemplo de burguesía da súa época, que a muller debía cumprir o seu papel coas tarefas domésticas e familiares.[26]

En 1886, Freud renunciou ao seu posto hospitalario e entrou na práctica privada especializada en "trastornos nerviosos". O mesmo ano casou con Martha aínda que Freud, como ateo, estaba consternado pola esixencia en Austria dunha cerimonia relixiosa xudía e considerou brevemente, antes de descartala, a perspectiva de unirse á dita "Confesión" protestante para evitar o matrimonio xudeu.[27] O 13 de setembro dese ano celebrouse unha cerimonia civil e ao día seguinte unha cerimonia relixiosa, na que Freud foi apresuradamente instruído sobre as oracións hebreas.[28] En nove anos os Freud terán seis fillos: Mathilde (b. 1887), Jean-Martin (b. 1889), Oliver (b. 1891), Ernst (b. 1892), Sophie (b. 1893), e Anna (b. 1895). Desde 1891 ata que deixaron Viena en 1938, Freud e a súa familia viviron nun apartamento no nº 19 da rúe Berggasse, preto de Innere Stadt, un barrio histórico de Viena. A máis nova, Ana Freud, confidente, secretaria, enfermeira, discípula e portavoz do pai, tornarase tamén unha eminente psicanalista.

A casa de Freud no nº 19 da rúa Berggasse , Viena

En 1896, Minna Bernays, a irmá de Martha Freud, converteuse nun membro permanente da familia Freud despois da morte do seu prometido. A estreita relación que formou con Freud provocou rumores, dunha aventura, iniciados por Carl Jung. O descubrimento dunha entrada no libro de hóspedes dun hotel suízo para o 13 de agosto de 1898, asinada por Freud mentres viaxaba coa súa cuñada, presentouse como proba do asunto.[29]

Freud comezou a fumar tabaco aos 24 anos; inicialmente fumador de cigarros, fíxose fumador de puros.[30] Cría que fumar melloraba a súa capacidade de traballo e que podía exercer o seu autocontrol para moderalo. A pesar das advertencias sanitarias do seu colega Wilhelm Fliess, continuou como fumador, e finalmente sufriu un cancro bucal.[31] Freud suxeriu a Fliess en 1897 que as adiccións, incluída a do tabaco, eran substitutos da masturbación, "o único gran hábito".[32]

Freud admiraba moito ao seu titor de filosofía, Brentano, coñecido polas súas teorías sobre a percepción e a introspección. Brentano discutiu a posible existencia da mente inconsciente na súa Psychologie vom empirischen Standpunkte (Psicoloxía desde un punto de vista empírico) (1874). Aínda que Brentano negou a súa existencia, a súa discusión sobre o inconsciente probablemente axudou a introducir a Freud no concepto.[33] Freud posuía e utilizaba os principais escritos evolucionistas de Charles Darwin, e tamén se viu influído por Philosophie des Unbewussten (A filosofía do inconsciente) (1869) de Eduard von Hartmann. Outros textos de importancia para Freud foron os de Fechner e Herbart,[34] sendo posiblemente a obra deste último Psychologie als Wissenschaft (A psicoloxía como ciencia) considerada de importancia e infravalorada a este respecto..[35] Freud tamén se baseou na obra de Theodor Lipps, que foi un dos principais teóricos contemporáneos dos conceptos de inconsciente e empatía.[36]

Aínda que Freud era remiso a asociar as súas ideas psicanalíticas con teorías filosóficas anteriores, sinaláronse analoxías entre a súa obra e a de Schopenhauer[37] e Nietzsche. En 1908, Freud dixo que ocasionalmente lía a Nietzsche, e que estaba fortemente fascinado polos seus escritos, pero que non o estudaba, porque atopaba que as "intuicións" de Nietzsche parecíanse demasiado ao seu propio traballo nese momento, e tamén porque sentía atafegado pola "riqueza de ideas" que atopaba cando lía a Nietzsche. Freud negaba ás veces a influencia das ideas de Nietzsche. Un historiador cita a Peter L. Rudnytsky, quen afirma que, baseándose na correspondencia de Freud co seu amigo da adolescencia Eduard Silberstein, Freud leu Die Geburt der Tragödie aus dem Geiste der Musik (O nacemento da traxedia dende o espírito da música) de Nietzsche e probablemente a primeiras das dúas Unzeitgemässe Betrachtungen (Meditacións intempestivas) cando tiña dezasete anos.[38][39] En 1900, o ano da morte de Nietzsche, Freud comprou as súas obras recompiladas; díxolle ao seu amigo Fliess que esperaba atopar nas obras de Nietzsche "as palabras para moito do que permanece mudo en min". Máis tarde, dixo que aínda non as abría.[40] Freud chegou a tratar os escritos de Nietzsche "como textos aos que resistirse moito máis que aos que estudar". O seu interese pola filosofía decaeu cando se decidiu pola carreira de neuroloxía.[41]

Freud leu a William Shakespeare en inglés durante toda a súa vida, e suxeriuse que a súa comprensión da psicoloxía humana pode derivarse parcialmente das obras de Shakespeare.

No esforzo por comprender mellor os seus pacientes, Freud iniciará un difícil proceso de autoanálise para o cal, non dispoñía de predecesores nin de ningún camiño trazado. Valéndose da introspección, da exploración dos recordos da nenez e da anotación dos seus soños, será o primeiro en desenvolver unha exposición sistemática do inconsciente, que marca o inicio da psicanálise, termo por el usado por primeira vez en 1896. Durante a autoanálise toma consciencia da hostilidade infantil que sentía polo seu pai e rememora os sentimentos sexuais por súa nai, que era segundo recorda atractiva e protectora. Esta é, segundo os biógrafos, a época máis creativa da súa vida, que culminará coa publicación de A interpretación dos soños (1900).

Posteriormente en Viena, afondará con Joseph Breuer nos estudos sobre hipnose e as súas posibilidades como axuda ós enfermos mentais . Despois abandonaría o hipnotismo pola «asociación libre» e a «análise dos soños» para desenvolver a «cura da fala», elemento de partida da psicanálise.

En xeral, sábese pouco dos primeiros anos da vida de Freud pois destruíu os seus papeis e documentos persoais dúas veces, unha en 1885 e outra en 1907. Posteriormente, a documentación tardía foi gardada nos Sigmund Freud Archives e só estiveron dispoñibles para Ernest Jones, o seu biógrafo oficial, e uns poucos membros do seu círculo de achegados da psicanálise. Freud mostrouse sempre pouco tolerante cos colegas que diverxían das súas doutrinas psicanalíticas. Os seus máis fieis adeptos foron Karl Abraham, Sandor Ferenczi e Ernest Jones, mentres que Alfred Adler e Carl Jung, discípulos e amigos, acabaron tornándose disidentes e sendo considerados heréticos polo movemento por el dirixido.

Trala anexión de Austria, Anschluss, polos nazis, que catro anos antes queimaran publicamente as súas obras en Berlín, Freud viuse obrigado a deixar Viena coa súa familia coa axuda económica dos seus amigos e pacientes, entre eles a Princesa Marie Bonaparte. O 4 de xuño de 1938 cruzaron a fronteira con Francia, dirixíndose a París e de aí a Hampstead, Londres, Inglaterra.

Mantívose activo ata a fin da súa vida como terapeuta e pensador sen que ninguén conseguise dobrar o seu orgullo: obrigado a asinar un documento polas autoridades nazis para ser autorizado a saír de Austria no que se dicía que foran ben tratado, engadiu ironicamente a frase: "Recomendo calorosamente a Gestapo para todos".

Fumador empedernido de cigarros puros, Freud sufriu durante 16 anos un cancro de padal e viuse obrigado a someterse a 33 operacións cirúrxicas.

As teorías de Freud e o trato dado ós seus pacientes foron revolucionarios na Viena da súa época. As súas ideas foron discutidas e criticadas como traballos de literatura e cultura xeral, e o debate sobre a súa obra científica e os tratamentos médicos continúa aínda na época actual. Como exemplo, nunha crítica do ano 2003, os seguidores de Sigmund Freud considerárono «...un gran científico da medicina que descubriu importantes verdades sobre a psicoloxía humana...», mentres outros (especialmente doutros campos como a psiquiatría) veno como «...un filósofo visionario que reformulou a natureza humana e axudounos a derrubar tabús, a pesar de que as súas teorías, divulgadas como ciencia, non resisten un exame minucioso».

Freud interesouse especialmente na histeria (que na actualidade podería chamarse trastorno de conversión segundo o DSM-IV) e na neurose (dividida segundo a nosoloxía psicanalítica en afeccións psicosomáticas, neuroses e psicoses).

Obras principais

As súas obras máis representativas foron A interpretación dos soños (1900). Tres ensaios sobre a sexualidade (1905), Tótem e tabú (1912) e Máis alá do principio do pracer (1920).

  • Estudos sobre histeria (con Josef Breuer) (Studien über Hysterie, 1895)
  • A interpretación dos soños (Die Traumdeutung, 1899)
  • A Psicopatoloxía da vida cotiá (Zur Psychopathologie des Alltagslebens, 1901)
  • Tres ensaios sobre a teoría da sexualidade (Drei Abhandlungen zur Sexualtheorie, 1905)
  • Totem e tabú (Totem und Tabu, 1913)
  • Sobre o narcisismo (Zur Einführung der Narzißmus, 1914)
  • Máis alá do principio do pracer (Jenseits des Lustprinzips, 1920)
  • O Ego e o Id (Das Ich und das Es, 1923)
  • O futuro dunha ilusión (Die Zukunft einer Illusion, 1927)
  • A civilización e os seus descontentos (Das Unbehagen in der Kultur, 1929)
  • Moisés e o monoteismo (Der Mann Moses und die Monotheistische Religion, 1939)
  • Esbozo de psicanálise (Abriß der Psychoanalyse, 1940)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: