Larvivora

xénero de aves

Larvivora é un xénero de pequenas aves paseriformes da familia Muscicapidae, que viven en Asia central e oriental.

As seis especies que forman este xénero estaban anteriormente situadas noutros xéneros. Un amplo estudo de filoxenética molecular publicado en 2010 atopou que os xéneros Luscinia (reiseñores e papoazuis) e Erithacus (paporroibos) tal como os definira Edward C. Dickinson en 2003 non eran monofiléticos.[1][2] O xénero Larvivora coa súa especie tipo Larvivora cyane creárase no século XIX pero fora abandonado, pero foi rehabilitado para acomodar un novo clado ben definido. Aínda que o Larvivora ruficeps non foi incluído no estudo filoxenético, foi movido tamén ao xénero resucitado, xa que é similar en estrutura, canto e comportamento ao Larvivora brunnea e ao Larvivora cyane.[3][4]

O xénero Larvivora fora introducido polo naturalista británico Brian Houghton Hodgson en 1837.[5][6] Larvivora significa en latín 'comedor de larvas'.[7]

O xénero inclúe as seguintes especies:[3]

  • Larvivora brunnea (antes en Luscinia)
  • Larvivora cyane (antes en Luscinia)
  • Larvivora sibilans (antes en Luscinia)
  • Larvivora komadori (antes en Erithacus)
  • Larvivora akahige (antes en Erithacus)
  • Larvivora ruficeps (antes en Luscinia)

Notas

🔥 Top keywords: