Paseriformes

orde de aves que abrangue máis da metade das especies de aves

As paseriformes (Passeriformes) son unha grande orde de aves que abrangue máis da metade das especies de aves. O grupo foi bautizado polo nome científico do pardal común (Passer domesticus).Está dividido en dúas subordes principais, Passeri e Tyranni.

Son o grupo de vertebrados que máis éxito evolutivo tivo, contan con ao redor de 5.400 especies, o que aproximadamente duplica o número de especies da orde de mamíferos máis diversa, os roedores (Rodentia). As súas adaptacións ao medio son moi variadas e complexas e comprenden dende determinados tipos de canto a formas de construír niños.

Características

Son paxaros tipicamente pequenos, a pesar de que na familia Corvidae atópanse especies de porte considerable; presentan unha característica disposición dactilar, tres dedas cara a adiante e un cara a atrás (polgar).

Moitas paseriformes cantan e teñen un sistema complexo de músculos para controlar a súa sirinxe; todas elas pasan por un estado inmaturo no que son incapaces de proverse de alimento e necesitan que as alimenten.

Malia ser un grupo bastante homoxéneo, é moi complexo en detalles, e as divisións secundarias son a miúdo arbitrarias e variables dun autor a outro. A orde presenta dúas subordes, que se establecen pola conformación do órgano de canto, Tyranni ou paxaros clamadores, e Passeri, paxaros cantores stricto sensu (aínda que comprende paxaros como o corvo tamén).

Orixe

A historia evolutiva das paseriformes segue sendo bastante discutida. As antigas clasificacións baseábanse na morfoloxía do peteiro ou a disposición ou coloración das plumas, polo que moitas especies que se agrupaban no mesmo grupo separáronse por comprobarse que se trataba de semellanzas debidas a converxencias adaptativas.

Crese que o grupo xurdiría no supercontinente de Gondwana, o que levaría unha grande amplitude de formas en Australia e Nova Guinea no que respecta aos Tyranni. Outra póla do clado, Passerida aparecería ora á vez, ora dentro de Corvida e chegaría ao hemisferio norte. A partir dese momento, pénsase que habería un continuo intercambio norte-sur que complicaría o estudo da historia evolutiva.

Taxonomía

Femia de Sylvia atricapilla, Bastavales (Galicia)
Canario de moño
Canario
  • ORDE PASSERIFORMES
    • Suborde Acanthisitti
    • Suborde Tyranni
      • Infraorde Eurylaimides
        • Eurylaimidae
        • Philepittidae
        • Sapayoidae
        • Pittidae
      • Infraorde Tyrannides
        • Tyrannidae
        • Tityridae
        • Cotingidae
        • Pipridae
        • Furnariidae
        • Thamnophilidae
        • Formicariidae
        • Conopophagidae
        • Rhinocryptidae
    • Suborde Passeri
      • Passeri basales
        • Menuridae
        • Atrichornithidae
      • Superfamilia Meliphagoidea
        • Maluridae
        • Dasyornithidae
        • Acanthizidae
        • Meliphagidae
          • Pardalotidae: Tradicionalmente incluído en Acanthizidae, podería ser engadido a Meliphagidae.
          • Acanthorhynchus: Usualmente incluído en Meliphagidae; podería ser considerado unha familia monotípica se Pardalotidae é validado.
      • Superfamilia Corvoidea
        • Melanocharitidae
        • Callaeidae
        • Cnemophilidae
        • Neosittidae
        • Vireonidae
        • Campephagidae
        • Pachycephalidae
        • Oriolidae
        • Paramythiidae
        • Artamidae
        • Malaconotidae
        • Platysteiridae
        • Aegithinidae
        • Pityriaseidae
        • Prionopidae
        • Vangidae
        • Dicruridae
        • Monarchidae
        • Rhipiduridae
        • Paradisaeidae
        • Corcoracidae
        • Laniidae
        • Corvidae
        • Corvoidea incertae sedis
          • Vireolanius: usualmente incluídos en Vireonidae, posiblemente constitúan unha familia monotípica.
          • Erpornis: formalmente en Yuhina (Passerida: Timaliidae); posiblemente unha familia monotípica, probablemente en Vireonidae.
          • Colluricinclidae: a miúdo incluídos en Pachycephalidae, mais poderían considerarse unha subfamilia.
          • Cinclosomatidae
          • Falcunculidae: usualmente incluídas en Pachycephalidae; pode tratarse dunha familia monotípica ou ser fusionado en Cinclosomatidae ou Psophodidae.
          • "Pitohuidae": tradicionalmente incluída en Pachycephalidae, mais semella máis emparentado con Oriolidae e pode ser considerado como unha familia distitan incluíndo a Oreoica e, posiblemente, outros membros de Pachycephalidae sensu lato.
          • Melampitta
      • Infraorde Passerida

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: