Linguas tibetano-birmanas

grupo de linguas

As linguas tibetano-birmanas son as linguas non siníticas da familia lingüística sino-tibetana, das cales unhas 400 son faladas ao longo do macizo do sueste asiático, así como partes de leste de Asia e Asia Meridional. Arredor de 60 millóns de persoas falan alguna lingua tibetano-birmana.[1] O nome desta clasificación deriva das linguas máis amplamente faladas dentro do grupo, o birmano e as linguas tibéticas, que tamén contan con amplas tradicións literarias, que datan dos séculos XII e VII respectivamente. A maioría das outras linguas son faladas por comunidades moito máis pequenas, e moitas delas non foron descritas en detalle.

Linguas tibetano-birmanas
Falado en:Asia
Total de falantes:Máis de 60 millóns de falantes
Familia:Linguas sino-tibetanas
 Linguas tibetano-birmanas
Códigos de lingua
ISO 639-1:--
ISO 639-2:---
Mapa

Status

Aínda que a división das linguas sino-tibetanas en ramas sinítica e tibetano-birmana é amplamente utilizada (por exemplo, Benedict, Matisoff), algúns lingüistas históricos critican esta clasificación, xa que as linguas sino-tibetanas non siníticas carecen de innovacións compartidas en fonoloxía ou morfoloxía[2] para mostrar que comprenden un clado da árbore filoxenética.[3][4][5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: