Lingua protoindoeuropea

O protoindoeuropeo (PIE) é o teórico devanceiro común da familia lingüística das linguas indoeuropeas. Os elementos que compoñen a lingua derivan da reconstrución lingüística a partir das linguas indoeuropeas documentadas. Non existen ningún rexistro directo da existencia do protoindoeuropeo.[1]

Protoindoeuropeo
*dn̥ǵʰwéh₂ ‘lingua’
Falado en:
Total de falantes:Lingua morta
Familia:
 Protoindoeuropeo
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
Mapa
Status

Existen máis obras sobre a reconstrución do protoindoeuropeo que ningunha outra protolingua, e é a máis estudada de tódalas protolinguas da mesma época. A maioría das obras dos lingüistas durante o século XIX estiveron dedicadas á reconstrución do protoindoeuropeo ou as protolinguas que descenden del (como o protoxermánico e o protoindoiranio), e moitas das técnicas modernas de reconstrución lingüística (como o método comparativo) foron desenvolvidas como resultado.

Crese que o protoindoeuropeo foi falado como unha única lingua dende o ano -4500 até o -2500,[2] durante finais do Neolítico e comezos da Idade de Bronce, aínda que as estimacións varían en máis de mil anos. Segundo a teoría prevalente, a hipótese Kurga, a patria orixinal dos protoindoeuropeos puido ser a estepa póntica do leste de Europa. A reconstrución lingüística do protoindoeuropeo achegou información sobre a cultura e a relixión patriarcal dos seus falantes.[3]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía


 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

🔥 Top keywords: