Gábor Király

futbolista húngaro

Gábor Ferenc Király, nado o 1 de abril de 1976 en Szombathely, é un futbolista profesional internacional húngaro que xoga no Szombathely da OTP Bank Liga. A súa posición é a de porteiro.

Gábor Király
Información persoal
NomeGábor Ferenc Király
Nacemento1 de abril de 1976 (48 anos)
Lugar de nacementoSzombathely
Altura1,90 m.
PosiciónGardameta
Información de club
Club actualSzombathelyi Haladás
Número1
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1993–1997Haladás96(0)
1997–2004Hertha BSC198(0)
2004–2007Crystal Palace104(0)
2006West Ham (loan)0(0)
2006–2007Aston Villa (loan)5(0)
2007–2009Burnley27(0)
2009Bayer L. (loan)0(0)
2009–20141860 Munich168(0)
2014–2015Fulham4(0)
2015–Haladás34(0)
Selección nacional
Hungría sub-197(0)
1996–1997Hungría sub-2110(0)
1998–Hungría107(0)
Na rede
FIFA: 168686 UEFA: 15457 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 23 de xullo de 2016editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Király naceu en Szombathely e comezou a súa carreira nun equipo local, o Haladás Szombathely. En 1997 o club xermano Hertha Berlín fíxose cos seus servizos, e alí ficaría ata o ano 2004 coma titular indiscutible. A súa marcha ese ano supuxo unha decepción para moitos afeccionados do Hertha, mais segundo el mesmo declarou, quería probar sorte na liga inglesa e o Crystal Palace fíxolle unha boa oferta.

Así, no verán do 2004 ficha polo equipo inglés por tres anos, ata xullo do 2007. Tras comezar no banco dos suplentes a tempada pronto pasou a ser titular e a pesar das súas boas actuacións o equipo descendeu á 2ª división inglesa, chamada Championship. Houbo rumores todo o verán do 2005 acerca do seu posible traspaso a clubs como o Arsenal e o Newcastle United mais todo quedou en nada. Arestora segue como porteiro titular do Palace, que tenta volver á división de honra do fútbol inglés.

Gábor leva 104 encontros coa Hungría. Participou na Eurocopa 2016 e converteuse na persoa de maior idade en xogar unha Eurocopa.

Xoga cun pantalón de chándal gris, peza de roupa que o fai característico.

🔥 Top keywords: