Pobos austronesios

grupo de poboación de Oceanía e o sueste Asiático de lingua austronesia

Os pobos austronesios[26] son un grupo de poboación presente en Oceanía e o sueste Asiático que falan, ou cuxos antepasados falaban, algunha das linguas austronesias. Son orixinarios da illa de Taiwán e inclúen ós malaio-polinesios que se expandiron por toda Oceanía, agás Australia, ademais de Madagascar.

Pobos austronesios
Pobo amis de Taiwán realizando un baile tradicional.
Poboación
Poboación total:
400 millóns
Rexións principais:
Indonesia 260,6 millóns (2016)[1]
Filipinas 100,9 millóns (2015)[2]
Madagascar Madagascar 24 millóns (2016)[3]
Malaisia 19,2 millóns (2017)[4]
Tailandia 1,9 millóns[5]
Papúa Nova Guinea Papúa Nova Guinea 1,3 millóns[Cómpre referencia]
Timor Leste 1,2 millóns (2015)[6]
Nova Zelandia Nova Zelandia 855 000 (2006)[7][8][9]
Singapur 700 000[10]
Taiwán 540 000 (2016)[11]
Illas Salomón Illas Salomón 478 000 (2005)[Cómpre referencia]
Fidxi Fidxi 456 000 (2005)[12]
Brunei 450 000 (2006)[13]
Vanuatu Vanuatu 272 000
Camboxa 249 000 (2011)[14]
Polinesia Francesa Polinesia Francesa 230 000 (2017)[15][16]
Samoa Samoa 195 000 (2016)[17]
Vietnam 162 000 (2009)[18]
Guam Guam 150 000 (2010)[19]
Hawai Hawai 140 652–401 162[20] (depending on definition)
Kiribati 110 000 (2015)[21]
Nova Caledonia Nova Caledonia 106 000 (2019)[22][23]
Estados Federados de Micronesia Micronesia 102 000[24]
Tonga Tonga 100 000 (2016)[25]
Aspectos culturais
Lingualinguas austronesias
Mapa da extensión dos pobos austronesios.

Entre os pobos austronesios inclúense: os indíxenas de Taiwán; a maior parte dos grupos étnicos de Timor LesteIndonesia, Malaisia, Brunei, Filipinas, así como os pobos aborixes de Madagascar, Nova Zelandia, Micronesia, Melanesia e Polinesia. Os territorios poboados polos austronesios reciben o nome de Austronesia.

Orixe e difusión

Tanto a evidencia lingüística como a evidencia arqueolóxica permite asegurar que os pobos austronesios tiveron a súa orixe na illa de Taiwán tras unha migración de pobos de lingua pre-austronesia dende Asia continental en 10 000-6000 a. C.

A investigación interdisciplinar, con achegas da arqueoloxía, a etnobotánica e a lingüística, permitiu reconstruír as traxectorias de difusión xeográfica das linguas austronesias e de certas técnicas agrícolas. Segundo esta investigación, hai uns 5000 anos (3000 a. C.), os habitantes do litoral da China meridional, cultivadores de paínzo e de arroz, comezaron a cruzar o estreito para instalarse en Taiwán. Cara ao 2000 a. C., ditas linguas e técnicas difundíronse desde Taiwán até Filipinas, e logo dende estas cara ás Célebes e Timor, para, desde alí, estenderse por outras illas do arquipélago de Indonesia. No 1000 a. C., outro movemento de pobos levou a poboacións dende Filipinas a Nova Guinea e máis aló, cara ás illas do Pacífico.

Notas

🔥 Top keywords: