Lingua dagaare

lingua gur falada en Ghana, Burkina Faso e Costa do Marfil

A lingua dagaare é a lingua propia do pobo dagaaba que habita en Ghana, Burkina Faso e Costa do Marfil. Foi descrita como un continuo dialectal que tamén inclúe as linguas wali e birifor. Os falantes de dagaare, dependendo de se falan o dialecto do norte, centro, oeste e sur, refírense á lingua de forma diferente. Burkina Faso chama ao dagaare como dagara, e é coñecida como birifor polos falantes da República de Costa do Marfil. A lingua nativa aínda é universalmente coñecida como dagaare. Entre os diferentes dialectos, o estándar deriva do dialecto da rexión central.

Dagaare
Falado en:Burkina Faso, Costa do Marfil, Ghana
Total de falantes:1,1 millóns (2001–2003)
Familia:Níxer-congo
 Atlántico-congo
  Gur
   Gur setentrional
    Oti-volta
     Moré–dagbani
      Moré
       Dagaare
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
ISO 639-3: dga
Mapa
Mapa
Distribución da lingua dagaare
Status

O dagaare está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Ethnologue divide o dagaare en tres linguas:

  • Lingua dagaare do sur/centro, que se fala principalmente en Ghana.
  • Lingua dagara do norte, que se fala principalmente en Burkina Faso.
  • Dagaari dioula, que se fala principalmente en Burkina Faso, e ten unha influencia significativa da lingua diula, coa que non ten relación xenética.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

🔥 Top keywords: