Gótico de Crimea

Dialecto extinto do gótico falado na península de Crimea

O gótico de Crimea foi un dialecto da lingua gótica falada polos godos crimeos nalgúns lugares illados da península de Crimea (territorio hoxe en día disputado entre Rusia e Ucraína) ata finais do século XVIII.

Gótico de Crimea
Falado en: Antiga Gran Bulgaria
Khanato de Crimea
Actualmente:
Crimea (Disputado entre Rusia e Ucraína)
Extinción:Século XVIII
Familia:Indoeuropeo
 Xermánica
  Xermánica oriental
   Gótico
    Gótico de Crimea
Escrita: Alfabeto gótico
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:got
ISO 639-3: got
Mapa
Extensión aproximada das linguas xermánicas a comezos do século X, co gótico de Crimea marcado en azul escuro.
Status

Testemuñas

Todo o coñecemento desta lingua baséase nunha carta do século XVI do embaixador flamengo Ogier Ghiselin de Busbecq, quen enumera nunha lista unhas oitenta palabras e unha breve descrición da súa gramática.[1] Gran parte do vocabulario citado por Busbecq é inconfundiblemente xermánico e foi recoñecido por el como tal.

Comparación do gótico de Crimea con outras linguas xermánicas e co galego
Gótico de

Crimea

InglésAlemánNeerlandésFeroésNorueguésGalego
apelappleApfelappelsúreplieplemazá
handahandHandhandhondhånd (Bokmål) / hand (Nynorsk)mán
schuuestersisterSchwesterzus(ter)systirsøster (Bokmål) / syster (Nynorsk)irmá
hushouseHaushuishúshuscasa
reghenrainRegenRegenregnregnchoiva
singhensingsingenzingensyngjasynge (Bokmål) / syngja (Nynorsk)cantar
geengogehengaangangair

Busbecq tamén menciona un artigo definido, que rexistra como tho ou the. Esta variación pode indicar unha distinción de xénero ou unha alomorfia, a última das cales sería algo semellante ao inglés "the", pronunciada /ðə/ ou /ðiː/.

Extinción

Os últimos falantes do gótico de Crimea pertencen a finais do século XVIII. En 1780, Stanisław Siestrzeńcewicz-Bohusz, un arcebispo de Mahilioŭ, visitou a costa sur de Crimea e Sebastopol. Segundo o seu relato, coñeceu a algúns tártaros que falaban unha lingua semellante ao baixo alemán; isto era probablemente unha forma do gótico de Crimea.[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: