Euskal Herria Bai

organización política independentista de esquerdas do País Vasco francés

Euskal Herria Bai é o nome dunha coalición coa que as forzas políticas de Iparralde Abertzaleen Batasuna, Eusko Alkartasuna e Batasuna concorreron ás eleccións lexislativas francesas de 2007 a iniciativa de Abertzaleen Batasuna.

Euskal Herria Bai (EHBai)
Coalición de Eusko Alkartasuna, Batasuna e Abertzaleen Batasuna no País Vasco francés
Dirixentes e organización
LíderNon ten
MocidadesNon ten mocidades propias
Historia
Fundación2007
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo vasco
Esquerda
Representación
RepresentaciónSen datos
Outros datos
SedeNon ten
Na rede
www.ehbai.eus

Desta formación quedou fóra o Partido Nacionalista Vasco, xa que tralo atentado de Barajas sucedido en Madrid o 31 de decembro, decidiu non ir ás eleccións na mesma lista que Batasuna.

De todas xeitos os tres partidos da coalición manteñen as portas abertas ó PNV, segundo manifestaron na súa presentación.

As principais bases do seu programa político son:

  • O recoñecemento e respecto ó País Vasco. Recoñecemento a decidir o seu futuro.
  • Só se consideran válidos os métodos democráticos e políticos para acadar obxectivos.
  • Un marco institucional propio, que vaia máis aló dun departamento propio para o País Vasco francés.
  • Recoñecemento do éuscaro como lingua cooficial do territorio xunto ó francés.
  • A elaboración e defensa dunhas políticas sociais progresistas (segundo eles non sería obstaculo para a incorporación do PNV).

Resultados electorais

En 2007 presentouse ás eleccións lexislativas francesas, conseguindo na primeira volta máis de 10.600 votos[1]. Os seus mellores resultados foron na IV circunscrición (sur de Lapurdi) acadando o 9,09% dos votos. Así mesmo a coalición abertzale conseguiu ser a forza máis votada en seis localidades (Muskildi, Ozaze-Zühara, Bunuze, Gamarten, Izura-Azme, Lexantzü). Porén, non conseguiu pasar á segunda volta en ningunha das tres circunscricións vascas e deixou en mans dos seus votantes a quen votar na segunda volta[2].

Debido ós bos resultados a coalición traballa de cara ás municipais e cantonais onde si poderá ser unha forza de importancia.

Resultados por circunscrición:

  • Marie-Léonie Aguergaray obtivo o 6.32% dos votos na IV circunscrición (sector Oloron - Maule - Donibane Garazi).
  • Miguel Torre obtivo o 4.50% dos votos na V circuscrición (Baiona).
  • Beñat Elizondo obtivo o 9.09% dos votos na VI circunscrición (Biarritz-Hendaia).

Notas

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: