Juan Sebastián Elcano

explorador español

Juan Sebastián Elcano, tamén escrito Juan Sebastián de Elcano, nado en Getaria, Guipúscoa, entre 1486 e 1487 e finado no océano Pacífico o 4 de agosto de 1526, foi un explorador español que participou na primeira expedición que deu a volta ao planeta Terra, e capitaneou os derradeiros compases desta.

Infotaula de personaJuan Sebastián Elcano

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1486 Editar o valor em Wikidata
Getaria (Coroa de Castela) Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 1526 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Océano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Escorbuto Editar o valor em Wikidata)
Capitán de barco Nao Victoria
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , navegante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina, Archaic Basque (en) Traducir, lingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaroficial da armada Editar o valor em Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Nao Victoria Editar o valor em Wikidata
Participou en
10 de agosto de 1519Expedición de Magalhães-Elcano
García Jofre de Loaísa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
ParellaMaría Hernández de Hernialde (en) Traducir
María de Vidaurreta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosDomingo de Elcano Fernandez (en) Traducir
 () María Hernández de Hernialde (en) Traducir
N. Elcano Vidaurreta (en) Traducir
 () María de Vidaurreta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisDomingo Sebastián Elcano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Catalina del Puerto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMartin Perez Elcano (en) Traducir, Ochoa Martinez de Elcano (en) Traducir, Sebastián Elcano (en) Traducir, Catalina Elcano (en) Traducir, Domingo Elcano (en) Traducir, Inés de Elcano (en) Traducir e Anton Martin Elcano (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
circum-navegação (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: dcd77522-5b6b-445d-8a89-cdaa3cdff96e Find a Grave: 7948594 Editar o valor em Wikidata
Estatua de Juan Sebastián Elcano en Getaria.

Circunnavegación

Esta comezara en Sevilla o 10 de agosto de 1519 con cinco naves, capitaneada por Fernão de Magalhães. O 20 de setembro partiran de Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) coa intención de atopar o paso marítimo cara aos territorios das Indias Orientais, e buscar o camiño que, percorrendo sempre mares casteláns (segundo o Tratado de Tordesillas), chegase ás illas das especias, o que era a chamada ruta para o oeste, que xa buscara Colón.

Tras a morte de Magalhães en Filipinas en 1521 durante unha escaramuza cos indíxenas, Elcano púxose ao mando. Tiña o problema de volver a España co que quedaba da expedición, sen coñecer o camiño de volta polo Pacífico, e parecía tolemia intentalo, polo que elixiu navegar, case como un pirata, polos mares portugueses cara ao oeste, bordeando África por rutas coñecidas e con posibilidades de facer augadas. Conseguiu levar a termo a expedición, chegando a Sanlúcar de Barrameda o 6 de setembro de 1522 na nao Victoria de noventa toneladas[1], xunto con outros 17 sobreviventes. Isto constituíu o logro dunha impoñente fazaña: a circunnavegación da Terra.

O rei Carlos I de España, concedeulle como escudo unha esfera do mundo coa lenda en latín: Primus circumdedisti me ("Fuches o primeiro en me circundar").

Morreu cando participaba na expedición de García Jofre de Loaísa ás Illas Molucas.

Na súa honra, o buque escola da Armada Española leva o seu nome.

Sobreviventes da expedición

Estes dezaoito homes regresaron a Sanlúcar na Vitoria en 1522 e está o letreiro posto na fachada do concello de Sanlúcar de Barrameda

NomePosto
Juan Sebastián Elcano, de GetariaCapitán
Francisco Albo, de AxioPiloto
Miguel de RodasPiloto
Juan de Acurio, de BermeoPiloto
Antonio Lombardo (Pigafetta), de VicenzaSobresalinte
Martín de Yudícibus, de SavonaMariñeiro
Hernando de Bustamante, de MéridaMariñeiro e barbeiro
Nicolás el Griego, de NápolesMariñeiro  
Miguel Sánchez, de RodasMariñeiro
Antonio Hernández Colmenero, de HuelvaMariñeiro
Francisco Rodriguez, portugués de SevillaMariñeiro
Juan Rodríguez, de HuelvaMariñeiro
Diego CarmenaMariñeiro
Hans de AquisgránCanoneiro
Juan de Arratia, de BilbaoGrumete
Vasco Gómez Gallego o Portugués, de BaionaGrumete
Juan de Santandrés, de Santander ou de CuetoGrumete
Juan de Zubileta, de BarakaldoPaxe

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

  • Juan Sebastián Elcano (A-71)
🔥 Top keywords: