Lingua wu

A lingua wu (caracteres chineses: 吳語 , nguphin: ngu niu) é un grupo de variedades lingüísticas semellantes e historicamente relacionadas da lingua chinesa, principalmente falada na provincia de Zhejiang, na cidade de Shanghai, e na provincia de Jiangsu.[2][3][4]

Wu
吳語/吴语
Hhu22 nyy44'
Pronuncia:
Falado en:República Popular da China
Rexións: China do Leste (Shanghai, Zhejiang, sur de Jiangsu, partes das provincias de Anhui e Jiangxi)
Total de falantes:79,5 millóns (2007)
Posición: 13
Familia:Sino-tibetana
 Sinítica
  Chinés
   Wu
Escrita: Escrita chinesa
Estatuto oficial
Lingua oficial de: China
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
ISO 639-3: wuu
Mapa
Status

O wu está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Os principais dialectos do wu son o dialecto de Shanghai, o de Suzhou, o de Wuxi, o de Wenzhou, o de Ningbo, o de Hangzhou, o de Shaoxing, o de Jinhua e o de Yongkang. Falantes de lingu wu, como Chiang Kai-shek, Lu Xun e Cai Yuanpei, ocuparon posicións de grande importancia nas modernas cultura e política chinesa. O wu tamén foi usado na Ópera de Shaoxing, que é a segunda máis popular despois da Ópera de Pequín, alén das actuacións do popular comediante Zhou Libo. O wu é falado en gran número de comunidades da diáspora chinesa, con importantes centros de inmigración orixinarios de Qingtian e Wenzhou.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Recursos da lingua wu
🔥 Top keywords: