International Plant Names Index

Índice de Nomes de Plantas Internacional

O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero.[1] Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.[2][3]

International Plant Names Index
Logo
Tipobase de datos en liña e base de datos taxonómica
Data de fundación1999
Fundador(es)Real Xardín Botánico de Kew, Harvard University Herbaria e Australian National Herbarium
PaísReino Unido
Na rede
https://www.ipni.org/
editar datos en Wikidata ]

O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.

Descrición

O IPNI é o produto dunha colaboración entre os Royal Botanic Gardens, Kew (Index Kewensis), os Harvard University Herbaria (Gray Herbarium Index), e o Australian National Herbarium (APNI). A base de datos IPNI é unha colección de nomes rexistrados polas tres institucións cooperantes e estas traballan cara a estandarización da información. O estándar de abreviacións de autores recomendado polo Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas é a obra de Brummitt and Powell Authors of Plant Names. No IPNI pode consultarse unha lista de autores e abreviacións dixitalizada e continuamente posta ao día.

Máis que prescribir a nomenclatura botánica aceptada, o que fai o IPNI é proporcionar nomes que aparecesen en publicacións eruditas co obxectivo de prover dun índice de nomes publicados.[2] The Plant List é un proxecto complementario iniciado en 2010, que pretende determinar cales son os nomes aceptados das especies. O uso do IPNI é gratuíto.

Un proxecto similar, que fai unha listaxe de nomes de fungos, é o Index Fungorum.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: