Giuseppe Conte
xurista italiano
Giuseppe Conte, nado en Volturara Appula, provincia de Foggia o 8 de agosto de 1964, é un xurista e profesor de Dereito italiano, que foi primeiro ministro de Italia entre 2018 e 2021.[1][2][3] Foi proposto para o cargo por Luigi Di Maio, do Movemento Cinco Estrelas, e Matteo Salvini, da Liga Norte. Posteriormente o 23 de maio de 2018, o presidente Sergio Mattarella encargou a Conte formar goberno sen éxito.[4] O 28 de maio, o presidente Mattarella encargoulle un goberno a Carlo Cottarelli.[5] Cottarelli renunciou ó encargo o 31 de maio, polo que o presidente novamente designou a Conte como Presidente do Consello de Ministros, xuramentando cargo o 1 de xuño de 2018.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
🔥 Top keywords: