Individualismo

O individualismo é a posición moral, filosófica, política e ideolóxica, ou simplemente un punto de vista social, que salienta «a dignidade moral do individuo».[1] Os individualistas promoven o exercicio dos obxectivos e os desexos propios e en tanto a independencia e a autosuficiencia[2] mentres se opoñen á maioría das intervencións externas sobre as opcións persoais, sexan estas sociais, estatais, ou de calquera outro tipo de grupo ou institución.[3] No lado oposto atopamos o colectivismo.

O individualismo fai do individuo o seu centro e en tanto comeza «coa premisa fundamental de que o individuo humano é de importancia primaria na loita pola liberación. Os dereitos humanos e a liberdade son a substancia destas teorías. O liberalismo, o existencialismo e o anarquismo individualista son exemplos de movementos que toman ó individuo humano como unidade central de análise».[4]

Tamén foi usado como termo denotando «a calidade de ser un individuo; unha peculiaridade». O individualismo é tamén asociado con intereses e estilos de vida artísticos e bohemios onde existe unha tendencia cara á autocreación e a experimentación en tanto oposta ou elusiva da tradición ou as opinións e comportamentos populares ou de masas[5] e en tanto cunha posición filosófico-ética humanista.[6][7]

Notas

🔥 Top keywords: