West Ham United F.C.

O West Ham United Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Londres. Foi fundado en 1895 e compite na Premier League.

West Ham United
NomeWest Ham United Football Club
Alcume(s)The Irons,
The Hammers,
The Academy of Football
Fundación1895
EstadioEstadio Olímpico,
Londres, Inglaterra
Inauguración2011
Capacidade62.500
PresidenteInglaterra David Sullivan
AdestradorEscocia David Moyes
LigaPremier League
2021–22
VestimentaUmbro
PatrocinadorBetway
Na rede
http://www.whufc.com/
Facebook: WestHam Twitter: WestHam Instagram: westham Youtube: UCCNOsmurvpEit9paBOzWtUg TikTok: westham Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Historia

Imaxe do West Ham no ano da súa fundación.

O West Ham foi fundado en 1895 co nome de Thames Ironworks and Shipbuilding Co. Ltd. En 1900 cambiouse o nome polo actual. No ano 1919 o West Ham foi seleccionado para participar da Football League Second Division, ascendendo á First Division no ano 1923, mesmo ano en que o club chegou á final da FA Cup, a primeira que se xogou no Estadio de Wembley, na final coñecida como a do cabalo branco, a cal gañou o Bolton Wanderers por 2:0.

Nos Anos 60 a prensa inglesa denominou ao club The Academy of Football, debido á cantidade de novos talentos que procedían da súa canteira.

En 1964 gañou o seu primeiro título, a Copa de Inglaterra.

En 1965 conquistou o seu primeiro título continental: a Recopa de Europa, vencendo na final ao alemán Múnic 1860. Volveu reeditar os seus loureiros nacionais, en 1975, gañando de novo a Copa inglesa. Só unha tempada despois, volveu chegar a unha final da Recopa, pero a perdeu ante o RSC Anderlecht belga.

A única etapa gloriosa do club data de 1980 e de 1981. Neses anos, o club estaba sumido na segunda división, e primeiro, logrou por terceira vez o trofeo da FA, e o seguinte ano, a liga de segunda división, co que desde 1981 ata 2003, mantéñense en primeira. Ascenderon en 2004, e ata agora seguen na máxima categoría.

A súa última alegría continental chegou en 1999, cando gañou a Copa Intertoto, o que lle permitiu disputar a Copa UEFA.

No ano 2006 alcanza novamente a final da FA Cup contra o Liverpool. Ata o minuto 90 o marcador mantíñase 2-3 a favor do West Ham, pero un disparo de longa distancia de Steven Gerard deulle o empate aos Reds. Logo, na quenda de penaltis, Aston Ferdinand fallou o último lanzamento, polo cal o Liverpool coroouse novamente campión de Copa nunha final histórica e recordada como unha traxedia polos afeccionados londinienses.

O 15 de maio do 2011 o West Ham xógase a permanencia en Primeira División fronte ao Wigan Athletic, xornada 37 da tempada. West Ham comeza o primeiro tempo gañando 2-0, dándolle esperanzas á xente de que talvez podían salvarse, pero durante a segunda metade o Wigan aproveito fállalas da defensa, para así darlle a volta ao marcador 3-2 e pór o último cravo no ataud ao West Ham, co cal empacarán maletas e iranse a Segunda División.

Xogadores

Categoría principal: Xogadores do West Ham United FC.

Cadro actual

Actualizado a 5 de agosto de 2022.[1]

PostoPaísXogador
1POR Łukasz Fabiański
2DEF Ben Johnson
3DEF Aaron Cresswell
4DEF Kurt Zouma
5DEF Vladimír Coufal
7DIA Gianluca Scamacca
8MED Pablo Fornals
9MED Michail Antonio
10MED Manuel Lanzini
11MED Nikola Vlašić
12MED Flynn Downes
13POR Alphonse Areola
14DEF Maxwel Cornet
15DEF Craig Dawson
PostoPaísXogador
20DIA Jarrod Bowen
21DEF Angelo Ogbonna
22DIA Saïd Benrahma
23DEF Issa Diop
27DEF Nayef Aguerd
28MED Tomáš Souček
29DEF Gonçalo Cardoso
34POR Nathan Trott
35POR Darren Randolph
41MED Declan Rice
45DIA Mipo Odubeko
50DEF Harrison Ashby
54MED Conor Coventry

Palmarés

Torneos nacionais

Torneos internacionais

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: