Jan Solans

piloto de rallys español

Jan Solans Baldó, nado en Matadepera, provincia de Barcelona, o 25 de decembro de 1997, é un piloto español de rallys que compite no Campionato do Mundo de Rally 3.

Infotaula de personaJan Solans

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Matadepera, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
CopilotoMauro Barreiro Zas Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsNil Solans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webjansolans.com Editar o valor em Wikidata

En 2019 foi campión do mundo júnior, no ano do seu debut en dita competición, despois de acadar unha vitoria e dous podios xunto ao seu copiloto habitual, o galego Mauro Barreiro.[1] Anteriormente fora campión de España do grupo N en 2016, campión de dúas rodas motrices e do grupo R2 no Campionato de España de Terra en 2018 e gañador do Iberian Rally Trophy en 2016.[2]

De xeito esporádico tamén participou nalgunha proba como copiloto e ten un irmán máis vello, Nil Solans, tamén piloto de rallys.

Traxectoria

Seu pai, Pere Solans, tamén foi piloto, así como o seu irmán Nil, cinco anos maior que el, que debutou en Cataluña aos 20 anos, o que motivou a Jan a seguilo, converténdose pronto en afeccionado aos rallys, aos que acudía cunha cámara de vídeo no ombreiro. Deste xeito interesouse polo mundo do automóbil e aínda que xa probara no mundo do karting de pequeno de maneira puntual, non foi ata os 15 ou 16 anos cando o seu irmán probou un carcross, o que motivou a Jan a probalo tamén, a pesar da negativa inicial de seu pai. Acabou proclamándose campión de España de Car Cross Júnior no 2014.[2]

En 2015 debutou como copiloto do galego Mauro Barreiro, a bordo dun Citroën Saxo VTS no Rally Concello de Curtis. Participou ese ano en dúas probas máis, o Rally 2000 Viraxes e o Rally Empordà e fixo o seu debut finalmente como piloto en febreiro de 2016, no Rally Terras Altas de Lorca, do nacional de terra. Correu cun Peugeot 208 R2 e con Barreiro como copiloto, finalizando na vixésimo primeira posición. Participou no nacional de asfalto en sete probas co apoio de Mitsubishi aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo X. O seu mellor resultado foi un duodécimo posto no Rally Villa de Llanes. Ao ano seguinte alternou probas locais de Cataluña cun Peugeot 208 R2 con participacións de novo no nacional onde logrou unha vitoria na Beca Júnior R2, programa organizado pola Federación Española para pilotos novos, rematando en terceiro lugar na clasificación final. Debutou no Campionato do Mundo en outubro no Rally Cataluña cun Ford Festa R2T co que terminou na posición 41º. En 2018 continuou a súa participación co Peugeot 208 R2 e acudiu ao Rally de Portugal onde abandonou tras unha avaría mecánica. Logrou vencer na Beca Júnior R2 con seis vitorias mentres que no campionato nacional de terra proclamouse vencedor nas categorías R2 e dúas rodas motrices e subcampión na categoría júnior.

Solans durante o Rally Terra da Auga de 2019.

Campión do mundo júnior

En 2019 e xunto a Mauro Barreiro, deu o salto ao Campionato do Mundo Júnior cun Ford Fiesta R2T do Rallye Team España e recibiu unha bolsa da Federación Española ao gañar a Beca Junior R2 o ano anterior. Na primeira carreira conseguiu o seu primeiro podio ao rematar terceiro no Rally de Suecia e máis tarde en Córsega conseguiu ser cuarto.[3] Acudiu a continuación ao Rally Terra da Auga a modo de test para preparar a súa participación no Rally de Sardeña, rematando décimo quinto. En Sardeña comezou liderando, pero no terceiro treito caeu ao sétimo lugar, conseguindo logo remontar despois de marcar doce scratchs, e lograr a vitoria, o que ademais lle serviu para colocarse líder do campionato e loitar polo título no seu primeiro ano de participación.[4] En Finlandia na súa primeira participación logrou a segunda posición por detrás do sueco Tom Kristensson, o seu principal rival na loita polo título, que se colocou cun punto de vantaxe sobre o catalán.[5] Na última cita, Gran Bretaña, logrou a vitoria na categoría e con ela o título de campión do mundo,[6] converténdose así no cuarto español en gañar este trofeo, dous anos despois de que o gañase o seu irmán Nil Solans.

Campionato do Mundo de Rally 3

En 2020 anunciouse que correría varias probas do Campionato do Mundo de Rally 3.[7]

Resultados

WRC

AnoEquipoCoche1234567891011121314Pos.puntos
2017Escudería Motor TerrassaFord Fiesta R2TMONSWEMEXFRAARGPORITAPOLFINGERESP
41
GBRAUS-0
2018Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2MONSWEMEXFRAARGPOR
Ret
ITAFINGERTURGBRESP
26
AUS-0
2019Rallye Team EspañaFord Fiesta R2TMONSWE
32
MEXFRA
27
ARGCHIPORITA
21
FIN
18
GERTURGBR
21
-0
Nil SolansFord Fiesta R5 MK2ESP
22
AUS
C
2020Ford Fiesta R5 MK2MONSWEMEXEST
26
TUR
14
ITABEL-0

WRC3

AnoEquipoCoche1234567Pos.puntos
2020Ford Fiesta R5 MK2MONSWEMEXEST
12
TUR
6
ITABEL23º8

JWRC

AnoEquipoVehículo12345Pos.Puntos
2019Rallye Team EspañaFord Fiesta R2TSWE
3
FRA
4
ITA
1
FIN
2
GBR
1
151

Campionato de España de Rallys

AnoEquipoAutomóbil1234567891011Pos.Puntos
2016Mitsubishi RepsolMitsubishi Lancer Evo XCNRADESMO
15
FER
Ret
CAN
Ret
OURPDA
17
LLA
12
MED
14
MAD
Ret
26º28
2017Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2SMOECIADEOURFERPDALLA
10
CANMED
Ret
MAD47º13
2018Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2COCSMOECI
11
ADEOUR
7
FERPDA
9
LLACANMEDMAD17º45

Campionato de España de Rallys de Terra

AnoEquipoCoche12345678Pos.puntos
2016Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2LOR
20
NAVGALBIECEREXTCTGPOZ
Ret
59º1
2017Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2LORNAVGAL
12
CER
14
EXT
7
POZCTG18º35
2018Escudería Motor TerrassaPeugeot 208 R2LOR
11
POZ
5
VOLTDACERNAV
7
GRA
8
MAD
12
10º81
2019Arteixo MotorsportFord Fiesta R2TLORPOZNAVTDA
15
ASTVOLGRA48º7

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: