Fungos da ambrosía

Os fungos da ambrosía son fungos simbiontes dos escaravellos da ambrosía como por exemplo o escaravello Euwallacea fornicatus.[1]

Hai ducias de especies de fungos da ambrosía, actualmente situados nos xéneros polifiléticos Ambrosiella, Rafaellea e Dryadomyces (todos dos Ophiostomatales, Ascomycota), entre outros.[2] Probablemente quedan por descubrir moitas máis especies. Sábese pouco da súa ecoloxía e sobre a súa especificidade respecto a cada especie de escaravello. Os fungos da ambrosía pénsase que dependen do transporte e da inoculación proporcionada polos seus escaravellos simbiontes, xa que non se atoparon en ningún outro hábitat. Todos os fungos da ambrosía son probablemente asexuais e clonais.[3]

Notas


 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

🔥 Top keywords: