Nova York

cidade do estado de Nova York, nos Estados Unidos de América

Nova York[1] (en inglés: New York; En-us-New_York.ogg /njuːˈjɔɹk/ ) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.

Modelo:Xeografía políticaNova York
New York (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

AlcumeBig Apple e The City That Never Sleeps Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aXacobe II de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°42′N 74°00′O / 40.7, -7474°00′O / 40.7, -74
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York Editar o valor em Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación8.804.190 (2020) Editar o valor em Wikidata (7.255,98 hab./km²)
Número de fogares3.191.691 (2020) Editar o valor em Wikidata
XentilicioNeoiorquino, Neoiorquina Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaRegião Metropolitana de Nova Iorque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:20.140.470) Editar o valor em Wikidata
Superficie1.213,369839 km² Editar o valor em Wikidata
Auga35,3995 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Hudson, Rio East (pt) Traducir, Rio Bronx (pt) Traducir, Rio Harlem (pt) Traducir, Long Island Sound, Océano Atlántico, Upper New York Bay (pt) Traducir e Lower New York Bay (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude11 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoTodt Hill (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Cronoloxía
1624
1626 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
1 de xaneiro de 1898Consolidation of New York City (en) Traducir
11 de setembro de 2001Ataques do 11 de setembro de 2001 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataEric Adams (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoConselho da Cidade de Nova Iorque (pt) Traducir , (Escano: 51) Editar o valor em Wikidata
PIB nominal886.000.000.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal10000–10499, 11004–11005, 11100–11499 e 11600–11699 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico212, 347, 646, 718, 917 e 929 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webnyc.gov Editar o valor em Wikidata

Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.

As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como o seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").

Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socioeconómico. Preto dun millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pola cidade. Moitas persoas, os "sen teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldes ou outras rexións do país.

Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos, senón do mundo, atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.

Datos

  • Superficie: 779,59 km²
  • Poboación: 8.274.527 hab. (2007)

A cidade divídese en cinco distritos, a poboación de cada un deles é:

Distritos de Nova York
     1. Manhattan: 1.537.195      2. Brooklyn: 2.465.326      3. Queens: 2.229.379      4. Bronx: 1.332.650      5. Staten Island: 443.728 Aeroportos: North East: LGA; South East: JFK; West: EWR

Ten 3 aeroportos (JFK, La Guardia e Newark), máis de 12.000 taxis, 490 estacións de metro e máis de 17.000 restaurantes. A poboación hispana é superior ós 2 millóns de persoas.

Nova York é tamén o centro da Área Metropolitana de Nova York, cunha poboación de 21.199.865 habitantes, unha das maiores do mundo.

Historia

Artigo principal: Historia urbana de Nova York.

As primeiras referencias europeas datan de 1524, de Giovanni da Verrazzano. A rexión estaba habitada por indíxenas da tribo dos lenape. O explorador italiano, ao servizo da coroa francesa, bautizouna como Nouvelle Angoulême (Nova Angulema).[2]Os primeiros europeos en asentarse no actual territorio neoiorquino foron os neerlandeses no 1614, que fundaron a cidade de Nova Ámsterdam no 1625, e en 1626, o director da colonia, Peter Minuit, mercoulle a illa de Manhattan aos lenape [3] , e o lugar especializaríase no comercio das peles.

En 1664, os ingleses conquistaron a cidade e denominárona co nome de Nova York, na honra do Duque de York e Albany.[4] Ao final da segunda guerra anglo-holandesa, os neerlandeses quedaron co control da illa de Run, en Indonesia, a cambio de que os ingleses controlasen Nova Ámsterdam. A comezos do século XVIII, a poboación lenape fora reducida a 200 habitantes.[5]

A cidade de Nova York gañou importancia como porto comercial baixo o Imperio británico. En 1754 fundouse a primeira casa de estudos da cidade, a Universidade de Columbia.[6]

Independencia estadounidense

Durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, a cidade foi escenario dunha serie de importantes batallas coñecidas como «A campaña de Nova York e Nova Jersey». Finalizada a contenda, en Nova York reuniuse o Congreso Continental, e en 1789, o primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington, foi anunciado no Federal Hall de Wall Street.[7] Nova York foi a capital dos Estados Unidos até o ano seguinte.

Século XIX

No século XIX, a inmigración e o desenvolvemento transformou a cidade. Unha visionaria proposta de futuro, o Commissioners' Plan of 1811, estendeu a grella urbana por toda a illa de Manhattan, e a apertura en 1819 da Canle de Eire conectou o porto atlántico cos vastos mercados agrícolas do interior de Norteamérica.[8] Por volta de 1835, a cidade de Nova York superaba Filadelfia como a cidade maior dos Estados Unidos. A política local estaba baixo o dominio do Tammany Hall, un sistema de clientelismo político apoiado polos inmigrantes irlandeses.[9] Algúns membros da antiga aristocracia mercante contribuíron ao estabelecemento do Central Park, o cal se converteu no primeiro parque paisaxístico dunha cidade estadounidense en 1857. Por outra banda, un importante movemento abolicionista existiu en Manhattan e Brooklyn, e aínda que os escravos existiron en Nova York na década de 1820, para a década seguinte, Nova York converterase no centro de activismo abolicionista do Norte.

Mulberry Street, en Manhattan, ca. 1900.

Entre o 13 e 16 de xullo de 1863, a oposición ao servizo militar durante a guerra civil estadounidense (1861-1865) provocou unha serie de manifestacións violentas coñecidas como Draft Riots ou Draft Week; ditos eventos son considerados como un dos peores levantamentos civís da historia estadounidense.[10] En 1898, formouse a moderna cidade de Nova York coa anexión a Manhattan de Brooklyn (até aquela unha cidade independente) e municipalidades doutros distritos grazas a proxectos como a Ponte de Brooklyn.[11] A apertura do metro en 1904 axudou a unir a cidade. Na primeira metade do século XX, a cidade converteuse nun centro mundial para a industria, o comercio e as comunicacións.

Século XX

Nos anos vinte do século XX, a cidade era un destino principal para os afroamericanos durante a chamada «Gran migración» desde o sur estadounidense. En 1916, Nova York era o fogar da maior diáspora urbana africana en América do Norte. O renacemento de Harlem floreceu durante a era da prohibición, coincidindo cunha explosión económica que impulsou a construción de rañaceos. Nova York converteuse na cidade máis poboada do mundo en 1948, superando Londres, que ocupara o primeiro posto durante máis dun século. Durante os anos da Gran Depresión, Fiorello LaGuardia foi elixido como alcalde e propiciouse a caída do Tammany Hall logo de oitenta anos de poder.[12]

Vista área de Manhattan (1942)

A inmigración europea e o regreso dos veteranos da segunda guerra mundial motivaron o desenvolvemento económico e impulsaron a construción de vivendas ao leste de Queens. Nova York saíu da guerra como a principal cidade do mundo, con Wall Street liderando o ascenso dos Estados Unidos como a potencia económica dominante. O Cuartel Xeral das Nacións Unidas (construído en 1952) salientou a influencia política de Nova York e o ascenso do expresionismo abstracto na cidade desbancando a París do cumio no mundo da arte.[13] Na década de 1960 a cidade sufriu problemas económicos, aumento da taxa de crimes e racismo, que alcanzaron o seu pico na década seguinte.

Na década de 1980, un rexurdimento da industria financeira mellorou a saúde fiscal da cidade. Nos noventa, as tensións raciais calmáronse, os índices criminais caeron drasticamente e moitos inmigrantes chegaron dende Asia e América Latina. Novos sectores, como Silicon Alley (negocios de Internet), apareceron na economía da cidade, e a poboación de neoiorquinos acadou o seu máximo de todos os tempos no censo do 2000.

Século XXI

A cidade foi un dos obxectivos dos atentados do 11 de setembro de 2001, nos que case 3.000 persoas morreron nos ataques suicidas que se levaron a cabo cando 19 membros da rede terrorista Al-Qaeda secuestraron catro avións de pasaxeiros, dos cales dous, o Voo 11 de American Airlines e o Voo 175 de United Airlines foron estrelados contra as torres xemelgas do World Trade Center.

A One World Trade Center foi construída no mesmo sitio no que se atopaban as torres xemelgas,[14] converténdose no edificio máis alto do hemisferio occidental.

Xeografía

A área metropolitana de Nova York.

Nova York atópase no nordeste dos Estados Unidos, no sueste do estado de Nova York e no medio, aproximadamente, de Washington D.C. e Boston.[15] A súa localización na boqueira do río Hudson, que forma un porto naturalmente protexido e desemboca no océano Atlántico, axudou ao crecemento da cidade e á súa importancia como cidade comercial. A maior parte de Nova York está construída sobre tres illas: Manhattan, Staten Island e Long Island, facendo que o terreo edificábel sexa escaso e xerando así unha alta densidade de poboación.

O río Hudson flúe a través do val homónimo até a baía de Nova York. Entre Nova York e a cidade de Troy, o río convértese nun estuario.[16] O Hudson separa a cidade de Nova Jersey. O East River flúe desde o estreito de Long Island e separa Bronx e Manhattan de Long Island. O río Harlem, entre os ríos Este e Hudson, separa Manhattan do Bronx.

O terreo da cidade foi alterado considerablemente pola intervención humana, varios terreos foron gañados aos ríos desde os tempos coloniais neerlandeses. Isto é máis notable no sur de Manhattan, onde se levaron a cabo planificacións como Battery Park City nos anos 1970 e 1980.[17] Algunhas das variacións na topografía foron niveladas, particularmente en Manhattan.[18]

A área da cidade é de 831,4 km².[19] O punto máis alto da cidade é o outeiro Todt en Staten Island (124,9 metros sobre o nivel do mar). O cume está cuberto por bosques, posto que é parte do cinto verde de Staten Island.[20]

Clima

A pesar de estar na mesma latitude que Galicia, moito máis cálida, Nova York ten un clima húmido continental, resultado dos constantes ventos que traen aire frío desde o interior do continente americano.[21] Nova York posúe invernos fríos, mais a localización costeira da urbe, mantén as temperaturas un pouco máis elevadas que nas rexións interiores, axudando a moderar a cantidade de neve, 63,5 a 88,9 cm ao ano de media.[21] A cidade ten un período temperado que dura unha media de 199 días entre as xeadas estacionais.[21] A primavera e o outono son erráticos, e poden variar desde frío e nevado a cálido e húmido. O verán é temperado e húmido, con temperaturas de 30 °C ou máis cun termo medio entre 18 e 25 días cada verán.[21]

En Nova York hai rexistros de furacáns, como o ocorrido en 1981 que inundou o sur de Manhattan, ou o de 1938 que matou a máis de 700 persoas, a maioría delas na rexión de Nova Inglaterra; aínda que estes fenómenos atmosféricos son pouco frecuentes.

Parámetros climáticos por termo medio de Nova York
MesXanFebMarAbrMaiXuñXulAgoSetOutNovDecAno
Temperatura máxima media (°C)341015212629282418126
17
Temperatura mínima media (°C)-4-3161217201915105-1
8
Precipitacións (mm)86849910211295112104999112799
1.124
Fonte: Weatherbase

Medio ambiente

Central Park, en Manhattan, é o parque urbano máis visitado dos Estados Unidos.

O uso do transporte público en Nova York é o máis alto nos Estados Unidos e o consumo de combustible está ao mesmo nivel que estaba a media nacional en 1920.[22] A densa poboación de Nova York e a baixa dependencia dos automóbiles axudaron a pór á cidade entre as máis eficientes consumidoras de enerxía do país.[23] As emisións de gas de efecto invernadoiro son relativamente baixas cando se miden per cápita, a 7,1 toneladas cúbicas por persoa, por debaixo da media estatal, de 24,5.[24] Os neoiorquinos son responsables do un por cento das emisións de gases dos Estados Unidos,[24] a pesar de ser o 2,7% da poboación nacional. O neoiorquino medio consome menos da metade da electricidade que un residente de San Francisco e case un cuarto da consumida por un residente de Dallas.[25]

Nos últimos anos, a cidade intentou reducir o seu impacto ambiental. As grandes cantidades de contaminación en Nova York deron lugar a un alto índice de persoas enfermas de asma e outras doenzas respiratorias entre os seus habitantes.[26] Nova York conta ademais coa maior frota de autobuses híbridos ou equipados con gas natural comprimido do país,[27] como tamén algúns dos primeiros taxis híbridos[28].

Nova York abastécese de auga potable desde as montañas Catskill.[29] Como resultado desta orixe cun proceso de filtración natural, Nova York é unha das cinco principais cidades dos Estados Unidos con auga potable suficientemente pura como para non necesitar un tratamento de purificación por medio de plantas de tratamento de auga.[30]

Demografía

Evolución da poboación[31]
AnoHabitantes
175022.000
179049.400
180079.200
1810119.700
1820152.100
1830242.300
1840391.100
1850696.100
18601.174.800
18701.478.100
18801.911.700
18902.507.400
19003.437.200
AnoHabitantes
19104.766.900
19205.620.000
19306.930.400
19407.455.000
19507.892.000
19607.782.000
19707.894.900
19807.071.600
19907.322.600
20008.008.000
20038.085.700
20048.091.700
20058.143.200[32]

Nova York é a cidade máis poboada dos Estados Unidos, cunha poboación no 2005 de 8.213.839 habitantes. Isto é arredor do 40% do total da poboación do estado e unha porcentaxe similar do total da súa rexión metropolitana. Durante a última década, a poboación da cidade aumentou, e os demógrafos estiman que no 2030 alcanzará un total de entre 9,2 e 9,5 millóns de persoas.[33].

As dúas características chave da demografía da cidade son a súa densidade de poboación e a súa diversidade cultural. Ten a densidade máis alta (10.194 hab/km²) de calquera municipalidade estadounidense cunha poboación de máis de 100.000.[34] A densidade do condado de Nova York (25.846 hab./km²) é a máis alta de todos os condados do país.[35]

No transcurso da historia neiorquina, a cidade foi un dos principais portos de entrada de inmigrantes; o termo melting pot cuñouse para describir os barrios de inmigrantes, densamente poboados, da Lower East Side. Na actualidade, o 36% dos habitantes da cidade naceron no estranxeiro,[36] cifra que no país só superan Os Ánxeles (California) e Miami (Florida).[37] Porén, mentres que as comunidades inmigrantes das outras cidades son dominadas por unhas poucas nacionalidades, en Nova York ningunha nacionalidade ou rexión é predominante. Os dez principais países de orixe de inmigrantes son: a República Dominicana, China, Xamaica, Güiana, Paquistán, Ecuador, Haití, Trinidad e Tobago, Colombia e Rusia.[38] Na cidade fálanse uns 170 idiomas diferentes.[39]

A área metropolitana é lar da maior comunidade xudía fóra de Israel. De feito, a poboación xudía de Tel Aviv é superada en número pola de Nova York. Un 12% dos neoiorquinos son xudeus ou de ascendencia xudía.[40] É tamén fogar dun cuarto dos aboríxes da nación,[41] e da comunidade negra maior de calquera cidade do país.

Os catro grupos étnicos máis importantes (con excepción dos caucásicos) da cidade son: portorriqueños, italianos, dominicanos e chineses.[42] A poboación portorriqueña de Nova York é a maior fóra de Porto Rico.[43]

Nova York ten unha gran disparidade de ingresos. No 2005 o ingreso medio por fogar e na zona máis rica era de $188.697 anuais, mentres que nas zonas máis pobres era de $9.320.[44] A cidade tamén experimentou un baby boom. Desde o 2000, o número de nenos menores de cinco anos en Manhattan creceu un 32%.[45]

O 33% dos neoiorquinos son donos das propiedades nas que viven, unha cifra moito menor que a media nacional, do 69%.[46]

Cultura

Museo Metropolitano de Arte de Nova York é un dos museos maiores do mundo.

Varios dos movementos culturais estadounidenses máis importantes comezaron na cidade, como o renacemento de Harlem, que introduciu a literatura afroamericana no país. A cidade foi o epicentro do jazz nos anos 40, do expresionismo abstracto nos anos 50 e o berce da cultura hip hop nos anos 1970. A cidade tamén ten o seu papel na industria cinematográfica.

A cidade ten máis de 2.000 organizacións culturais e de artes e máis de 500 galerías de arte de distintos tamaños.[47]

Industriais adiñeirados do século XIX construíron unha rede de importantes institucións culturais, como o famoso Carnegie Hall e o Museo Metropolitano de Arte, que gañarían fama internacional. Coa chegada da luz eléctrica apareceron os teatros nas rúas de Broadway nos anos 80 do século XIX.

A Ópera do Metropolitan, vista dende Lincoln Center.

Medios de comunicación

Nova York é un centro neurálxico para as industrias da televisión, a publicidade, a música, o xornalismo e as publicacións literarias e editoriais. Dous dos tres grandes diarios estadounidenses son neoiorquinos: The Wall Street Journal e The New York Times. El Diario La Prensa é o xornal en español máis importante e máis antigo do país.[48]. Tamén existe un diario dirixido ao público afroamericano, The New York Amsterdam News.Un terzo dos filmes independentes estadounidenses prodúcense en Nova York.[49] Máis de 200 periódicos e 350 revistas teñen unha oficina na cidade e a industria editorial emprega arredor de 25.000 persoas.[50]

As catro canles principais de televisión dos Estados Unidos, ABC, CBS, FOX e NBC, teñen a súa sede en Nova York, así como moitas canles de cable, como MTV, Fox News, HBO e Comedy Central.

Cidades irmandadas

Nova York está actualmente irmandada con dez cidades[51].


Solpor en Nova York


Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas


Distritos (Boroughs) de Nova York

Bronx |Brooklyn |Manhattan |Queens |Staten Island



ListaxeCidadeEstadoPob.ListaxeCidadeEstadoPob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1Nova YorkNova York8.622.69811AustinTexas950.715
2Os ÁnxelesCalifornia3.999.75912JacksonvilleFlorida892.062
3ChicagoIllinois2.716.45013San FranciscoCalifornia884.363
4HoustonTexas2.312.71714ColumbusOhio879.170
5PhoenixArizona1.626.07815Fort WorthTexas874.168
6FiladelfiaPensilvania1.580.86316IndianapolisIndiana863.002
7San AntonioTexas1.511.94617CharlotteCarolina do Norte859.035
8San DiegoCalifornia1.419.51618SeattleWashington724.745
9DallasTexas1.341.07519DenverColorado704.621
10San JoseCalifornia1.035.31720Washington, D.C.Distrito de Columbia693.972
Datos do censo de 2017.[1]


🔥 Top keywords: