Exército de Liberación Nacional (Colombia)

organización guerrilleira colombiana de esquerda

O Exército de Liberación Nacional (ELN) é un grupo armado revolucionario e de esquerdas implicado no conflito colombiano,[2] o cal existiu en Colombia dende 1964. O ELN defende unha ideoloxía comunista composta de marxismo-leninismo e teoloxía da liberación. En 2013, estimouse que as forzas do ELN estaban formadas por entre 1 380 e 3 000 guerrilleiros.[3][4][5] Segundo o ex-membro da dirección nacional do ELN, Felipe Torres, unha quinta parte dos partidarios do ELN tomaron as armas.[6] O ELN foi clasificado como organización terrorista polos gobernos de Colombia,[7] dos Estados Unidos,[8] do Canadá,[9] da Unión Europea[10] e a Asemblea Nacional de Venezuela.[11]

Exército de Liberación Nacional (ELN)
Bandeira do ELN.
Organización terrorista de Colombia
LíderesNicolás Rodríguez Bautista
Antonio García
Pablo Beltrán
Rafael Sierra Granados
Gustavo Aníbal Giraldo
Creación1964–presente
Área de operaciónsEspecialmente nos departamentos de Arauca, Cauca, Chocó, Norte de Santander e Nariño (Colombia). Bajo Cauca Antioquia, Venezuela.[1]
Ideoloxíamarxismo-leninismo e teoloxía da liberación

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: