Reptantes

Para outros animais que "reptan, véxase Réptiles,

Os reptantes (Reptantia) é un taxon obsoleto de crustáceos decápodos, que comprendía aquelas especiesnécoras, centolas, lumbrigantes e outros moitos animais— caracterizados teren o corpo deprimnido dorsoventalmente e por camiñar polo fondo, en contraposición aos do outro grupo, o dos nadadores (Natantia), que reunía as especies, de corpor deprimido lateralmente e que se moven principalmente mediante a natación, como os camaróns (os carideos ou Caridea e os procaridideos ou Procarididea), os lagostiños e as gambas (dendrobranquiados ou Dendrobranchiata) e os chamados en inglés boxer shrimp, "camaróns bóxer", os estenopodideos ou Stenopodidea.[1][2]

A cigala (Nephrops norvegicus), un crustáceo marchador típico.

Porén, esta clasificación segue encontrándose nos libros antigos, e mesmo en cursos de bioloxía mariña dalgunhas universidades [3] ou en páxinas web serias.[2]

Clasificación tradicional dos decápodos

Orde decápodos (Decapoda):[2]

  • Reptadores (Reptantia)
    • Anomuros (Anomura)
    • Braquiúros (Brachyura)
    • Macruros (Macrura)
  • Nadadores (Natantia)

Catacterísticas dos antigos reptantes

Os membros deste grupo caracterízanse por teren o corpo deprimido dorsoventramente e os pleópodos (apéndices abdominais) pequenos (incluso poden estar ausentes), e non se usan na locomoción. As anténulas carecen de estilocerito, e o escafocerito, que pode estar ausente tamén, no caso de existir está pouco desenvolvido.[2]

O grupo dividíase en tres subordes, diferenciadas pola forma da casca, a posición e forma do abdome e a morfoloxía dos últimos apédices torácicos: anomuros, braquiúros e macruros.[2]

O cambio na clasificación

A división entre Natantia e Reptantia foi cambiada en 1963, cando Martin Burkenroad fundou a suborde Pleocyemata (pleociemados) para aqueles animais que transportaban os ovos nos pleópodos, deixando a outra suborde, a dos Dendrobranchiata dendrobranquiados, para gambas, camaróns e afíns.[1]

Galería de imaxes dos reptantes

Clasificación actual dos decápodos

A clasificación actual dos decápodos, até o nivel de infraordes, segundo De Grave et al., é:[4]

Orde Decapoda Latreille, 1802

  • Suborde Dendrobranchiata Bate, 1888
  • Suborde Pleocyemata Burkenroad, 1963
    • Infraorde Stenopodidea Bate, 1888
    • Infraorde Caridea Dana, 1852
    • Infraorde Astacidea Latreille, 1802
    • Infraorde Axiidea de Saint Laurent, 1979b
    • Infraorde Gebiidea de Saint Laurent, 1979
    • Infraorde Achelata Scholtz & Richter, 1995
    • Infraorde Polychelida Scholtz & Richter, 1995
    • Infraorde Anomura MacLeay, 1838
    • Infraorde Brachyura Linnaeus, 1758

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos