Maranhão
Maranhão é un dos estados do Brasil situado na Rexión Nordeste. Ten como límites ao norte o océano Atlántico; ao leste e sueste o estado de Piauí; a suroeste e oeste o estado de Pará. A súa capital é a cidade de São Luís. Outra cidade importante é Imperatriz.
Himno | Hino do Maranhão (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | São Luís do Maranhão | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.000.229 (2017) (21,09 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Kreye (en) Língua Canela (pt) Pará Gavião (en) Krikati-Timbira (en) Língua krahô (pt) Língua apinajé (pt) Língua guajá (pt) Língua de Sinais Kaapor Brasileira (pt) Língua caapor (pt) Língua guajajara (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 331.983,2 km² | ||||
Altitude | 134 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo do Maranhão (pt) | ||||
• Governador (pt) | Flávio Dino (pt) (2015–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Maranhão (pt) Circunscrición: 0, (Escano: 42) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-MA | ||||
Páxina web | ma.gov.br |
Xeografía
Diferente doutros estados do Nordeste brasileiro, o Maranhão non ten rexións de clima semi-árido. Hai 5 tipos principais de vexetación no estado:
- ó oeste, xunto á divisa co estado do Pará o seu clima e vexetación aseméllanse máis ós da selva ecuatorial
- no centro do estado, predomina a chamada Mata de Cocais, con bosques palmeiras como o burití,
- próximo ó litoral, hai unha rexión de campos naturais,
- no litoral, hai mangleirais, dende a foz do río Gurupi ata a foz do río Periá,
- finalmente, ó sur do estado, hai vexetación de sabana, que forma o chamado cerrado brasileiro.
Economía
As principais actividades económicas do estado son a industria (destacándose a transformación de aluminio, a alimenticia e a madeireira), a extracción de babasú, a agricultura (principalmente soia, mandioca, arroz e millo) e a gandería. Máis da metade do PIB do estado concéntrase na capital, São Luís.O turismo ten grande potencial no estado, grazas principalmente ás paisaxes naturais da rexión dos Lençóis Maranhenses, ás construcións históricas da capital, São Luís, e da cidade de Alcántara.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Sitio web oficial Arquivado 20 de agosto de 2021 en Wayback Machine.