Historia dos indíxenas de Australia

A historia dos indíxenas de Australia comezou hai 65 000 anos cando os aborixes australianos poboaron Australia.[1] Os aborixes eran cazadores-recolectores seminómades cunha forte conexión espiritual coa terra, a auga e os animais. Cada grupo desenvolveu habilidades adaptada á área na que vivían, cunha significativa diversidade de grupos.[2]

Obra que representa o primeiro contacto que tiveron os gweagal co Capitán James Cook e a súa tripulación nas costas de Nova Gales do Sur.

A orixe dos pobos indíxenas australianos é materia de debate e conxectura. Crese que pertencían ás primeiras migracións humanas fóra de África. Malia que puideron migrar cara a Australia atravesando o sueste asiático non están relacionados con ningunha poboación de Asia ou da Polinesia. Existen evidencias de intercambios xenéticos e lingüísticos entre os aborixes australianos no norte cos pobos austronesios da Illa de Nova Guinea, mais pode ser o resultado dun intercambio comercial e mestizaxe recente.[3]

No momento da chegada dos primeiros europeos, estímase que vivían en Australia entre 315 000 e 750 000 persoas, aínda que tamén hai estimacións que consideran a cifra de 1,25 millóns.[4] Unha poboación acumulada de 1,6 billóns de persoas puideron ter vivido en Australia ó longo dos 70 000 anteriores á chegada dos colonizadores británicos.[5] As rexións máis densamente poboadas eran as mesmas rexións costeiras que son as máis poboadas no presente. A comezos de 1900 críase que a poboación indíxena de Australia estaba preto da extinción. A poboación minguou dende 1 250 000 en 1788 até só 50 000 en 1930; isto debeuse en parte á exposición que sufriron a doenzas como a varíola.[6]

Despois da colonización, as poboacións costeiras indíxenas foron absorvidas, eliminadas ou deportadas das súas terras. Porén aspectos tradicionais da cultura e do estilo de vida aborixe resistiron fortemente en áreas como o Gran Deserto Areoso onde apenas existía presenza europea. A meirande densidade de poboación atopábase nas rexións meridionais e orientais do continente, especialmente no val do río Murray. Porén, os aborixes australianos mantiveron as súas comunidades en toda Australia, dende as frías e húmidas terras altas de Tasmania até as máis áridas zonas do interior do continente. Por iso, as súas tecnoloxías, dietas e prácticas de caza variaron segundo as características da xeografía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Australian Institute of Aboriginal, and Torres Strait Islander Studies. The encyclopaedia of Aboriginal Australia: Aboriginal and Torres Strait Islander history, society and culture Ed. David Horton. (2 Vol. Aboriginal Studies Press, 1994).
  • Craven, Rhonda. Teaching Aboriginal Studies: A practical resource for primary and secondary teaching (Allen & Unwin, 2011).
  • Flood, Josephine. The original Australians: Story of the Aboriginal people (Allen & Unwin, 2006).
  • Gammage, Bill. The Biggest Estate on Earth: How Aborigines Made Australia (2011).
  • Gerritsen, Rupert. Australia and the Origins of Agriculture (2008).
  • Isaacs, Jennifer. Australian dreaming: 40,000 years of Aboriginal history (New Holland Publishing Australia Pty Ltd, 2006).
  • Lourandos, H. Continent of Hunter-Gatherers: New Perspectives in Australian Prehistory (1997)
  • Reynolds, Henry. The other side of the frontier: Aboriginal resistance to the European invasion of Australia (UNSW Press, 2006).
  • Stone, Sharman N., ed. Aborigines in white Australia: a documentary history of the attitudes affecting official policy and the Australian Aborigine, 1697-1973 (Heinemann Educational Publishers, 1974).
  • Williams, E. Complex Hunter-Gatherers: A Late Holocene Example from Temperate Australia (1988).
🔥 Top keywords: