Simbiose

En Bioloxía e Ecoloxía, enténdese por simbiose[1][2] unha relación interespecífica entre dous organismos (simbiontes) que se benefician mutuamente nunha relación obrigada. Se un dos simbiontes perece, o outro tamén perecerá ao perder o recurso de que se ve beneficiado.

O lique é un exemplo de asociación simbiótica : unha alga unicelular ou unha cianobacteria, e un fungo

Un exemplo de simbiose é a que se produce entre a anemone de mar e o caranguexo ermitán. O caranguexo sérvelle de transporte á anemone, e esta protéxeo cos seus tentáculos velenosos.

Tipos de simbiose

Ectosimbiose

Na ectosimbiose, o simbionte vive na parte exterior do organismo anfitrión, ou mesmo no interior, na superficie do percorrido dixestivo ou o conduto das glándulas exócrinas.

Endosimbiose

Na endosimbiose, o simbionte vive no espazo intracelular do anfitrión.

Simbiose e Evolución

A bióloga Lynn Margulis, famosa polo seu traballo sobre endosimbiose, afirma que a simbiose é o principal resultado forzado pola Evolución. Considera que as ideas de Darwin sobre a Evolución, baseadas na competencia, están incompletas, e reivindica que a Evolución está fortemente baseada na cooperación, interacción e dependencia mutua entre organismos. Segundo escribiu en Margulis, L., and Sagan, D., "A vida non se fixo co planeta por combater, senón por traballar unidos".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Margulis, L., and Sagan, D. (1986). Origins of sex : three billion years of genetic recombination. Yale University Press, New Haven e Londres.

Outros artigos

🔥 Top keywords: