James Spader

actor estadounidense de cine e televisión

James Todd Spader, nado en Boston, Massachusetts, o 7 de febreiro de 1960,[1] é un actor estadounidense. Os seus papeis son recoñecidos polos particulares toques excéntricos e dramáticos nas súas películas, tales como Pretty in Pink, Sex, Lies, and Videotape, Crash, Stargate, Wolf ou Secretary. Os seus papeis máis famosos na televisión son do avogado Alan Shore na serie The Practice, a súa spin-off Boston Legal, polo que gañou tres premios Emmy e o seu máis recente papel, Raymond Reddington na serie The Blacklist, onde se aprecia a calidade de actor. Tamén participou coa voz e captura de movemento do robot Ultron na película de Marvel Studios, Avengers: Age of Ultron.

Infotaula de personaJames Spader

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) James Todd Spader Editar o valor em Wikidata
7 de febreiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónPhillips Academy
Lee Strasberg Theatre and Film Institute (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de televisión , actor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e piano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaLeslie Stefanson (pt) Traducir (2002–) Editar o valor em Wikidata
PaisStoddard Greenwood (Todd) Spader (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Jean Fraser (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesSeth P. Beers (devanceiro) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0000652 Allocine: 11733 Rottentomatoes: celebrity/james_spader Allmovie: p67051 0 TV.com: people/james-spader IBDB: 483957 WikiTree: Spader-6 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Primeiros anos

Spader naceu en Boston (Massachusetts), fillo do matrimonio entre James Todd Spader e Jean Spader, ámbolos dous mestres de escola. Durante a súa educación primaria, asistiu a The Pike School (onde a súa nai lle ensinou arte) e matriculouse na Brooks School (onde o seu pai ensinaba) durante un ano en North Andover, Massachusetts. Máis tarde, trasladouse á Phillips Academy pero a abandonou, cando estaba a piques de comezar a universidade, abandonou o noveno grao para marchar a Nova York e estudar interpretación no Michael Chekhov Studio.[2] Antes de se converter nun actor a tempo completo, desempeñou unha gran variedade de postos de traballo, tales como instrutor de ioga, axudante de camareiro, chofer de camión, mozo de cuadra, e cargador de coche de ferrocarril.

Carreira

Spader conseguiu debutar no cine con Team-Mates (1978), unha comedia que sería continuada por Endless Love (1981), drama romántico dirixido por Franco Zeffirelli. Aínda que o seu verdadeiro inicio nun papel principal foi en Pretty in Pink.

Por mor de chama-la atención pola súa boa aparencia e carisma e grazas tamén ás súas actuacións en Endless Love e Pretty in Pink, puido actuar en varias cintas posteriores con notable solidez, en papeis de corte moi psicolóxico e excéntrico, interpretando papeis de mozos de boa familia, educados, carismáticos e inquisitivos, que se ven envolvidos en situacións escuras e complexas.

Algunha das películas que máis representan o carisma de Spader son Bad Influence (1990), con Rob Lowe, no que encarna a un mozo avogado que é manipulado por un amigo e levado cara a escuras pasaxes de maldade. Outras películas, como Dream Lover (1993) xunto con Mädchen Amick e Secretary (2002), conteñen un estilo actoral máis desenvolvido.

No ano 2001 participou na película Stickup (Golpe baixo) pasando así ao xénero de acción.

En 2003 liderou a repartición da serie de David E. Kelley, The Practice (titulada Los Practicantes en Latinoamérica e El avogado en España), pola cal gañou un premio Emmy ao mellor actor en serie dramática. Protagonizou con William Shatner a serie Boston Legal, tamén de Kelly e spin-off de The Practice. Por esta tamén gañou o Emmy ao mellor actor principal en drama, o que o converteu no primeiro actor en gañar o mesmo premio interpretando ao mesmo personaxe en distintas series.

A pesar de que deixara os estudos en noveno grao, actualmente recoñéceselle como un dos mellores actores de culto da súa xeración, gañándose aclamacións por parte da crítica.

En 2011 incorporouse ao elenco de The Office para substituír a Steve Carell, que até entón e durante sete tempadas interpretara a Michael Scott, o xefe da oficina. Uniuse interpretando a un novo director, tras a participación de Will Ferrell en catro episodios como xefe substituto.

En 2012 participou na película Lincoln, na que interpreta o personaxe W.N. Bilbo, que é contratado por Lincoln para que o axude na súa campaña.

En 2013, interpretou a Raymond Reddington na serie The Blacklist, papel no que interpreta a un dos criminais máis buscados polo FBI que decide entregarse. Na serie, que se estreou en setembro de 2013 na NBC, Spader actúa xuntos coa actriz Megan Boone, quen interpreta a axente Elizabeth Keen. Tamén foi nomeado ao Globo de Ouro como mellor actor en drama.

En 2015, interpretou o robot Ultron en Avengers: Age of Ultron.[3]

Vida persoal

James Spader coñeceu a súa primeira esposa, Victoria Wheel,[2] a comezos da década dos 80, pouco tempo despois de chegar a Nova York, cando traballaba nun estudo de ioga. Victoria adoitaba acompañalo nas gravacións e nas viaxes. Casaron en 1987 e tiveron dous fillos, Sebastian e Elijah, e Spader divorciouse dela en 2004. Posteriormente, tivo relacións con Leslie Stefanson,[4] coa que tivo un fillo en agosto de 2008. Nunha entrevista en 2014, afirmou que tiña un trastorno obsesivo-compulsivo.[5]

Filmografía

Cine

AnoTítulo orixinalPapel
1978Team-Mates[6]
1981Endless LoveKeith
1985Tuff TurfMorgan Hiller
1985The New KidsDutra
1986Pretty in PinkSteff McKee
1987Wall StreetRoger Barnes
1987MannequinRichards
1987Less Than ZeroRip
1987Baby BoomKen Arrenberg
1988Jack's BackJohn/Rick Wesford
1989Sex, Lies, and VideotapeGraham Dalton
1989The Rachel PapersDeForest
1990White PalaceMax Baron
1990Bad InfluenceMichael Boll
1991True ColorsTim Garrity
1992StoryvilleCray Fowler
1992Bob RobertsChuck Marin
1993The Music of ChanceJack Pozzi
1993Dream LoverRay Reardon
1994StargateDaniel Jackson
1994WolfStewart Swinton
19962 Days in the ValleyLe Woods
1996CrashJames Ballard
1997Keys to TulsaRonnie Stover
1997Critical CareDr. Werner Ernst
1998Curtain CallStevenson Lowe
2000Slow BurnMarcus
2000The WatcherJoel Campbell
2000SupernovaNick Vanzant
2001Speaking of Sex[7]Dr. Roger Klink
2002SecretaryE. Edward Grey
2002Alien HunterJulian Rome
2002The Stickup[8]Parker
2003I Witness[9]Draper
2009ShortsSr. Black
2012LincolnWilliam Bilbo
2014The Homesman[10]
2015Avengers: Age of UltronUltron

Televisión

AnoTítulo orixinalPapelNotas
1983Family TreeJake Nichols2 episodios
1983Cocaine: One Man's Seduction[11]telefilme
1983A Killer in the Family[12]Donnytelefilme
1984Family SecretsLowell Everalltelefilme
1994Frasier[13]Steven1 episodio
1997SeinfeldJason Hanky1 episodio
2003The Pentagon Papers[14]Daniel Ellsbergtelefilme
2003-04The PracticeAlan Shore
2004-10Boston LegalAlan Shore
2006Discovery Atlas[6]Narradordocumental
2011-12The OfficeRobert California
2013-23The BlacklistRaymond Reddington
2019Rivera2 episodios

Premios e recoñecementos

Festival Internacional de Cine de Cannes
AnoCategoríaPelículaResultado
1989Premio de interpretación masculina[15][16]Sex, Lies, and VideotapeGañador
Premios Globo de Ouro
AnoCategoría[17]TraballoResultado
2005Mellor actor de serie de televisión - DramaBoston LegalNomeado
2014Mellor actor de serie de televisión - DramaThe BlacklistNomeado
2015Mellor actor de serie de televisión - DramaThe BlacklistNomeado
Premios Primetime Emmy
AnoCategoría[18]TraballoResultado
2004Mellor actor - Serie dramáticaThe PracticeGañador
2005Mellor actor - Serie dramáticaBoston LegalGañador
2007Mellor actor - Serie dramáticaBoston LegalGañador
2008Mellor actor - Serie dramáticaBoston LegalNomeado
Premios do Sindicato de Actores
AnoCategoríaTraballoResultado
2006Mellor actor de televisión - Comedia[19]Boston LegalNomeado
2006Mellor repartición de televisión - ComediaBoston LegalNomeado
2007Mellor actor de televisión - Drama[20]Boston LegalNomeado
2007Mellor repartición de televisión - DramaBoston LegalNomeado
2008Mellor actor de televisión - Drama[21]Boston LegalNomeado
2008Mellor repartición de televisión - DramaBoston LegalNomeado
2009Mellor actor de televisión - Drama[22]Boston LegalNomeado
2009Mellor repartición de televisión - DramaBoston LegalNomeado
2012Mellor repartición de televisión - Comedia[23]The OfficeNomeado
2013Mellor repartición[24]LincolnNomeado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: