Mestizo

Mestizo[1] é un termo tradicionalmente empregado en España, Filipinas, partes de América Central (especialmente en Belize) e América do Sur que orixinalmente facía referencia a unha persoa descendente dun europeo e dun amerindio ou insular do Pacífico, sen ter en conta onde naceu o individuo. O termo foi empregado como unha categoría étnica e racial nun sistema de castes empregado polo Imperio Español durante a época de dominio das colonias en América. Hoxe en día, e particularmente en América do Sur, o termo adquiriu connotacións máis culturais, xa que a cultura dominante latinoamericana considerase como mestiza, independentemente da súa ascendencia real, e o termo "indio" está reservado exclusivamente para as persoas que mantiveron unha identidade étnica separada, coa súa propia lingua e afiliacións tribais. Por mor disto, a gran maioría dos latinoamericanos de fala hispana son considerados mestizos, aínda que debido a esta nova definición cultural, este termo non pode tomarse como un indicativo de ascendencia real.

Pintura dun home español, unha muller indíxena peruana e o seu fillo mestizo, 1770.

Para previr confusión co uso orixinal do termo, os mestizos comezaron a ser chamados colectivamente como castas. Durante o período colonial, os mestizos convertéronse axiña no grupo maioritario da América hispánica e cando as colonias comezaron a acadar a independencia de España, os grupos mestizos fixéronse os dominantes. Nalgúns países de América Latina, como en México, o concepto de "mestizo" foi fundamental para a formación da nova identidade independente que non era nin totalmente española nin totalmente indíxena, e a palabra mestizo adquire o seu significado actual, que é empregado polo goberno para referirse a tódolos mexicanos que non falan linguas indíxenas,[2][3] incluíndo xente de ascendencia totalmente europea e indíxena, ou mesmo asiáticos e africanos.[4][5]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

🔥 Top keywords: