McDonnell Douglas F-15E Strike Eagle

O McDonnell Douglas (agora Boeing) F-15E Strike Eagle é un caza polivalente todotempo estadounidense derivado do McDonnell Douglas F-15 Eagle.[1] O F-15E foi deseñado nos anos 80 como un interceptor de grande alcance e alta velocidade sen depender de avións de escolta ou de guerra electrónica. Os Strike Eagle da USAF poden distinguirse doutras variantes estadounidenses do Eagle pola súa camuflaxe máis escura e polos seus tanques de combustible comformables montados ao longo das entradas de aire do motor (aínfa que estes tanques de combustible tamén se montaron nas primeiras variantes do F-15).

McDonnell Douglas F-15E Strike Eagle
Tipocaza polivalente, cazabombardeiro
FabricanteMcDonnell Douglas
Boeing
Primeiro voo11 de decembro de 1986
Introducido30 de setembro de 1989
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea dos Estados Unidos
Real Forza Aérea de Arabia Saudita
Forza Aérea de Israel
Forza Aérea de Corea do Sur
Produción1985 - presente
Unidades construídas513

O Strike Eagle despregouse en operacións militares en Iraq, Afganistán, Siria e Libia. Durante esas operacións o F-15E realizou ataques profundos contra obxectivos de gran valor e patrullas aéreas de combate, e proporcionou apoio aéreo próximo para tropas aliadas. Tamén foi exportado a varios países, como Israel e Arabia Saudita.

Operadores

Arabia Saudita

  • Real Forza Aérea de Arabia Saudita - 70 F-15S Eagle en servizo 84 F-15SA pedidos en xaneiro de 2014.[2]

Corea do Sur

  • Forza Aérea da República de Corea - 59 F-15K en servizo en 2019.[3]

Estados Unidos

Israel

  • Forza Aérea de Israel - 25 F-15I en servizo en 2019.[5]

Qatar

  • Forza Aérea de Qatar - 36 F-15QA pedidos.[6]

Singapur

  • Forza Aérea da República de Singapur - 40 F-15SG.[7][8]

Notas

🔥 Top keywords: