Fariñento
Fariñento | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Quinhuilla: Chenopodium album | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Chenopodium album L. Bosc ex Moq. |
O fariñento ou farnelo (Chenopodium album) é unha planta da familia das amarantáceas, moi común nos países de clima temperado. Medra en solos ricos en nitróxeno e aparece como mala herba no medio dos cultivos.
As súas follas son verdes por riba e cinsentas polo envés. As partes verdes aprovéitanse fervidas xunto coas sementes para enriquecer a fariña dos cereais. Tamén poden ser comidas crúas.
Descrición
Adoita medrar en posición vertical nun primeiro momento, acadando alturas de 1-15 dm (rara vez 3 m), porén normalmente convértese en deitada despois da floración (por mor ao peso da follaxe e sementes), a menos que teña o apoio doutras plantas. As follas son alternas e poden variar na súa aparencia. As primeiras que saen preto da base da planta son dentadas e aproximadamente en forma de diamante de 3–7 cm de lonxitude e 3–6 cm de ancho. As follas na parte superior dos talos son romboidal-lanceoladas de 1–5 cm de longo e 0,4–2 cm de ancho, cerosas e de aspecto fariñento (de aí o nome), cunha camada abrancazada na parte inferior. As pequenas flores son radialmente simétricas e crecen nas pequenas cimas nunha mesta e ramificada inflorescencia de 10–40 cm de longo.
Hábitat
O seu rango nativo é escuro por mor ao seu amplo cultivo que inclúe a meirande parte de Europa, de onde Carl von Linné describiu a especie en 1753. As plantas nativas na zona oriental de Asia inclúense en C. album , mais a miúdo difiren de espécimes europeos. Preséntase tamén noutros lugares, por exemplo, África, Australasia, América do Norte, e Oceanía, agora prodúcese en case todas partes nos solos ricos en nitróxeno, especialmente en terreos baldíos.
Propiedades
Indicacións: é usado como laxante, nutritivo, diurético, antihelmíntico, lixeiramente sedante, hepático.[1]
Taxonomía
Chenopodium album foi descrita por Linneo (Bosc ex Moq.) e publicado en Species Plantarum 1: 219. 1753.[2]
Chenopodium: nome xenérico que deriva da particular forma das follas semellantes ás patas dun ganso: do grego "chen" = (ganso) e "pous" = (pé) ou "podion" = (pé pequeno).
album: epíteto latino que significa "albo, branco.[3]
- Variedades
- Chenopodium album var. album L.
- Chenopodium album subsp. album L.
- Chenopodium album subsp. amaranticolor Coste & Reyn.
- Chenopodium album var. candicans Moq.
- Chenopodium album var. centrorubrum Makino
- Chenopodium album var. microphyllum Boenn.
- Chenopodium album var. missouriense (Aellen) Bassett & Crompton
- Chenopodium album var. stevensii Aellen
- Chenopodium album var. striatum (Krasan) Kartesz, comb. nov. ined.
- Chenopodium album var. gabrielli[4]
- Chenopodium bilbilitanum Pau in Vicioso
- Chenopodium candidans Lam.
- Chenopodium lanceolatum Muhl. in Willd.
- Chenopodium leiospermum DC. in Lam. & DC.
- Chenopodium reticulatum Aellen
- Chenopodium viride L.
- Anserina candidans (Lam.) Montandon
- Atriplex alba (L.) Crantz
- Atriplex viridis (L.) Crantz
- Blitum viride (L.) Moench
- Botrys alba (L.) Nieuwl.
- Botrys alba var. pauper Lunell
- Botrys pagana (Rchb.) Lunell
- Chenopodium agreste E.H.L.Krause
- Chenopodium bernburgense (Murr) Druce
- Chenopodium bicolor Bojer ex Moq.
- Chenopodium borbasiforme (Murr) Druce
- Chenopodium borbasii F.MurrSynonym
- Chenopodium × borbasioides f. hircinifolium (Aellen) Hyl.
- Chenopodium browneanum Schult.
- Chenopodium catenulatum Schleich. ex Steud.
- Chenopodium concatenatum Willd.
- Chenopodium × densifoliatum (Ludw. & Aellen) F.Dvorák
- Chenopodium diversifolium var. montuosum F.Dvorák
- Chenopodium elatum Shuttlew. ex Moq.
- Chenopodium glomerulosum Rchb.
- Chenopodium laciniatum Roxb.
- Chenopodium lobatum (Prodán) F.Dvorák
- Chenopodium missouriense Aellen
- Chenopodium missouriense var. bushianum Aellen
- Chenopodium neglectum Dumort.
- Chenopodium neoalbum F.Dvorák
- Chenopodium opulaceum Neck.
- Chenopodium ovalifolium (Aellen) F.Dvorák
- Chenopodium paganum Rchb.
- Chenopodium paucidentatum (Aellen) F.Dvorák
- Chenopodium pedunculare Bertol.
- Chenopodium probstii Aellen
- Chenopodium pseudoborbasii Murr
- Chenopodium riparium Boenn. ex Moq.
- Chenopodium serotinum Ledeb.
- Chenopodium subaphyllum Phil.
- Chenopodium superalbum F.Dvorák
- Chenopodium superalbum f. kuehnii F.Dvorák
- Chenopodium viridescens (St.-Amans) Dalla Torre & Sarnth.
- Chenopodium vulgare Gueldenst. ex Ledeb.
- Chenopodium vulpinum Buch.-Ham.
- Chenopodium zobelii Murr ex Asch. & Graebn.
- Chenopodium zobelii f. hircinifolium Aellen
- Chenopodium zobelii f. multidentatum Aellen
- Chenopodium zobelli A. Ludw. & Aellen
- Vulvaria albescens Bubani[5]
Nome común
En galego, ademais de fariñento, recibe os nomes comúns de zaincho, farnelo, farnento, fariñón[6].
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- AFPD. 2008. African Flowering Plants Database - Base de Donnees des Plantes a Fleurs D'Afrique.
- CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
- Correa A., M. D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
- Flora of China Editorial Committee. 2003. Fl. China 5: 1–506. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2003. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 1. 4: i–xxiv, 1–559. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.
- Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
- Gibbs Russell, G. E., W. G. Welman, E. Reitief, K. L. Immelman, G. Germishuizen, B. J. Pienaar, M. v. Wyk & A. Nicholas. 1987. List of species of southern African plants. Mem. Bot. Surv. S. Africa 2(1–2): 1–152(pt. 1), 1–270(pt. 2).
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
- Nee, M. 2004. Magnoliidae, Hamamelidae y Caryophyllidae. 2: 1–209. In M. Nee Fl. Reg. Parque Nac. Amboró Bolivia. Editorial FAN, Santa Cruz.
- Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.