Garrett Temple

baloncestista estadounidense

Garrett Bartholomew Temple, nado o 8 de maio de 1986 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga para os Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Garrett Temple
Toronto Raptors – No. 14
PosiciónEscolta
Información persoal
Nacemento8 de maio de 1986 (37 anos)
Baton Rouge, Luisiana
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Altura1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial88 kg (195 lb)
Información da carreira
InstitutoLSU Laboratory School
(Baton Rouge, Luisiana)
UniversidadeLSU (2005-2009)
Carreiradende 2009
Historial de equipos
Rio Grande Valley Vipers (2009–2010)
Houston Rockets (2010)
Sacramento Kings (2010)
San Antonio Spurs (2010)
Rio Grande Valley Vipers (2010)
Erie BayHawks (2010–2011)
Milwaukee Bucks (2011)
Erie BayHawks (2011)
Charlotte Bobcats (2011)
Pallacanestro Casale (2011–2012)
Erie BayHawks (2012)
Reno Bighorns (2012)
Washington Wizards (2012–2016)
Sacramento Kings (2016–2018)
Memphis Grizzlies (2018–2019)
Los Angeles Clippers (2019)
Brooklyn Nets (2019–2020)
Chicago Bulls (2020–2021)
New Orleans Pelicans (2021–2023)
Toronto Raptors (2023–presente)

Traxectoria

En setembro de 2009, Temple asinou cos Houston Rockets coma axente libre, xa que non foi elixido no draft. Non foi convocado no primeiro partido, e foi enviado aos Rio Grande Valley Vipers da D-League. Fixo 14.9 puntos, 3.7 rebotes e 3.4 asistencias por partido cos Vipers, e os Rockets ofrecéronlle dous contratos de dez días o 8 de febreiro do 2010.[1][2]

O 3 de marzo de 2010, Temple asinou un contrato de dez días cos Sacramento Kings.[3]

Tras expirar ese contrato, o 13 de marzo asinaría outro contrato de 10 días, pero desta vez cos San Antonio Spurs.[4] O 23 de marzo asinou cos Spurs un contrato para o resto da tempada. O 6 de abril saíu coma titular por primeira vez pola lesión de George Hill, e anotou 15 puntos, con 4 asistencias e 3 rebotes en 27 minutos de xogo. O 11 de novembro de 2010, Temple foi cortado polos Spurs.

Máis tarde asinaría outra vez cos Vipers, pero foi traspasado o 31 de decembro aos Erin BayHawks a cambio de Jeff Adrien.

O 25 de xaneiro de 2011, asinou un contrato de 10 días cos Milwaukee Bucks,[5] e asinou outro máis o 4 de febreiro cos Bucks.[5]

O 7 de marzo de 2011, Temple asinou un contrato de 10 días cos Charlotte Bobcats,[6] asinou outro o día 17,[7] e o día 28 de marzo os Bobcats lle contrataron para o resto da tempada.[8]

O 13 de setembro de 2012, Temple asinou cos Miami Heat.[9] Foi cortado o 27 de outubro de 2012,[10] e volveu ós Erie BayHawks.[11] Os BayHawks traspasaron a Temple ós Reno Bighorns.

O 25 de decembro de 2012, Temple asinou cos Washington Wizards.[12]

O 7 de febreiro de 2019, Temple foi traspasado xunto a JaMychal Green ós Los Angeles Clippers a cambio de Avery Bradley.[13]

O 8 de xullo de 2019, Temple asinou un contrato de dúas tempadas cos Brooklyn Nets.[14]

O 27 de novembro de 2020, Temple asinou cos Chicago Bulls.[15]

O 8 de agosto de 2021, Temple foi traspasado ós New Orleans Pelicans.[16]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: