Kuna croata

Kuna croata †
Kuna en croata
Código:HRK
Ámbito:Croacia Croacia
Símbolo:Kn
Fracción:100 lipa
Moedas:1, 2, 5, 10, 20, 50 lipa
1, 2, 5, 25 HRK
Billetes:5, 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 HRK
Emisor:Banco Nacional de Croacia
Taxa de troco:
fixa
1 EUR = 7,53450 HRK
Oficial ata o 31 de decembro de 2023

A kuna foi a unidade monetaria de Croacia desde o 30 de maio de 1994 ata o 31 de decembro de 2022, cando foi substituída polo euro. Subdividíase en 100 lipa. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria era HRK.

Historia

A palabra croata kuna fai referencia ao animal coñecido como marta. Aínda que se pense que o nome fai referencia ás moedas chamadas coroa, o nome escolleuse porque fai referencia ao uso das peles de marta como unidades de cambio na época medieval. A kuna foi introducida en xuño de 1994 despois do período de transición posterior á independencia croata, no que o dinar iugoslavo foi substituído polo dinar croata.

A elección do nome kuna foi moi polémica, sobre todo entre os serbios de Croacia, xa que a única entidade que usara antes aquel nome de moeda foi o estado fascista de Croacia durante a segunda guerra mundial. O goberno croata defendeu a elección do nome co argumento do uso histórico das peles de marta, mentres que os seus detractores víano máis ben como unha forma de continuidade do moderno estado croata co réxime extremista anterior. A kuna foi emitida, logo da independencia do país en 1992, polo Banco Nacional de Croacia (Hrvatska narodna banka) e cuñada pola Casa da Moeda de Croacia (Hrvatska kovnica novca).

O euro substituíu o kuna como moeda oficial de Croacia o 1 de xaneiro de 2023,[1] cunha taxa de cambio de 7,53450 kunas = 1 euro, que fora establecida o 10 de xullo de 2022.[2][3][4]

Moedas

As moedas que circulaban no momento en que foi substituída polo eiuro eran as seguintes:

1 lipa2 lipas5 lipas
10 lipas20 lipas50 lipas
1 kuna2 kunas5 kunas

Billetes

A continuación descríbense os billetes da última serie editada polo Banco Nacional de Croacia en 2001:

ImaxeValorDimensiónsCor principalDescrición
AnversoReverso
5 HRK122 x 61 mmverdeo Duque Fran Krsto Frankopan e o Ban Petar Zrinskio Castelo de Varaždin e o seu plano de planta
10 HRK126 x 63 mmgris e marróno bispo Juraj Dobrilao Anfiteatro de Pula e plano da vila Motovun en Istria
20 HRK130 x 65 mmvermello e púrpurao heroe nacional Ban Josip Jelačićo castelo do Conde Eltz en Vukovar e un recipiente de cerámica con forma de paxaro
50 HRK134 x 67 mmazulo poeta Ivan Gundulićvista do caso antigo de Dubrovnik e o Pazo do Reitor
100 HRK138 x 69 mmvermello e ocreo poeta Iván Mažuranić, de fondo fragmento dunha inscrición no convento de Santa Lucía en Baška (illa Krk)a igrexa de San Vid en Rijeka e plano de planta da mesma
200 HRK142 x 71 mmmarróno político Stjepan Radićo edificio do Comando Militar en Osijek e plano de planta da antiga Fortaleza de Osijek
500 HRK146 x 73 mmverde oliveirao escritor Marko Marulićo palacio de Diocleciano en Split e a figura dun gobernador croata do século XI
1000 HRK150 x 75 mmazul e griso político Ante Starčevićo monumento ao primeiro rei croata, Tomislav, de fondo a Catedral de Zagreb

Taxas de troco

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: