Jari Litmanen

futbolista finlandés

Jari Olavi Litmanen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Lahti, é un ex-futbolista finlandés, considerado o mellor futbolista finlandés de todos os tempos.[1] A AFS listouno como o 53º mellor futbolista de todos os tempos[2] e foi o capitán da selección finlandesa entre 1996 e 2008.

Jari Litmanen
Información persoal
NomeJari Olavi Litmanen
Nacemento20 de febreiro de 1971
Lugar de nacementoLahti
Altura1'82
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1977–1987Reipas
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1987–1990Reipas86(28)
1991HJK27(16)
1992MyPa18(7)
1992–1999Ajax159(91)
1999–2001Barcelona21(3)
2001–2002Liverpool26(5)
2002–2004Ajax20(5)
2004Lahti11(3)
2005Hansa Rostock13(1)
2005–2007Malmö FF10(3)
2008Fulham0(0)
2008–2010Lahti40(10)
2011HJK18(1)
Total449(173)
Selección nacional
1989–2010Finlandia137(32)
Na rede
IMDB: nm3497800 FIFA: 95438 UEFA: 4875 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Primeiros anos

Litmanen debutou con dezaseis anos en 1987 co Reipas na entón na máxima división (Mestaruussarja). En 1991 fichou polo principal club finlandés, o HJK, o primeiro equipo de Finlandia. Un ano máis tarde comprometeuse co MyPa, co que gañou a Copa Finlandia en xullo de 1992 ao vencer 2–0 ao FF Jaro na final que se disputou no Estadio Olímpico de Helsinqui, a súa actuación nese partido foi decisiva para que o comprase o Ajax.

Ajax

Camisola de Jari Litmanen no Ajax. Museo do Deporte de Finlandia

Malia outros clubs amosaren interese por contratalo, como o Barcelona, Leeds United ou o PSV Eindhoven, Litmanen fichou co Ajax. Na primeira tempada co equipo xogou pouco co primeiro equipo, permanecendo na reserva, ata que unha lesión de Dennis Bergkamp fixo que o adestrador Louis van Gaal lle dese unha oportunidade, que foi un éxito e van Gaal anunciou que sería o sucesor de Bergkamp tras saber que este ía marchar ao Inter de Milán. Levou, xa que logo, o 10 na camisola e logrou 26 goles na tempada 1993–94, converténdose no máximo goleador da liga. En 1993 votárono como o futbolista do ano.

Litmanen foi un dos xogadores estrela de equipo co que van Gaal gañou tres campionatos holandeses consecutivos e chegou ao final da Liga de Campións da UEFA dúas veces. Desde o inicio da tempada 1994–95 ata mediados da de 1995–96, o Ajax non perdeu encontro ningún tanto na Eredivisie (52 partidos) como na Liga de Campións da UEFA (19 partidos). Ao gañar o Ajax ao Milán na final de 1994–95, Litmanen converteuse no primeiro xogador finlandés en gañar a Copa Europea ou a Liga de Campións da UEFA. Na tempada 1995–96 foi o principal anotador da Liga de Campións con nove goles. En 1995 gañou a Copa Intercontinental contra o Grêmio e quedou segundo na votación do Balón de Ouro.

Litmanen pasou sete anos en Ámsterdam, nos que gañou catro campionatos holandeses e tres Copas dos Países Baixos, conseguindo un total de 129 goles, deles 91 na liga. É o principal anotador dun club na competición europea con 26 puntos en 54 partidos. Nas últimas tempadas non puido xogar moitos dos partidos por lesións, en total nas seis tempadas faltou a 57 partidos dos 204 da liga, e nas últimas tres perdeu 7 dos 24 partidos europeos.

Barcelona

Litmanen xuntouse a van Gaal no Barcelona, foi un dos moitos xogadores do Ajax que recrutou o entón adestrador do Barcelona porén a súa estada en Barcelona estivo marcada polas lesións[3]e foi un dos xogadores que van Gaal retirou do primeiro equipo nese inverno,[4] así e todo continuou no club ata xaneiro de 2001 cando marchou ao Liverpool en transferencia libre.

Liverpool

Litmanen iniciou ben o campionato co Liverpool mais rompeu o pulso nun partido de Finlandia contra Inglaterra en Anfield en marzo de 2001 e perdeu o resto da tempada. A pesar de ser parte do equipo que gañou a "tripla copa": Copa Worthington, FA Cup e Copa da UEFA en 2001, non puido xogar ningunha das tres finais por lesións. Na tempada seguinte xogou pouco, así e todo puntou contra o Tottenham Hotspur, Arsenal, Aston Villa e Fulham na Premier League e contra o Dynamo Kyiv, Roma e Bayer Leverkusen na Liga de Campións.[5] En total marcou 9 goles en 43 partidos oficiais durante o tempo que pasou co Liverpool.

Volta ao Ajax

Litmanen volveu ao Ajax e foi un dos xogadores que fixo posible chegar a cuartos de final na Liga de Campións de 2001-2003 pero a tempada seguinte pasouna en boa parte en branco polas lesións e na primavera de 2004 o club liberouno do seu contrato.

FC Lahti e Hansa Rostock

Litmanen volveu a Finlandia para xogar co Lahti mais en xaneiro de 2005 pasou á Bundesliga xogando co Hansa Rostock, no entanto foi incapaz de evitar que o club perdese a categoría.

Malmö FF

Litmanen pasou ao club sueco Malmö FF en xullo de 2005 como reforzo para chegar á Liga de Campións pero non puido ser, e Litmanen pasou case todo o outono lesionado, xogando só uns poucos partidos.[6]

Fulham

Fichou co Fulham o 31 de xaneiro de 2008 canda o seu compatriota Toni Kallio,[7] secasí poucas semanas despois volveu a Finlandia por problemas cardíacos,[8] e non debutou co equipo ata o 31 de marzo de 2008 nun encontro de reservas co Tottenham, mais o equipo liberouno en maio sen xogar un só encontro co primeiro equipo.[9]

Volta ao Lahti

O 8 de agosto de 2008 anunciouse que Litmanen volvería ao seu antigo club, o Lahti da primeira división finlandesa polo resto da tempada 2008. Xogou un papel importante para que o Lahti rematase terceiro na liga e se cualificase para Europa por primeira volta na súa historia.

De novo o HJK

O 20 de abril d 2011, Litmanen asinou un contrato por un ano co campión finlandés, o HJK, con 40 anos, converténdose nun dos poucos xogadores profesionais que xorgaron en catro décadas diferentes (1980s – 2010s). Normalmente xogaba como substituto entre 10 e 30 minutos por encontro. O 29 de outubro de 2011, Litmanen celebrou o seu partido 200 de liga e foi o último partido que xogou como profesional.

Carreira internacional

Litmanen despois do seu derradeiro partido internacional, xogado en novembro de 2010 contra San Marino

Litmanen fixo o seu debut internacional o 22 de outubro de 1989 contra Trinidad e Tobago, e marcou o seu primeiro gol o 16 de maio de 1991 contra Malta. Litmanen serviu como capitán de Finlandia de 1996 a 2008. O 17 de novembro de 2010, Litmanen converteuse no xogador de máis idade en marcar con Finlandia.

Goles internacionais

      Gañador      Empate      Perdedor

Notas

🔥 Top keywords: