Nadadores

Para o topónimo Nadadores, véxase Nadadores, México.

Os nadadores (Natantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas familias que integran as especies que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.[1]

Palaemon serratus, o camarón, un crustáceo nadador (hoxe, dendrobranquiado).

Todos os demais decápodos —nécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais caracterizados por camiñar polo fondo— agrupábanse no outro grupo ou orde, o dos reptadores (Reptantia).[1]

Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades [2] ou en páxinas web serias.[3]

Clasificación tradicional dos decápodos

Orde decápodos (Decapoda):[3]

  • Reptadores (Reptantia)
    • Anomuros (Anomura)
    • Braquiúros (Brachyura)
    • Macruros (Macrura)
  • Nadadores (Natantia)

O cambio na clasificación

A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.[1]

Baixo este sistema, Natantia é un grupo parafilético. A división primaria de Burkenroad dos decápodos en Dendrobranchiata e Pleocyemata foi, desde entón, corroborada por análises moleculares filoxenéticas.[4]

Representacións de tres dos grupos antigamente situados nos "nadadores"

Clasificación actual

A clasificación actual, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:[5]

Orde Decapoda Latreille, 1802

  • Suborde Dendrobranchiata Bate, 1888
  • Suborde Pleocyemata Burkenroad, 1963
    • Infraorde Stenopodidea Bate, 1888
    • Infraorde Caridea Dana, 1852
    • Infraorde Astacidea Latreille, 1802
    • Infraorde Axiidea de Saint Laurent, 1979b
    • Infraorde Gebiidea de Saint Laurent, 1979
    • Infraorde Achelata Scholtz & Richter, 1995
    • Infraorde Polychelida Scholtz & Richter, 1995
    • Infraorde Anomura MacLeay, 1838
    • Infraorde Brachyura Linnaeus, 1758

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

🔥 Top keywords: