Fisioloxía

A fisioloxía[1] (do grego φύσις (physis) que quere dicir "natureza" ou "orixe", e -λογία (-logia) que significa "estudo de")[2] é o estudo científico das funcións e mecanismos físicos e químicos que se desenvolven dentro dun sistema vivente.[3][4] Como rama da bioloxía, céntrase no estudo dos organismos, sistemas biolóxicos, órganos, tecidos, células e biomoléculas e en como realizan as funcións químicas e físicas que existen nun sistema vivo.[5]

Óleo que amosa a Claude Bernard, o pais da fisioloxía moderna, cos seus pupilos.

Para entender as funcións fisiolóxicas é fundamatal a investigación dos fenómenos biofísicos e bioquímicos fundamentais, os mecanismos coordinados de control homeostáticos e a comunicación continua entre as células.[6]

O estado fisiolóxico é a condición normal das funcións do corpo, mentres que o estado patolóxico céntrase nas anormalidades que ocorren por mor das doenzas animais, incluíndo os humanos.[7] Segundo o tipo de organismos investigados, o campo pode dividirse en fisioloxía animal (incluíndo ós humanos), fisioloxía vexetal, fisioloxía celular e fisioloxía microbiana.[5]

O Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina é concedido pola Real Academia das Ciencias de Suecia a aqueles que acadasen logros significativos nesta disciplina.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Widmaier, E.P., Raff, H., Strang, K.T. Vander's Human Physiology. 11th Edition, McGraw-Hill, 2009.
  • Marieb, E.N. Essentials of Human Anatomy and Physiology. 10th Edition, Benjamin Cummings, 2012.
🔥 Top keywords: