María de la O Fernández
mestra e política galega
María de la O Fernández González, nada en Vilagarcía de Arousa, é unha mestra e política galega de Podemos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Vilagarcía de Arousa |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | mestra , política |
Partido político | Podemos |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
Natural de Cornazo, estudou maxisterio na Universidade de Vigo e logo licenciouse en psicopedagoxía. Membro do círculo de Podemos en Vilagarcía de Arousa, en 2018 presentouse por Máis Podemos, a lista liderada por Antón Gómez-Reino, á Comisión de Garantías de Podemos Galicia [1] e asumiu a presidencia da comisión en xaneiro de 2019[2]. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura Marea da Vila ao concello de Vilagarcía que logrou un concelleiro.
Obra
- Alteracións da linguaxe e da fala na etapa infantil (2008, autoeditado en lulu.com)
- Identificación das alteracións da linguaxe e da fala na etapa infantil (2009, autoeditado en lulu.com)
- Alteracións da linguaxe e da fala na etapa da educación primaria (2011, autoeditado en lulu.com)
Notas
🔥 Top keywords: