María Tareixa I de Austria

María Tareixa I de Austria[1][Nota 1], tamén citada como María Tareixa, nada en Viena o 13 de maio de 1717 e finada o 29 de novembro de 1780, foi a primeira e única muller que gobernou sobre os dominios dos Habsburgo e a última xefa da casa de Habsburgo, pois a partir do seu matrimonio, a dinastía pasou a chamarse casa de Habsburgo-Lorena.

María Tareixa I de Austria
Emperatriz consorte do Sacro Imperio,
Raíña de Hungría e Bohemia,
Arquiduquesa de Austria
Retrato de María Tareixa I por Martin van Meytens (1759).
Raíña de Hungría
Arquiduquesa de Austria
Duquesa de Milán
20 de outubro de 1740 - 29 de novembro de 1780
PredecesorCarlos III
SucesorXosé II

Nome completoMaría Tareixa Walburga Amalia Cristina
Nacemento13 de maio de 1717
Viena
Falecemento29 de novembro de 1780
(63 anos)
Viena
ConsorteFrancisco I
Casa realCasa de Habsburgo
ProxenitoresCarlos VI
Isabel Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel

Escudo de María Tareixa I de Austria
Na rede
Discogs: 2770397 WikiTree: Habsburg-51 Find a Grave: 22379 Editar o valor em Wikidata

Reinado

Anverso dun tálero de María Tareixa de 1780

Foi arquiduquesa e soberana de Austria, Hungría, Bohemia, Croacia e Galicia e Lodomeria, duquesa de Mántua, Milán, Parma e soberana dos Países Baixos austríacos desde 1740 ata a súa morte. Polo seu matrimonio con Francisco I, foi tamén emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano Xermánico, duquesa de Lorena e gran duquesa de Toscana.[2] Está considerada como unha déspota ilustrada e foi a cabeza dun dos Estados máis importantes da súa época, pois gobernou gran parte da Europa Central.

O seu reinado de 40 anos comezou coa morte do seu pai Carlos VI, en outubro de 1740. O seu ascenso ao trono só foi posible coa promulgación da Pragmática Sanción de 1713, xa que os territorios dos Habsburgo estaban rexidos pola Lei sálica, que impedía a sucesión feminina.[3] Cando este finou, Saxonia, Prusia, Baviera e Francia rexeitaron o documento que recoñeceran como lexítimo ata entón. Prusia invadiu a provincia de Silesia e provocou un conflito de nove anos, coñecido como a Guerra de Sucesión Austríaca. Máis tarde María Tareixa intentará, sen éxito, reconquistar Silesia durante a Guerra dos Sete Anos.

Casou con Francisco Estevo de Lorena, futuro Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico, e tivo con el 16 fillos, entre eles as raíñas María Antonieta e María Carolina de Austria, a duquesa María Amelia de Habsburgo-Lorena e dous emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico: Xosé II e Leopoldo II (ambos cogobernantes de Austria e Bohemia, xunto coa súa nai).[4]

María Tareixa foi responsable da maioría das grandes reformas financeiras e educativas realizadas nos seus dominios, co apoio do conde Federico Guillerme de Haugwitz e Gottfried van Swieten, promoveu o comercio, desenvolveu a agricultura e reorganizou o exército austríaco, o que fortaleceu a posición internacional de Austria. Porén, negouse a permitir a tolerancia relixiosa,[Nota 2] o que fixo que os seus contemporáneos cualificaran o seu réxime como prexuizoso e supersticioso.[5] Como xove monarca que loitou en dúas guerras dinásticas, María Tareixa cría que a súa causa debería ser a dos seus súbditos pero, nos seus últimos anos, pasou a crer que a dela debía prevalecer.[6]

Fillos e vida familiar

Ao longo de 20 anos, a emperatriz deu a luz a dezaseis fillos, trece dos cales sobreviviron máis aló da infancia. A súa primeira filla, María Isabel, naceu pouco despois do primeiro ano de matrimonio. De novo, o sexo do bebé causou gran decepción, así como a causa dos nacementos seguintes: María Ana e María Carolina. Mentres loitaba por preservar a súa herdanza, María Tareixa deu a luz a un fillo Xosé, nome dado en homenaxe a san Xosé, a quen lle rezara con frecuencia durante o embarazo para ter un varón. Porén, a súa filla favorita era María Cristina, que naceu o día que a emperatriz cumpría 25 anos e catro días despois da derrota do exército austríaco na batalla de Chotusitz. Cinco fillos máis naceron durante a guerra: María Isabel, Carlos Xosé, María Amelia, Leopoldo e María Carolina. Durante este período non houbo descanso para María Tareixa: os embarazos e os cuidados aos acabados de nacer producíanse ao mesmo tempo que a guerra e os partos. Cinco fillos máis naceron no período de paz que houbo entre a Guerra de Sucesión austríaca e a Guerra dos Sete Anos: María Xoana, María Xosefa, María Carolina, Fernando Carlos e María Antonieta. Tivo o seu último fillo, Maximiliano, durante a Guerra dos Sete Anos, cando xa tiña 39 anos.[7] María Tareixa chegou a afirmar que, de non haber estado case sempre embarazada, houbera ido soa ao campo de batalla.[8]

A emperatriz viúva Isabel, nai de María Tareixa, fino en 1750. Catro anos máis tarde, Marie Karoline von Fuchs-Mollard, a gobernanta pola que María Tareixa sentía un grande aprecio, finou tamén aos 73 anos. A emperatriz demostroulle o seu afecto facendo que a enterraran na Cripta Imperial de Viena, onde só eran sepultados os membros da familia imperial.

Apenas deu a luz os seus últimos fillos, María Tareixa viuse coa tarefa de casar os máis vellos. Ela mesma conduciu as negociacións para as vodas á vez que se ocupaba das campañas bélicas e do resto das obrigas do estado. A pesar de ser moi agarimosa cos seus fillos, usounos como peóns nos xogos dinásticos e sacrificou a súa felicidade en beneficio do Estado.[6][9] Era unha nai dedicada, pero dominante: escribíalles a todos os fillos polo menos unha vez á semana e cría que tiña dereito a exercer autoridade sobre eles, independentemente da súa idade ou posición.[10]

A emperatriz, xa viúva, coa familia (1776), por Heinrich Füger.

María Tareixa sufriu un violento ataque de varíola pouco logo de cumprir 50 anos, en 1767, enfermidade que a súa nora a emperatriz Xosefa de Baviera contaxioulle.[11] María Tareixa sobreviviu, non así a súa nora. Entón, obrigou á súa filla, a arquiduquesa María Xosefa, a rezar con ela na cripta imperial, á beira da tumba non pechada da nora. A arquiduquesa empezou a presentar as erupcións características da varíola dous días despois da visita á cripta e faleceu pouco despois. María Carolina substituíu a irmá morta como prometida do rei Fernando I das Dúas Sicilias. María Tareixa culpouse da morte da súa filla, dado que, naquela época, non se sabía que a varíola posuía un período de incubación prolongado, o que levou a que todos cresen que María Xosefa contaxiouse por visitar a tumba da súa cuñada.[Nota 3]

En abril de 1770 a filla máis nova de María Tareixa, María Antonieta, casou por poderes en Viena con Lois de Borbón, Delfín de Francia. A educación da arquiduquesa descoidouse cando o francés interesouse por ela, aínda que a súa nai intentou educala o mellor posible. María Tareixa escribíase cada quince días coa súa filla, á que agora chamaban María Antonieta, e lle regañaba pola súa pereza, frivolidade e por non concibir un fillo. A María Tareixa non lle gustaba tampouco a personalidade reservada de Leopoldo e acusábao constantemente de frialdade. Tamén criticou a María Carolina polas súas actividades políticas, a Fernando pola súa falta de organización e María Amalia polo seu pobre francés e arrogancia. Coa única filla coa que apenas tiña problemas era María Cristina, que gozaba da total confianza da súa nai a pesar dos problemas que tiña con ela por non ter fillos (xa que a arquiduquesa só tivo unha filla, María Cristina de Saxonia, que finou cun día de vida). Un dos maiores desexos de María Tareixa era o de ter o maior número de netos posible. Porén, cando finou, a emperatriz contaba con só vinte netos e, a excepción da súa neta máis vella María Carolina de Borbón-Parma, filla de María Amalia, todas as demais netas primoxénitas recibiron o seu nome.[10][Nota 4]

Descendencia

Do seu matrimonio con Francisco I do Sacro Imperio Romano Xermánico, María Tareixa tivo 16 fillos, dos cales 10 chegaron á idade adulta:

NomeNacementoMorteNotas
María Isabel17371740Herdeira dos títulos de raíña Hungría e Bohemia de 1737 a 1740. Finou na infancia.
María Ana, arquiduquesa da Austria17381789Herdeira dos títulos de raíña Hungría e Bohemia de 1740 a 1741. Abadesa do Imperial e Real Convento para Damas Nobres de Praga. Sen descendencia.
María Carolina, arquiduquesa da Austria17401741Finou na infancia.
Xosé, arquiduque de Austria, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, rei de Hungría e Bohemia.17411790Sucedeu a súa nai e foi emperador do Sacro Imperio entre 1780 e 1790 como Xosé II. Tivo dúas fillas.
María Cristina, arquiduquesa de Austria17421798Foi gobernadora dos Países Baixos Austríacos entre 1778 e 1798. Casada con Alberte de Saxonia-Teschen, duque de Teschen e vicerrei de Hungría (1738-1822). Tivo unha filla.
María Isabel, arquiduquesa de Austria17431808Abadesa do Imperial e Real Convento para Damas Nobres de Praga. Sen descendencia.
Carlos José, arquiduque de Austria17451761Finou debido á varíola. Sen descendencia.
María Amelia, arquiduquesa de Austria17461804Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias, pero logo casada co duque Fernando I de Borbón-Parma (1751-1802). Tivo nove fillos.
Leopoldo, arquiduque de Austria, gran duque de Toscana, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Hungría e Bohemia (1790-1792).17471792Sucedeu ao seu irmán Xosé II. Tivo dezaseis fillos.
María Carolina, arquiduquesa de Austria17481748Finou ao pouco de nacer.
María Xoana, arquiduquesa de Austria17501762Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias. Finou debido á varíola. Sen descendencia.
María Xosefa, arquiduquesa de Austria17511767Comprometida con Fernando I das Dúas Sicilias. Finou debido á varíola. Sen descendencia.
María Carolina, arquiduquesa de Austria e Raíña Consorte de Nápoles e Sicilia17521814Casada con Fernando I das Dúas Sicilias (1751-1825). Tivo dezaoito fillos.
Fernando, arquiduque de Austria, duque de Brisgovia17541806Casou con María Beatriz de Este. Tivo once fillos.
María Antonieta, arquiduquesa de Austria, Raíña consorte de Francia e de Navarra17551793Esposa de Lois XVI de Francia, raíña de Francia. Guillotinada durante a Revolución francesa. Tivo catro fillos.
Maximiliano Francisco, arquiduque de Austria.17561801Arcebispo elector de Colonia. Sen descendencia.

Morte e legado

María Tareixa e o seu marido sepultados nunha tumba dobre, por vontade expresa dela.

É pouco probable que María Tareixa recuperarase totalmente da varíola contraída en 1767, como afirmaban escritores do século XVIII. Ademais padecía dispnea, fatiga, tose, necrofobia e insomnio e, máis tarde, tamén desenvolveu un edema.

A emperatriz enfermou o 24 de novembro de 1780, aparentemente por un arrefriado. O Dr. Stöck, o seu médico, constatou que o seu estado era grave. O 28 de novembro pediu a extrema unción e, ao día seguinte, arredor das nove da noite, María Tareixa finou rodeada dos seus fillos. Con ela, desaparecía tamén a casa de Habsburgo, que foi substituída pola casa de Habsburgo-Lorena. Xosé, que xa era co-rexente nos dominios dos Habsburgo, sucedeu a súa nai.[12][13]

María Tareixa deixou un imperio revitalizado, o que influíu ao resto de Europa durante o século XIX. Os seus descendentes seguiron o seu exemplo e deron continuidade ás reformas. A adquisición do reino de Galitzia e Lodomeria deu ao imperio un carácter aínda máis multinacional, que o acabaría levando a súa destrución.[14] A introdución da escolaridade obrigatoria, como medio de xermanización, provocou o renacemento da cultura checa.[15][16]

A emperatriz está sepultada na Cripta Imperial de Viena, nun sarcófago dobre, ao carón do seu marido.[17]

Devanceiros

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Browning, Reed: The War of the Austrian Succession Palgrave Macmillan 1995 ISBN 0-312-12561-5 (en inglés)
  • Byrne, James M: Religion and the Enlightenment: from Descartes to Kant Westminster John Knox Press 1997 ISBN 0-664-25760-7 (en inglés)
  • Caroll, Harry J: The development of civilization: a documentary history of politics, society, and thought, Volume 2 Scott, Foresman 1969 (en inglés)
  • Crankshaw, Edward: Maria Theresa, Longman publishers 1969 (en inglés)
  • Cochrane, Lydia G. & Melograni, Piero: Wolfgang Amadeus Mozart: a biography University of Chicago Press 2007 ISBN 0-226-51956-2 (en inglés)
  • Dawson Beales, Derek Edward: Joseph II: In the shadow of Maria Theresa, 1741–1780 Cambridge University Press 1987 ISBN 0-521-24240-1 (en inglés)
  • Dawson Beales, Derek Edward: Enlightenment and reform in 18th-century Europe I.B.Tauris 2005 ISBN 1-86064-950-5 (en inglés)
  • Del Testa, David W; Lemoine, Florence; Strickland, John: Government leaders, military rulers, and political activists, Part 107 Greenwood Publishing Group 2001 ISBN 1-57356-153-3 (en inglés)
  • Duffy, Christopher: The army of Maria Theresa: The Armed Forces of Imperial Austria, 1740–1780 Hippocrene Books 1977 ISBN 0-88254-427-6 (en inglés)
  • Ellenius, Allan; European Science Foundation: The Origins of the Modern State in Europe: 13th to 18th Centuries Oxford University Press 1998 ISBN 0-19-820550-3 (en inglés)
  • Fraser, Antonia: Marie Antoinette: the journey Anchor Books 2001 ISBN 0-385-48949-8
  • Fraser, David: Frederick the Great: King of Prussia A. Lane 2000 ISBN 0-7139-9377-4 (en inglés)
  • Glajar, Valentina: The German legacy in East Central Europe as recorded in recent German-language literature Boydell & Brewer 2004 ISBN 1-57113-256-2 (en inglés)
  • Goodwin, A: The New Cambridge Modern History CUP Archive 1976 ISBN 0-521-29108-9 (en inglés)
  • Grell, Ole Peter & Porter, Roy: Toleration in Enlightenment Europe (en inglés)
  • Himka, John-Paul: Religion and nationality in Western Ukraine: the Greek Catholic Church and Ruthenian National Movement in Galicia, 1867–1900 McGill-Queen's Press – MQUP 1999 ISBN 0-7735-1812-6 (en inglés)
  • Holborn, Hajo: A History of Modern Germany: 1648–1840 Princeton University Press 1982 ISBN 0-691-00796-9 (en inglés)
  • Hopkins, Donald R: The greatest killer: smallpox in history, with a new introduction University of Chicago Press 2002 ISBN 0-226-35168-8 (en inglés)
  • Ingrao, Charles W: The Habsburg monarchy, 1618–1815 Cambridge University Press 2000 ISBN 0-521-78505-7 (en inglés)
  • Jones, Colin: The Great Nation: France from Louis XV to Napoleon, University of Columbia Press 2002 ISBN 0-231-12882-7 (en inglés)
  • Kann, Robert A.: A history of the Habsburg Empire, 1526–1918 University of California Press 1980 ISBN 0-520-04206-9 (en inglés)
  • LeCaine Agnew, Hugh: The Czechs and the lands of the Bohemian crown Hoover Press 2004 ISBN 0-8179-4492-3 (en inglés)
  • Leland Goldsmith, Margaret: Maria Theresa of Austria A. Barker, ltd. 1936 (en inglés)
  • Lever, Evelyne: Madame de Pompadour: A Life FSR 2002 ISBN 0-374-11308-4 (en inglés)
  • Levy, Allison Mary: Widowhood and visual culture in early modern Europe, Issue 7630 Ashgate Publishing Ltd. 2003 ISBN 0-7546-0731-3 (en inglés)
  • Magocsi, Paul R. & Canadian Institute of Ukrainian Studies & Harvard Ukrainian Research Institute: Galicia: a historical survey and bibliographic guide University of Toronto Press 1983 ISBN 0-8020-2482-3 (en inglés)
  • Mahan, J. Alexander: Maria Theresa of Austria READ BOOKS 2007 ISBN 1-4067-3370-9 (en inglés)
  • McGill, William J.: Maria Theresa Twayne Publishers 1972 (en inglés)
  • Morris, Constance Lily: Maria Theresa – The Last Conservative READ BOOKS 2007 ISBN 1-4067-3371-7 (en inglés)
  • Patai, Raphael: The Jews of Hungary: history, culture, psychology Wayne State University Press 1996 ISBN 0-8143-2561-0 (en inglés)
  • Penslar, Derek Jonathan: Shylock's children: economics and Jewish identity in modern Europe University of California Press 2001 ISBN 0-520-22590-2 (en inglés)
  • Pick, Robert: Empress Maria Theresa: the earlier years, 1717–1757 Harper & Row 1966 (en inglés)
  • Roider, Karl A.: Maria Theresa Prentice-Hall 1973 ISBN 0-13-556191-4 (en inglés)
  • Russell Richards Treasure, Geoffrey: The making of modern Europe, 1648–1780 Taylor & Francis 1985 ISBN 0-416-72370-5 (en inglés)
  • Saperstein, Marc: Your voice like a ram's horn": themes and texts in traditional Jewish preaching Hebrew Union College Press 1996 ISBN 0-87820-417-2 (en inglés)
  • Spielman, John Philip: The city & the crown: Vienna and the imperial court, 1600–1740 Purdue University Press 1993 ISBN 1-55753-021-1 (en inglés)
  • Temperley, H.W.V: Frederick the Great and Kaiser Joseph Routledge 1968 ISBN 0-7146-1518-8 (en inglés)
  • Vovk, Justin C. (2010). In Destiny's Hands: Five Tragic Rulers, Children of Maria Theresa. iUniverse: Bloomington, Ind. ISBN 978-1-4502-0081-3 (en inglés)
  • Wyatt, Walter James: Hungarian Celebrities BiblioBazaar LLC 2009 ISBN 1-110-82046-1 (en inglés)
  • Yonan, Michael: Empress Maria Theresa and the Politics of Habsburg Imperial Art Penn State Press, 2011. ISBN 978-0-271-03722-6 (en inglés)

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Emperador Carlos VI
Raíña de Hungría e Bohemia
Arquiduquesa de Austria e duquesa de Milán

1740 - 1780
Sucesor:
Emperador José II
Predecesor:
Carlos II
Duquesa de Parma, Plasencia e Guastalla
17401748
Sucesor:
Filipe I
Predecesor:
María Amelia de Austria
Emperatriz consorte do Sacro Imperio Romano Xermánico
1745 - 1765
Sucesor:
Xosefa de Baviera
🔥 Top keywords: