Universidade da Coruña

universidade pública galega con sede na Coruña

A Universidade da Coruña é unha universidade pública, creada en 1989 coa lei de ordenación do sistema universitario de Galicia. Encóntrase estruturada territorialmente en sete campus na Coruña —A Mestranza, Riazor, Elviña, A Zapateira, Oza, Bastiagueiro e Oleiros (estes dous no concello de Oleiros)— e dous en FerrolEsteiro e Serantes—.

Universidade da Coruña
Logotipo da UDC coa lenda Hac Luce ('Aquí, a luz').
Datos xerais
LocalizaciónA Coruña / Oleiros / Ferrol
Datos actuais
ReitorRicardo Cao
Alumnos21.136 (Curso 2010-2011)[1]
Datos de contacto
EnderezoRúa da Mestranza, s/n. 15001 A Coruña Galicia Galicia
Páxina webwww.udc.gal
Facebook: udc.gal Twitter: udc_gal Instagram: udc_oficial Dialnet: 819036 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade da Coruña posúe titulacións únicas en Galicia, como Arquitectura, Arquitectura Técnica, Enxeñaría de Deseño Industrial, Enxeñaría Naval e Oceánica, Podoloxía, Socioloxía ou Xestión Industrial da Moda.

Historia

Entrada do reitorado da Universidade da Coruña, na Mestranza

A Universidade da Coruña foi creada o 20 de xullo de 1989 coa aprobación da Lei 11/1989 do 20 de xullo. O seu claustro constituínte aprobou en 1992 os estatutos e o primeiro programa universitario.[2][3].

Alumnado

Desde a súa fundación, a Universidade da Coruña mantivo nos seus campus e centros adscritos un alumnadoo superior ou próximo aos vinte mil, co máximo nos inicios dos anos 2000.[4] Desde a década de 2010, o alumnado foi diminuíndo.[5] A evolución do alumnado foi a seguinte:[5][6]

Facultades e escolas

Centros na Coruña

Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, situada no Campus da Zapateira (A Coruña).
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (A Coruña).

Centros propios

Centros adscritos

  • Escola Universitaria de Relacións Laborais
  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Escola Universitaria de Turismo

Outros centros

  • Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE)

Centros en Ferrol

Centros propios

Campus de Esteiro
Campus de Serantes

Centros de investigación

  • Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)
  • Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC)
  • Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)
  • Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT)
  • Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI)

Bibliotecas

A rede de bibliotecas da Universidade da Coruña conta con 17 espazos repartidos entre os campus ferroláns e coruñeses e un servizo central no Edificio Xoana Capdevielle no Campus de Elviña,[7][8] amais dunha biblioteca dixital. En 2005 abriuse o repositorio da Universidade da Coruña, no que hai catalogadas obras producidas na universidade e dixitalizadas.[9]

Campus de Ferrol

  • Biblioteca da Escola Politécnica Superior
  • Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica
  • Biblioteca do Campus de Esteiro - Casa do Patín

Campus da Coruña

  • Biblioteca Casa do Patin Campus de Esteiro Universidade da Coruña
    Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos
  • Biblioteca da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  • Biblioteca da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias da Saúde
  • Biblioteca da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física
  • Biblioteca da Facultade de Dereito
  • Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa
  • Biblioteca da Facultade de Filoloxía
  • Biblioteca da Facultade de Informática
  • Biblioteca da Facultade de Socioloxía e Ciencias da Comunicación

Administración

Reitoría

A máxima autoridade da Universidade da Coruña ostenta a súa representación, exerce a súa dirección, coordina a xestión tanto académica como administrativa, preside o Claustro Universitario e mais a Xunta de Goberno, executa os acordos do Consello Social, do Claustro Universitario e da Xunta de Goberno e responde da súa xestión perante o Claustro.

É elixido polo Claustro Universitario de entre os catedráticos de universidade e nomeado polo órgano competente da Xunta de Galicia. Ten un mandato de catro anos con posibilidade de reelección.

Vicerreitorías

As Vicerreitorías coordinan e dirixen as actividades no seu ámbito funcional ou xeográfico baixo a autoridade da reitoría. A Universidade da Coruña conta na actualidade coas seguintes:

  • Vicerreitoría de Estudiantes, Deportes e Cultura
  • Vicerreitoría de Planificación Económica e Infraestruturas
  • Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
  • Vicerreitoría de Profesorado e Planificación Docente
  • Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías
  • Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación
  • Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
  • Secretaría Xeral

Normalización lingüística

En decembro de 2007, o Consello de Goberno da UDC aprobou o Plano de normalización lingüística da Universidade. Este recolle o compromiso da institución a prol da normalización da lingua galega, tal e como establecen os seus estatutos. Este Plano veu completar o Regulamento de uso do galego desta institución, con que contaba desde o 2005. A través del, a UDC debe pór os recursos necesarios para aumentar o uso do galego dentro da institución. Cómpre lembrar que, segundo a Análise sociolingüística da Universidade da Coruña (2005), o galego é usado polo profesorado en apenas o 9% das aulas desta institución coruñesa.

Entre outras medidas recollidas no plano están a valoración do dominio oral e escrito do galego en todos os concursos para o acceso ao profesorado, o Servizo de Publicacións editará en breve cando menos a metade das súas publicacións en galego e as concesións de servizos e actividades de organismos xestionados pola UDC incluirán cláusulas lingüísticas. Ademais, os planos de formación continua do persoal de administración e servizos serán integramente en galego. Respecto ás materias, a UDC quere lograr que un terzo das materias obrigatorias e troncais sexan impartidas en galego.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: