Manuel Sánchez Salorio

oftalmólogo e humanista galego

Manuel Sánchez Salorio, nado na Coruña o 22 de xaneiro de 1930 e finado na mesma cidade o 16 de marzo de 2023, foi un médico oftalmólogo e humanista galego que configurou unha escola científica española coñecida actualmente como Escola Galega de Oftalmoloxía.[1][2][3] Foi académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e foi o creador da primeira Rede de Investigación Colaborativa en Oftalmoloxía (Oftared).[4]

Infotaula de personaManuel Sánchez Salorio
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1930 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 2023 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Tese académica'La regulación nerviosa de la tensión ocular (1955)
Actividade
Ocupaciónoftalmólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 3336946

Traxectoria

Fillo do oculista Manuel Sánchez Mosquera[1] e sobriño de Juan José Barcia Goyanes,[5] percibiu precozmente o seu ambiente familiar: a cátedra universitaria.[6] Un irmán da súa nai foi Demetrio Salorio Suárez, alcalde da Coruña.[1]

Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1946-52), con Premios Extraordinario e Nacional Fin de Carreira, e doutorouse pola mesma Universidade, con Premio Extraordinario cunha tese titulada La regulación nerviosa de la tensión ocular ("A regulación nerviosa da tensión ocular", 1955). Realizou a especialidade de oftalmoloxía primeiro co seu pai e logo co profesor Ángel Moreu González-Pola, catedrático de oftalmoloxía de Santiago de Compostela. Este nomeouno o seu profesor adxunto (1956-63), devindo logo á súa morte encargado de cátedra e finalmente catedrático desa disciplina en 1963, sendo o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da universidade compostelá. Aprendeu cirurxía ocular asistindo aos servizos de Hermenegildo Arruga, Ignacio Barraquer e Ramón Castroviejo.

Fiel expoñente da universidade autárquica creou a escola científica inicialmente coñecida como Escola Profesional de Oftalmoloxía e que adoita chamarse hoxe Escola Galega de Oftalmoloxía anexa a devandita Cátedra. Foi ademais Vicedecano da Facultade de Medicina e Vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (1975).

O 27 de febreiro de 1981 ingresou como Académico Numerario na Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[7]

Un dos membros máis antigos do corpo médico da comunidade galega e remiso á xubilación, en 2015 continuaba a ser o director da Fundación Instituto de Oftalmoloxía de Galicia (Ingo).[2]

Escribiu numerosos artigos para a Revista Española de Oftalmología e outras publicacións da especialidade. A súa escola fixo importantes achegas científicas sobre a circulación da retina e, moi especialmente, ofreceu unha solución ao tratamento da enfermidade ocular chamada glaucoma, frecuente en Galicia.[8]

Outras actividades

Sánchez Salorio foi un dos fundadores en 1961 do Real Club de Golf da Coruña.[9]

Recoñecementos

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: