Itzy

Grupo ídolo coreano de 5 membros

Itzy ((en hangul, 있지; romanización revisada do coreano, Itji; McCune-Reischauer, Itchi); estilizado como ITZY), é un girl group surcoreano formado por JYP Entertainment en 2019. O grupo debutou o 11 de febreiro de 2019 co lanzamento do sinxelo en CD, It'z Different.

ITZY
"All in us, we are ITZY!"
Orixe12 de febreiro de 2019, Corea do Sur
Período2019-actualidade
Selo(s) discográfico(s)JYP Entertainment
MembrosLia, Yeji, Chaeryeong, Ryujin e Lia
Na rede
http://itzy.jype.com/ e https://www.itzyjapan.com/
IMDB: nm10496619 Facebook: OfficialItzy Twitter: ITZYofficial Instagram: itzy.all.in.us Youtube: UCDhM2k2Cua-JdobAh5moMFg TikTok: itzyofficial Spotify: 2KC9Qb60EaY0kW4eH68vr3 iTunes: 1451964345 Last fm: ITZY Musicbrainz: bce172fc-51bb-43f7-9a25-b406a0a581d5 Songkick: 9863584 Discogs: 7296238 Allmusic: mn0003061063 Deezer: 3649631 Genius: Itzy Editar o valor em Wikidata

Historia

Predebut

A información acerca do novo grupos de mozas de JYP Entertainment revelouse en 2017.[1] En 2018, rumoreouse que as aprendices, Jeon So-mi e Shin Ryu-jin serían parte do novo grupo.[2] Somi, en 2015, participou no programa Sixteen (onde se formou a Twice), en 2016 en Produce 101, onde gañou o primeiro lugar e logo formou parte de I.O.I. Con todo, Somi abandonou a empresa o 20 de agosto de 2018.[3][4] O mesmo día, JYP Entertainment confirmou oficialmente que Ryujin sería membro do novo grupo.[5] Ryujin fíxose famosa pola súa aparición en BTS Universe de BTS en 2017.[6] Máis tarde, ela participou no programa Mixnine, onde gañou o primeiro lugar entre as mozas.[7] Chaeryeong e a súa irmá máis vella Chaeyeon tamén participaron en Sixteen. Non chegaron a debutar no grupo, Chaeyeon abandonou JYP en 2017, e logo debutou como membro de Iz One, mentres que Chaeryeong seguiu co seu adestramento en JYP.[8] Lia foi unha aprendiz de SM Entertainment, pero despois de abandonar a axencia tentou volver, sendo expulsada definitivamente.[9] Yuna, a menor do grupo, fixo unha aparición en Stray Kids.[10]

2019: Debut con It'z Different

O 1 de xaneiro de 2019, JYP publicou en YouTube un prólogo presentando ás integrantes.[11][12] Unha semana antes, confirmouse que o videoclip da súa canción debut xa estaba filmado.[13] Ademais das fotos grupais e individuais, publicáronse teasers do vídeo musical.[14][15][16][17] O 11 de febreiro, á medianoite, hora de Corea, lanzouse o vídeo de «Dalla Dalla (달라 달라)».[18] Durante o primeiro día, obtivo máis de 13.9 millóns de visitas, e a cantidade de «gústame» superou os 880 401 mil, o que foi unha marca entre os videoclips debut en Corea de todos os tempos.[19][20][21] O sinxelo en CD, It'z Different, lanzouse o 12 de febreiro.[22]

Membros

Nome artísticoNome de nacementoData de nacementoLugar de nacementoPosición
RomanizaciónHangulRomanizaciónHangul
Yeji예지Hwang Ye-ji황예지26 de maio do 2000Jeonju, Corea do Surlíder, bailarina, vocalista, rapeira[23][24]
Lia리아Choi Ji-soo최지수21 de xullo do 2000Yeonsu, Incheon, Corea do SurVocalista, rapeira[23][24]
Ryujin류진Shin Ryu-jin신류진17 de abril do 2001Gangnam, Seúl, Corea do SurRapeira, bailarina, vocalista[23][24]
Chaeryeong채령Le Chae-ryeong이채령5 de xuño do 2001Yongin, Provincia de Gyeonggi, Corea do SurBailarina, vocalista, rapeira[23][24]
Yuna유나Shin Yu-na신유나9 de decembro do 2003Suwon, Provincia de Gyeonggi, Corea do SurBailarina, rapeira, vocalista[23][24]

Discografía

Sinxelo en CD

TítuloDetalles
It'z Different

Sinxelo

TítuloAnoMellor posiciónÁlbum
CORCORHotUS World
«Dalla Dalla» (달라달라)2019It'z Different
«–» indica que o sinxelo non se situou na lista ou non se publicou nese territorio.

Notas

🔥 Top keywords: