Joseph Beuys

Joseph Beuys, nado o 12 de maio de 1921 en Krefeld e finado o 23 de xaneiro de 1986 en Düsseldorf, foi un artista alemán que traballou con varios medios e técnicas como escultura, performance, happening, fluxus vídeo e instalación. É considerado un dos artistas alemáns máis influentes da segunda metade do século XX.

Infotaula de personaJoseph Beuys

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1921 Editar o valor em Wikidata
Krefeld, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1986 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Düsseldorf, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Causa da morteInsuficiencia cardíaca Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMar do Norte 54°07′05″N 8°22′00″L / 54.1181, 8.3667 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesBoĭs, Iosef
Bojs, Joze
Beuys, Joseph (Joseph Heinrich) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónFreiherr-vom-Stein-Gymnasium (en) Traducir
Kunstakademie Düsseldorf (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPerformance (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Düsseldorf
Reino Unido
Italia
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , fotógrafo , artista conceptual , artista de performance , gravador , ilustrador , pintor , profesor universitario , coreógrafo , debuxante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata - 1985 Editar o valor em Wikidata
Partido políticoThe Greens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte conceptual Editar o valor em Wikidata
MovementoFluxus Editar o valor em Wikidata
ProfesoresEwald Mataré (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAnselm Kiefer, Lothar Baumgarten (pt) Traducir, Peter Angermann (pt) Traducir, Jörg Immendorff e Anatol Herzfeld Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteMary Boone Gallery (en) Traducir, Artists Rights Society e Electronic Arts Intermix (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
13 de xuño de 1992Documenta IX (en) Traducir
12 de xuño de 1987documenta 8
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
24 de xuño de 1977Documenta 6
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir
27 de xuño de 19684. documenta (en) Traducir
28 de xuño de 1964Documenta III (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webbeuys.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1152508 Musicbrainz: 8406a8fa-3718-492e-b0ff-1e0b920cc6e2 Discogs: 251144 WikiTree: Beuys-1 Editar o valor em Wikidata
Beuys Filtz TV von Lothar Wolleh.

Vida e obra

Aínda que se dubidou a miúdo da súa veracidade, Beuys afirmaba que combatera como piloto na segunda guerra mundial, que se estrelara en Crimea, que estivera a piques de morrer conxelado, e que uns nativos o rescataran e enzoufándoo con graxa e envolvéndoo en feltro para evitar a súa morte. En calquera caso, ambos elementos aparecerán constantemente na súa obra.

Traballou de profesor universitario ata que foi expulsado anos despois. A obra que realizou no seu tempo de profesor, afecta na relación da pedagoxía co estudo da arte, xa que Beuys cambiou totalmente o enfoque de ensino que se tiña até o momento.

De 1946 a 1951 estudou na Escola de Belas Artes de Düsseldorf, onde máis tarde foi profesor de escultura.

En 1962 comezou as súas actividades co movemento neodadá Fluxus e Happening. O seu maior logro foi a socialización que conseguiu facer da arte, achegándoo a todos os tipos de público.

As súas accións non tiñan tanto que ver cos espaventos neodadaístas para escandalizar ó burgués, senón que tiñan un significado máis profundo. En Como explicar os cadros a unha lebre morta 1965 púxose mel e pan de ouro na cabeza e faláballe sobre a súa obra a unha lebre morta que tiña entre os seus brazos. Nesta obra vincula factores espaciais e escultóricos, lingüísticos e sonoros á figura do artista, á súa xestualidade corporal, á súa conciencia de comunicador que tiña como receptor a un animal.

Beuys asumía o papel de chaman con potestade de curar e salvar a unha sociedade que el consideraba morta.

En 1974 levou a cabo a acción Gústame América e a América gústolle eu onde Beuys, un coiote e materiais como papel, feltro e palla, constituíron o vehículo da súa creación. Conviviu 3 días co coiote. Apilaba periódicos americanos símbolo do capitalismo norteamericano. Ós poucos o coiote e Beuys vanse afacendo un ó outro e ó final Beuys abraza ó coiote.

Con esta acción formula unha crítica á política estadounidense en relación ós indios, onde el representaría aos Estados Unidos e o coiote ós indios norteamericanos.

Beuys repite moitos obxectos utilizados noutras obras. Obxectos que difiren dos ready mades duchampianos non pola súa natureza pobre e efémera, senón por ser parte da vida do propio Beuys que os "puxo aí" tras convivir con eles e deixarlles a súa pegada. Moitos teñen relación autobiográfica, como o mel ou a graxa utilizada polos tártaros que lle salvaron durante a segunda guerra mundial.

En Traxe de feltro, de 1970. Beuys simboliza o illamento do home na sociedade do noso tempo, un illamento non necesariamente negativo, xa que en doses prudentes pode ser catalizador de extraordinarias forzas creativas.

En 1979, o Museo Guggenheim de Nova York exhibiu unha gran retrospectiva da súa obra.

Beuys utilizou a arte, unha arte dinámica, fluída e corrosiva até o extremo de converterse nun anti-arte, para educar, curar e redimir ó ser humano e á sociedade espiritualmente enferma e perdida no caos do mundo.

Política

Beuys tivo outra cara, máis en relación coa política. Creou en 1967 o Partido Alemán de Estudantes, cuxos obxectivos básicos eran educar a tódalas persoas na madurez intelectual e propiciar o concepto ampliado da arte. As súas proposicións navegaban entre o utópico e o anarquista. En 1971 esta organización transformouse na Organización para a democracia por referendo, para a posibilidade dunha democracia directa, na cal se podería lexislar de abaixo a arriba, impondo a vontade do pobo. Unha nova sociedade do socialismo real, poscapitalista e poscomunista.

Algunhas obras

  • Nevada, 1965
  • Como explicar os cadros a unha lebre morta, 1965. Galería Schmela, Düsseldorf.
  • Coiote, 1974. Galería René Block, Nova York.
  • Bomba de mel no lugar de traballo, 1974-1977
  • Mostra a túa ferida, 1976
  • Fin da arte do século XX, 1982. Instalación na Bienal de Venecia 2001
  • 7.000 carballos, 1982. Documenta VII

Véxase tamén

Bibliografía

GUASCH, ANNA MARIA; A arte última do século XX. Do posminimalismo ó multicultural. Alianza editorial. Madrid. 2000.

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: