Facultade de Comunicación de Pontevedra

centro de ensino universitario en Pontevedra

08°38′16″O / 42.44028, -8.63778

Facultade de Comunicación de Pontevedra

Vista xeral da facultade e entrada da mesma
Universidade:Universidade de Vigo
Localización:Pontevedra
Campus:Pontevedra
Enderezo:Campus da Xunqueira
36005
Ano de fundación:29 de xullo de 1993
Decano:Xosé Manuel Baamonde Silva
Docentes:66
Estudantes:700 [1]
Teléfono:986801999
Correo electrónico:sdfasoc@uvigo.es
Páxina web:facultadedecomunicación pontevedra

A Facultade de Comunicación de Pontevedra é un centro educativo universitario da Universidade de Vigo, con sede en Pontevedra no campus da Xunqueira.

Historia

A Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, xerme da actual Facultade de Comunicación, creouse polo decreto 192/1993, do 29 de xullo, no seu artigo 19.[2] A licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas, única no Sistema Universitario de Galicia, foi a primeira implantada na facultade. O decano-comisario que elaborou o plan de estudos para a nova licenciatura foi Alejandro Pizarroso Quintero, catedrático da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.[3] O plan de estudos foi aprobado o 1 de xullo de 1994.[4]

A facultade de Ciencias Sociais entrou en funcionamento en Pontevedra o 10 de outubro de 1994 nun edificio provisional, o antigo fogar provincial na rúa Serra, na que permaneceu ata o ano 2000[5] no que empezou a funcionar o novo grande edificio da facultade construído no Campus da Xunqueira, deseñado polo arquitecto santiagués José Carlos Arrojo Lois.[6]

En 1999 polo decreto 250/1999 do 9 de setembro, no seu artigo 4, implantáronse na facultade os estudos de Xestión e Administración Pública sendo a segunda carreira universitaria que se puido cursar no centro.[7]

En maio de 2003 autorizouse á facultade para impartir a licenciatura en Comunicación Audiovisual así como o cambio de nome de Ciencias Sociais, pasando a denominarse Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.[8][9]

O 7 de xullo de 2022, por decreto 133/2022, creouse no Campus de Pontevedra a Facultade de Dirección e Xestión Pública, pasando o grao de Dirección e Xestión Pública a impartirse nesa facultade.[10][11][12]

O 29 de decembro de 2022, polo decreto 230/2022 da Consellería de Educación a facultade pasou a denominarse Facultade de Comunicación.[13][14]

Titulacións

  • Grao en Publicidade e Relacións Públicas.[3][15]
  • Grao en Comunicación Audiovisual.[9][15]

Como estudos de posgrao acolle os seguintes másters:[15]

  • Máster en Dirección de Arte en Publicidade.[16][17]
  • Máster en comunicación en medios sociais e creación de contidos dixitais.[18][17]

Ademais ofrece o Doutoramento en Comunicación, aprobado polo Consello de Universidades.[17][15]

Instalacións

No primeiro piso da Facultade sitúase a Biblioteca Central do Campus de Pontevedra. O edificio dispón de dous estudios de radio e dous platós (de televisión e de cinema). Ademais conta cunha sala de protools, onde se pode rodar unha maqueta profesional, de doce cabinas de edición de Avid e de varias aulas de informática.[6]

Equipo decanal

O decano da facultade é Xosé Manuel Baamonde Silva, e os vicedecanos son José Pita, Xabier Martínez Rolán e Rosa Ricoy Casas. A secretaria é Silvia García Mirón.[19][20]

Actividades

A facultade acolle unha semana de conferencias e actividades formativas centradas na creatividade publicitaria e audiovisual e que se desenvolven no mes de abril. Agrúpanse baixo o nome de Culturkata e nelas participan como relatores profesionais de referencia e egresados.[21]

A facultade tamén outorga os premios Resaka das Letras, RdL. A Galipedia recibiu no 2006 "G" de platino, a maior distinción.[22]

Cultura

A finais de abril, a festa maior do campus de Pontevedra, Santa Kata ou Santa Catabirra, está dedicada á patroa da Facultade de Comunicación, Santa Catarina de Siena. Miles de mozos de toda Galicia participan nesta festa.[23]

Alumnos que estudaron na facultade

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: