Luise Rainer

Luise Rainer, nada en Düsseldorf o 12 de xaneiro de 1910 e finada en Londres o 30 de decembro de 2014,[1] foi unha actriz de cinema alemá, nacionalizada estadounidense.

Infotaula de personaLuise Rainer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Düsseldorf (Imperio Alemán) Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (104 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaDüsseldorf (1927–)
Düsseldorf (1910–)
Viena (década de 1910–)
Hamburgo
Londres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión , actriz de cinema , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor em Wikidata - 1997 Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMax Reinhardt (pt) Traducir e Constance Collier (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRobert Knittel (1945–1989), morte do cónxuxe
Clifford Odets (1937–1940), divorcio
Premios

IMDB: nm0707023 Allocine: 7441 Rottentomatoes: celebrity/luise-rainer Allmovie: p58527 TCM: 157225 TV.com: people/luise-rainer IBDB: 56987
Discogs: 2547388 WikiTree: Rainer-218 Find a Grave: 140642065 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Nada nunha familia xudía de clase alta, viviu en Hamburgo e Viena. Aos dezaseis anos comezou a actuar en teatro, estudando interpretación con Max Reinhardt pouco tempo despois.

Apareceu en varios filmes austríacos antes de ser descuberta polos buscadores de talentos da Metro-Goldwyn-Mayer en 1934. Tras mellorar o seu inglés debutou en Hollywood con Escapade, remake dun dos seus filmes que fora rexeitado por Myrna Loy.[2]

A súa seguinte película foi The Great Ziegfeld. A pesar de ter nela un papel pequeno, a súa interpretación impresionou tanto que a levou a gañar o oscar á mellor actriz protagonista. Tras este filme interveu en The Good Earth, co que tamén gañou o oscar.

Os seus seguintes filmes tiveron pouco éxito e en 1938 abandonou Hollywood. Viaxou por Europa, onde estivo axudando a nenos vítimas da Guerra Civil Española.[3]

Á volta, aínda foi chamada para algúns filmes, pero finalmente deixou a interpretación e instalouse en Londres, onde faleceu, vítima dunha pneumonía no 2014.

Filmografía

AnoFilme
1932Sehnsucht 202
1932Madame hat Besuch
1933Heut' kommt's drauf an
1935Escapade
1936The Great Ziegfeld
1937The Good Earth
1937The Emperor's Candlesticks
1937Big City
1938The Toy Wife
1938The Great Waltz
1938Dramatic School
1943Hostages
1997The Gambler

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: