Nevenka Fernández

economista española

Nevenka Fernández, nada en 1975, é unha economista española. Foi concelleira de Facenda de Ponferrada entre 1999 e 2000.

Infotaula de personaNevenka Fernández

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Concelleiro Ponferrada
3 de xullo de 1999 – 26 de marzo de 2001 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade San Pablo CEU
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

É coñecida por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político, Ismael Álvarez, alcalde de Ponferrada, por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal español de 1999.[1][2][3] A inicios de 2021 residía no Reino Unido[4] a onde se exiliara tras denunciar o acoso.[5]

Traxectoria

Licenciada en Económicas pola Universidade CEU-San Pablo e co mestrado en Auditoría pola Universidade Complutense de Madrid, traballou en Arthur Andersen en Madrid. Acabou a carreira pouco antes das eleccións municipais de 1999 cando Carlos López Riesco lle fíxo a oferta de ser a número tres da lista do Partido Popular de Ponferrada liderada por Ismael Álvarez.[6] Tras a vitoria electoral asumiu a Concellaría de Facenda no Concello de Ponferrada.[1] En setembro de 2000 pediu a baixa por depresión do Concello e en marzo de 2001 denunciou por acoso sexual o alcalde Ismael Álvarez. O Partido Popular non a apoiou e os seus compañeiros puxéronse de parte de Ismael Álvarez. Tras as dificultades por atopar traballo en España tras a denuncia por acoso sexual, trasladouse ao Reino Unido onde vivía a inicios de 2021.[7]

Denuncia de acoso sexual

En setembro de 2000 pediu a baixa por depresión no Concello de Ponferrada e trasladouse a Madrid. Nevenka, que entón tiña 24 anos, denunciou ser acosada sexualmente e laboralmente no ano 2000 polo entón alcalde de Ponferrada Ismael Álvarez, membro do seu propio partido, o Partido Popular tras finalizar a relación que mantivera con el durante algúns meses, iniciada a finais de 1999.[8] O 26 de marzo de 2001 Nevenka Fernández denunciou publicamente a Ismael Álvarez por acoso sexual.[9]

En abril de 2001 ratificou a querela por acoso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid declarando: «Falar salvoume».[10]

A Asociación para a Defensa da Muller Acosada, que inicialmente exercera a acusación particular, retirouse pouco antes de comezar o xuízo argumentando que perdera a confianza en Nevenka Fernández.[11]

A sentenza, coñecida o 30 de maio de 2002, impuxo ao seu exnoivo, o exalcalde de Ponferrada Ismael Álvarez, a pena mínima, mais o caso fixo historia: por primeira vez un político español era condenado por acoso sexual.[11]

Ismael Álvarez foi condenado polo Tribunal Superior de Castela e León a nove meses de cárcere, unha multa de 6.480 euros e unha indemnización á vítima de 12.000 euros por acoso sexual. Ismael Álvarez dimitiu pola súa propia vontade como alcalde de Ponferrada o mesmo día que se fixo pública a sentenza, nin o PP llo pediu nin ningunha lei llo exixiu.[12] Ana Botella, muller do entón presidente do Goberno, José María Aznar, encomiou a actuación do acosador: «Hai que ter un respecto total polo alcalde de Ponferrada, que tivo unha postura impecábel ao dimitir antes de que haxa unha sentenza firme», sinalou.[13] Da mesma postura foi o entón presidente do senado e do Partido Popular na Comunidade de Madrid, Pío García-Escudeiro.[14]

O fiscal, José Luís García Ancos, que terminou sendo apartado do caso, someteu a vítima a un polémico interrogatorio cuestionando a súa denuncia: «Vostede non é a empregada de Hipercor que lle tocan o cu e ten que aturar porque é o pan dos seus fillos!» e sinalando nunha entrevista de radio que dicía que, dun dos testemuños do xuízo, «desprendíase que se quería dicir que Nevenka, sendo unha colexiala, era unha putilla».[15][11]

Durante as conclusións, tanto a fiscalía como a acusación particular incidiron na importancia que tiña para este caso a proba pericial, na que cinco especialistas en psiquiatría e psicoloxía coincidiron en que a denunciante non "fabulaba" cando presentou a querela e que os seus síntomas eran claramente os dunha persoa que se viu acosada.[16]

Consecuencias

Nevenka gañou a batalla xudicial mais perdeu a batalla social. Tras a denuncia resultoulle difícil atopar traballo en España e finalmente decidiu trasladar a súa residencia a Londres[14][17] mentres Álvarez seguiu en Ponferrada e volveu presentarse ás eleccións municipais en 2011 obtendo 5.719 sufraxios, cinco concelleiros e un 16,53% dos apoios. Foi a terceira forza política máis votada e o apertado resultado político outorgoulle un papel decisivo na configuración da alcaldía. O acosador tivo apoios da importancia de Amancio Prada.[18]

O xornalista Juan José Millás escribiu en 2004 o libro Hay algo que no es como me dicen: El caso de Nevenka Fernández contra la realidad sobre o caso Nevenka.[11]

O caso converteuse nun referente histórico por ser a primeira española en lograr a condena dun cargo político por acoso sexual despois de que se introducise o delito no Código Penal de 1999. E foi especialmente lembrado en 2017 cando xurdiu o movemento Me Too.[8]

Recoñecemento

En 2023 o Concello de Ponferrada recoñeceu o valor de Nevenka Fernández cando denunciou o acoso sexual sufrido. Esta denuncia axudou a visibilizar as condutas machistas sufridas en silencio por moitas mulleres.[19]

Monumento a Nevenka Fernández en Ponferrada (2023)

Como mostra deste recoñecemento instalouse un monumento na rotonda da Avenida del Castillo, onde se ve a faciana de Nevenka Fernández xunto a frase "Gracias por tu valentía". No acto estivo presente a Delegada do Goberno contra a violencia machista nese momento, Victoria Rosell.[20][21]

Docuserie Nevenka

Netflix estrenou en 2021 a docuserie Nevenka, dirixida por Maribel Sánchez-Maroto, no que Nevenka Fernández rompe o seu silencio tras 20 anos da súa denuncia e da sentenza.[9][14][22][23][24]

Obra de teatro Nevenka

A dramaturga María Goricelaya escribiu e dirixiu a obra de teatro documental Nevenka, que foi estreada o 10 de marzo de 2023 no Teatro Alhambra de Granada coa compañía Histrión Teatro.[25]

Bibliografía

Libros
Artigos de revistas e prensa

Véxase tamén

Ligazóns externas

Notas

 

🔥 Top keywords: