Miriam Pena Villanueva

enxeñeira informática

Miriam Pena Villanueva, nada en Bueu (Pontevedra), é unha enxeñeira informática. A finais do 2017 foi elixida como unha das enxeñeiras máis inspiradoras do 2018.[1]

Infotaula de personaMiriam Pena Villanueva
Biografía
NacementoBueu Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Interesouse polos computadores dende moi nova, na casa do seu tío había un ordenador e sempre estaba alí xogando co famoso Paint. Estudou Enxeñaría en Informática na Universidade da Coruña.[2] Viviu en 5 países: Exipto, España, Estados Unidos de América, Suecia e Irlanda. En todos estes países traballou como consultora especializada en Erlang.[3] É unha especialista nesa linguaxe, que manexa hoxe o 90% dos datos en Internet.

"Cando teñas unha peza de traballo feito faina visible. Fai ruído. Twitea, escribe blog posts, publica, fala en congresos. Non sintas que o teu traballo ten pouco valor e que non tes nada que compartir nin teñas medo as críticas. Publicar virache xenial porque te axudará a conectar con outra xente que fai o mesmo que ti e compartir as túas ideas, aprender deles e abrirate oportunidades profesionais." [4]

Miriam é a organizadora do Meetup Erlang & Elixir en San Francisco e forma parte do comité organizador das conferencias Code Beam SF e Code Beam Stockholm.[5]

Tamén é fundadora e membro do consello de administración de The Erlang Ecosystem Foundation.

Premios e recoñecementos

  • Mencionada na lista das 12 mulleres máis inspiradoras do 2018.[6]
  • Premio Ada Byron polo Colegio de Enxeñería Informática de Galiza.[7]
  • Forma parte das protagonistas do cuarto volume de Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes[8]

Notas


Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: