Mangalia

Mangalia é unha cidade portuaria situada na costa romanesa do Mar Negro, ao sueste do condado de Constanţa.

Modelo:Xeografía políticaMangalia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°49′02″N 28°34′58″L / 43.8172, 28.582828°34′58″L / 43.8172, 28.5828
EstadoRomanía
JudețCondado de Constanța Editar o valor em Wikidata
CapitalMangalia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Cap Aurora (en) Traducir
Jupiter (en) Traducir
Mangalia (en) Traducir
Neptun (en) Traducir
Olimp (en) Traducir
Saturn (en) Traducir
Venus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación31.950 (2021) Editar o valor em Wikidata (513,17 hab./km²)
Xeografía
Superficie62,26 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude20 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Callatis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataCristian Radu (en) Traducir (2012–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal905500 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webmangalia.ro Editar o valor em Wikidata

Historia

A colonia milesia chamada Calatis foi fundada a inicios do século V a. C durante o reinado do rei macedonio Amintas III.[1]

A partir do século IX foi coñecida polos turcos como Pangalia, polos romaneses como Tomisovara e polos gregos como Panglicara. Foi un dos portos máis importantes da costa occidental do mar Negro.

Situación xeográfica e clima

Mangalia está situada a 43°49' de latitude norte e a 28°35' de lonxitude leste, cunha elevación aproximada de 10 m. Está emprazada a 44 km ao sur da cidade de Constanţa, ao sur do paralelo 44 Norte, e na mesma latitude que a cidade de Niza. Mangalia é o máis meridional centro de vacacións da costa romanesa do mar Negro.

Mangalia caracterízase por un moderado clima marítimo (cunha media anual de temperatura 11,2 °C), con calorosos veráns (a media de xullo é duns 22 °C) e invernos temperados (a media de xaneiro é de 0,2 °C).[2]

Mangalia ocupa o segundo lugar do país, tras Băile Herculane, con medias de temperaturas invernais sobre 0 °C. A primavera chega pronto pero é fresca e o outono é longo e caloroso.

No verán, a nebulosidade é reducida (uns 25 días soleados ao mes) e a duración da luz solar é de 10-12 horas ao día.

A precipitación anual é baixa (uns 400 mm).

A brisa mariña é forte no verán. Os axentes naturais curativos da auga do mar Negro, a cal ten cloruros, sulfatos, sodio, magnesio, e é hipotónica (15,5 g de mineralización). As augas minerais da primavera son sulfurosas, cloradas, bicarbonatadas, sódicas, cálcicas, mesotermais (21-28 °C) en pártea norte da cidade, no área da praia entre Saturno e Venus, o lodo sulfuroso, rico en minerais, o cal é extraído do lameiro de turba do norte da cidade (desde hai 250 anos) e o clima mariño, rico en aerosois salinos e radiación solar que exercen un estimulante efecto no organismo.

Ten unha longa praia de area fina, desenvolvida para a aerohelioterapia e terapia de ondas, como un alto peirao cun microclima específico onde un pode beneficiarse de inhalacións de aerosois salinos con efectos terapéuticos.

Demografía

Poboación

Segundo o censo de 2011 a estrutura étnica de Mangalia era a seguinte:[3]

Estrutura étnica (2011)
TotalRomanesesTurcosTártarosXitanosLipovanosHúngarosOutras
33.37430.2761.4621.1951651077297

Relixión

Relixións (2002)
TotalOrtodoxosMusulmánsCatólicosPentecostaisAdventistasOutras
40.13236.1573.13840012149316

Atraccións turísticas

  • A tumba escita descuberta en 1959 onde os arqueólogos desenterraron fragmentos dun papiro en grego, o primeiro documento deste tipo de Romanía.
  • As tumbas da necrópole da cidadela de Calatis, datan dos séculos IV ao II a.C.
  • As ruínas da cidadela de Calatis do século VI a.C.
  • A mesquita turca de Mangalia do século XVI.
  • O Museo Arqueolóxico, cunha rica colección de ánforas e esculturas da época helenística, fragmentos de sarcófagos de pedra etc.

Cidades irmandadas

Notas

🔥 Top keywords: