Nematophyta

Nematophyta
Rango fósil:
Cámbrico (hai 410 Ma [2]) ata finais do Silúrico ou principios do Devoniano

Cutícula de Cosmochlaina, recollida en Burgsvik, Suecia por maceración con ácido. Células duns 12 μm de diámetro.
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
Reino:Plantas ?
Strother 1993[1]
Filo:Nematophyta Lang 1937 [3]
Xéneros

Familia Nematothalaceae:

  • Nematothallus Lang 1937
  • Cosmochlaina Edwards 1986

Familia Nematophytaceae:

  • Nematoplexus Lyon 1962
  • Nematasketum Burgess e Edwards, 1988
  • Prototaxites Dawson 1859[4]

As nematófitas ou nematófitos (Nematophyta) son un grupo parafilético de organismos terrestres extintos de tipo vexetal, que probablemente incluía algunhas plantas e tamén algas[5][6] que se coñecen polo seu rexistro fósil datado desde o Silúrico ata inicios do Devoniano (chert de Rhynie, Escocia).[7] O xénero tipo Nematothallus, que tipifica o grupo, foi descrito por primeira vez por Lang en 1933,[3] que o imaxinou como unha planta talosa con características tubulares e esporófitos, cuberta por unha cutícula que preservou as impresións das células subxacentes. Lang atopou abondosos restos disgregados con estas tres características, pero ningún deles estaba conectado cos outros, o que facía que a reconstrución destes restos como con partes constituíntes dun mesmo organismo fose hipotética. Non se coñecen neste fósil estruturas reprodutoras ou vexetativas comúns ás doutras plantas,[8] e certos membros do plexo nematófito (incluíndo Nemataplexus, conxugacións axiais de tubos bandeados ou ramificados) parecen pertencer a fungos.[9]

A falta dunha clara definición dos nematófitos fixo que fosen utilizados como un taxón caixón de xastre, e denominábanse "nematofíticos" a todos os tipos de tubos e cutículas con marcas de células do Silúrico.

Os nematófitos, con cutículas e tubos bandeados, atopáronse en coprólitos producidos aparentemente por miriápodos.[10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • McGregor and Narbonne (1978): "Upper Silurian trilete spores and other microfossils from the Read Bay Formation, Cornwallis Island, Canadian Arctic"
🔥 Top keywords: