Partido Popular

partido político español de centrodereita

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no espectro da dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu a de Alianza Popular (AP), partido fundado en 1976 por Manuel Fraga.

Partido Popular (PP)
Partido político de España
Dirixentes e organización
LíderAlberto Núñez Feijóo
(presidente)
Cuca Gamarra
(secretaria xeral)
MocidadesNovas Xeracións do Partido Popular
Filiación internacionalUnión Internacional Demócrata
Internacional Demócrata Cristiá
Partido Popular Europeo
Historia
Fundación20 de xaneiro de 1989
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadorismo
Democracia cristiá
Liberalismo
Constitucionalismo
Representación
Congreso dos Deputados
137 / 350
Senado
130 / 266
Parlamentos autonómicos
338 / 1.268
Concelleiros
22.750 / 67.611
Parlamento Europeo
16 / 54
Outros datos
SedeGénova, 13. 28004, Madrid
Na rede
www.pp.es
Telegram: Partido_Popular Dialnet: 255422 Editar o valor em Wikidata

É un dos partidos maioritarios de España. Desde 2019, o PP é o segundo grupo máis numeroso en ambas as cámaras das Cortes Xerais e goberna en cinco comunidades autónomas e en Ceuta. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Historia

O Partido Popular ten a súa orixe en Alianza Popular (AP),​ un partido político fundado en 1976 como federación de pequenos partidos conservadores, liderados por antigos dirixentes do franquismo[1]. Nas eleccións xerais de 1977, as primeiras trala ditadura, obtivo 16 escanos. Nas eleccións xerais de 1979 Alianza Popular participou dentro da Coalición Democrática, co seu presidente Manuel Fraga como cabeza de lista da coalición, e obtivo uns resultados máis modestos (10 escanos).

Trala desfeita da Unión de Centro Democrático (UCD) en 1981, que daquela ocupaba o goberno, Alianza Popular fusionouse con algúns partidos da UCD (Partido Liberal, Partido Demócrata Popular; liberais e democristiáns respectivamente) e mais partidos rexionalistas de dereitas (Unió Valenciana, Unión del Pueblo Navarro e Partido Aragonés) para presentarse ás eleccións xerais de 1982 como AP-PDP. Ese ano pasa a ser o principal partido da oposición con 107 escanos. Esa mesma coalición, desta volta con Centristas de Galicia e sen o PAR, preséntase co nome de Coalición Popular ás eleccións de 1986, nas que obtén 105 deputaos. En decembro dese mesmo ano Manuel Fraga dimite como líder do partido e é substituído por Antonio Hernández Mancha.

En 1989 convócase un novo congreso no cal se perfila o partido dun xeito máis liberal ca conservador. Francisco Álvarez Cascos é nomeado secretario xeral do partido e José María Aznar (xacando presidente de Castela e León) é proposto por Fraga como candidato nas eleccións xerais. O partido pásase a chamar Partido Popular.

En 1996 o Partido Popular gaña por primeira vez as eleccións xerais. Javier Arenas substitúe a Álvarez Cascos na dirección do partido. O partido abandona a Internacional conservadora e adscríbese á Internacional demócrata cristiá. No 2000 o Partido Popular obtén a maioría absoluta. No 2003 Mariano Rajoy é elixido por Aznar como sucesor, e en 2004 o PP perde o goberno fronte ao PSOE. Ángel Acebes pasa a ser secretario xeral do partido, que mantén a maioría no Senado. Logo das eleccións xerais de 2008 o PP declarou o seu carácter de partido centrista e reformista, abríndose un forte debate interno sobre o exercicio de oposición e sobre as relacións con outras forzas políticas, especialmente as nacionalistas. O Congreso Nacional do PP apoia as teses de Mariano Rajoy, que é reelixido presidente, con María Dolores de Cospedal como secretaria xeral.

En 2011 o PP gaña as eleccións con maioría absoluta e pasa a ocupar o goberno ata 2018, cando Rajoy perde unha moción de censura impulsada polo PSOE. Desde entón, con Pablo Casado como novo presidente, o PP perde contra o PSOE as dúas eleccións xerais celebradas en 2019, nas que ve ocupada a parte máis dereitista do seu espazo electoral polo partido emerxente Vox, de extrema dereita.

Comité Executivo Nacional

Sede nacional del PP, no nº 13 da Rúa Génova de Madrid.
Estrutura Orgánica xeral do Partido Popular

Esta é a composición do comité executivo nacional do PP logo do XIX congreso do partido e actualizada a setembro de 2020:

Presidentes rexionais

O Partido Popular ten presenza en todas as comunidades e cidades autónomas de España. A setembro de 2020, o PP goberna en cinco das 17 autonomías e en Ceuta.

ComunidadeDelegaciónPresidente de delegaciónPreside o Goberno AutonómicoGoberna en coalición conPrincipal partido da oposiciónOposición minoritaria
AndalucíaPartido Popular AndaluzJuan Manuel MorenoX
AragónPartido Popular de AragónLuis María Beamonte MesaX
Illas CanariasPartido Popular de CanariasMaría Australia Navarro de PazX
CantabriaPartido Popular de CantabriaMaría José Sáenz de Buruaga GómezX
Castela-A ManchaPartido Popular de Castilla-La ManchaFrancisco Javier Núñez NúñezX
Castela e LeónPartido Popular de Castilla y LeónAlfonso Fernando Fernández MañuecoX
CataluñaPartit Popular CatalàAlejandro Fernández ÁlvarezX
CeutaPartido Popular de CeutaJuan Jesús VivasX
Comunidade de MadridPartido Popular de la Comunidad de MadridPío García-Escudero MárquezX
NavarraPartido Popular de NavarraAna Beltrán VillalbaX
Comunidade ValencianaPartido Popular de la Comunidad ValencianaIsabel Bonig TriguerosX
EstremaduraPartido Popular de ExtremaduraJosé Antonio Monago TerrazaX
GaliciaPartido Popular de GaliciaAlberto Núñez FeijóoX
Illas BalearesPartido Popular de las Islas BalearesGabriel Company BauzàX
A RioxaPartido Popular de La RiojaJuan Ignacio Ceniceros GonzálezX
MelillaPartido Popular de MelillaJuan José Imbroda OrtizX
País VascoPartido Popular del País VascoAmaya Fernández AnguloX
AsturiasPartido Popular de AsturiasVacanteX
Rexión de MurciaPartido Popular de la Región de MurciaFernando López MirasX

Líderes

Presidentes

Nome
(Nacemento-morte)
ImaxeCongresoPeríodo no cargo
InicioFinal
Manuel Fraga
(1922-2012)
IX Congreso (AP)20 de xaneiro de 19891 de abril de 1990
José María Aznar
(1953-)
X Congreso1 de abril de 19906 de febreiro de 1993
XI Congreso6 de febreiro de 199320 de xaneiro de 1996
XII Congreso20 de xaneiro de 199630 de xaneiro de 1999
XIII Congreso30 de xaneiro de 199926 de xaneiro de 2002
XIV Congreso26 de xaneiro de 20022 de outubro de 2004
Mariano Rajoy
(1955-)
XV Congreso2 de outubro de 200421 de xuño de 2008
XVI Congreso21 de xuño de 200818 de febreiro de 2012
XVII Congreso18 de febreiro de 201212 de febreiro de 2017
XVIII Congreso12 de febreiro de 201721 de xullo de 2018
Pablo Casado
(1981-)
XIX Congreso21 de xullo de 20182 de abril de 2022
Alberto Núñez Feijóo
(1961-)
XX Congreso2 de abril de 2022No cargo

Secretario xeral

Nome
(Nacemento-morte)
ImaxeCongresoPeríodo no cargo
InicioFinal
Francisco Álvarez-Cascos
(1947-)
IX Congreso (AP)20 de xaneiro de 19891 de abril de 1990
X Congreso1 de abril de 19906 de febreiro de 1993
XI Congreso6 de febreiro de 199320 de xaneiro de 1996
XII Congreso20 de xaneiro de 199630 de xaneiro de 1999
Javier Arenas
(1957-)
XIII Congreso30 de xaneiro de 199926 de xaneiro de 2002
XIV Congreso26 de xaneiro de 20024 de setembro de 2003
Mariano Rajoy
(1955-)
4 de setembro de 20032 de outubro de 2004
Ángel Acebes
(1958-)
XV Congreso2 de outubro de 200421 de xuño de 2008
María Dolores de Cospedal
(1965-)
XVI Congreso21 de xuño de 200818 de febreiro de 2012
XVII Congreso18 de febreiro de 201212 de febreiro de 2017
XVIII Congreso12 de febreiro de 201721 de xullo de 2018
Teodoro García Egea
(1985-)
XIX Congreso26 de xullo de 201822 de febreiro de 2022
Cuca Gamarra
(1985-)
XX Congreso2 de abril de 2022No cargo

Resultados electorais

Eleccións xerais

Eleccións xerais españolas
ElecciónsCandidatoVotos%DeputadosSenadoresNotas
1989José María Aznar5.285.97225,79%
107 / 350
77 / 208
En coalición con UPN e CdG.[2]
1993José María Aznar8.201.46334,76%
141 / 350
93 / 208
En coalición con UPN.[3]
1996José María Aznar9.716.00638,79%
156 / 350
112 / 208
En coalición con UPN e PAR.[4]
2000José María Aznar10.321.17844,52%
183 / 350
127 / 208
En coalición con UPN, UPM e PAR.[5]
2004Mariano Rajoy9.763.14437,71%
148 / 350
102 / 208
En coalición con UPN, UPM, UV e IdF.[6]
2008Mariano Rajoy10.278.01039,44%
154 / 350
101 / 208
En coalición con UPN.[7]
2011Mariano Rajoy10.866.56644,63%
186 / 350
136 / 208
En coalición con UPN, PAR, EU, CCN e AMF.[8]
2015Mariano Rajoy7.215.53028,72%
123 / 350
124 / 208
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF.
2016Mariano Rajoy7.906.18533,03%
137 / 350
130 / 208
En coalición con UPN, PAR, FAC e AMF.
2019 (abril)Pablo Casado4.373.65316,69%
66 / 350
54 / 208
2019 (novembro)Pablo Casado5.047.04020,81%
89 / 350
83 / 208

Eleccións municipais

ComiciosLíder# de votos%ConcelleirosNotas
1991José María Aznar4.775.05125,3%
19.298 / 66.308
1995José María Aznar7.334.13534,4%
24.772 / 65.869
1999José María Aznar7.334.13534,4%
24.623 / 65.201
2003José María Aznar7.875.76234,3%
23.615 / 65.510
2007Mariano Rajoy7.916.07535,6%
23.348 / 66.131
2011Mariano Rajoy8.476.13837,5%
26.507 / 68.230
2015Mariano Rajoy6.057.76727,1%
22.750 / 67.611
2019Pablo Casado5.154.72822,62%
20.364 / 66.982

Eleccións ao Parlamento Europeo

ComiciosCabeza de lista# de votos%EscanosNotas
1989Marcelino Oreja3.395.01521,41%
15 / 60
En coalición con UPN e CdG.
1994Abel Matutes7.453.90040,12%
28 / 64
En coalición con UPN.
1999Loyola de Palacio8.410.99339,74%
27 / 64
En coalición con UPN.
2004Jaime Mayor Oreja6.393.19241,21%
24 / 54
En coalición con UPN.
2009Jaime Mayor Oreja6.670.2342,72%
23 / 50
2014Miguel Arias Cañete4.098.33926,09%
16 / 54
2019Dolors Monserrat4.519.20520,15%
12 / 54

Simboloxía

Imaxe do PP na súa sede de Ribadavia.

Segundo está descrito nos estatutos aprobados polo Partido Popular no XVI Congreso celebrado en xuño de 2008:

As siglas do Partido Popular son PP e o seu logotipo está integrado polas palabras "Partido Popular" acubilladas baixo un símbolo que representa unha gaivota coas ás despregadas.
Disposición xeral 3 do Estatuto do PP de 2008.[9]

Desde 2019, un novo símbolo foi substituíndo paulatinamente o anterior. O actual destaca pola novidosa forma da gaivota, que semella un corazón, e que adoita presentar as cores da bandeira de España. O logo anterior, co que conviviu durante varios meses, estreárase en xullo de 2015 e amais de por presentar unha nova tipografía para o logotipo 'populares', destacaba por enmarcar o conxunto nun círculo. Deste logo, todo en cor azul,[10] comentouse a semellanza co do partido Podemos.[11] Este símbolo substituíu o que se empregaba desde xuño de 2008, coas siglas da formación e a gaivota en branco sobre un recadro azul coas esquinas arredondadas e o bordo de cor gris. A composición anterior databa de xaneiro de 2008 e nela as siglas e a gaivota estaban sobre dúas esferas azuis.[12]

Imaxe

A imaxe estilizada dunha ave coroa os dous pés no logotipo do partido. Esta imaxe é coñecida hoxe en día como unha gaivota, mais nas súas orixes presentouse como un albatros.[13] Foi no congreso de xuño de 2008 cando os novos estatutos mudaron a denominación a "gaivota"[14] (Art. 1º, punto 3) quizais por descoñecemento do propio redactor dos estatutos,[15] xa que hoxe en día, o Partido Popular segue entregando os premios "Albatros de Ouro".[16] O autor do logotipo orixinal, Fernando Martínez Vidal, afirma que a ave do logotipo non é unha gaivota nin un albatros, senón dun carrán.[17]

Himno

O himno deste partido foi o mesmo desde a súa formación. A composición foi encargada en 1989 por Miguel Ángel Rodríguez a Manuel Pacho, un coñecido compositor de jingles como «Vacaciones Santillana».[18] Segundo o seu creador, é un himno apegadizo e recoñecible que encarna os valores de emprendemento e individualidade propios do liberalismo, a diferenza dos valores de «colectividade e de unión» que se esperarían dun himno dun partido de esquerdas.[18][19]

Fundacións

O PP conta con diversas fundacións e organizacións afíns que desenvolven tarefas de investigación teórica, cooperación internacional, documentación e análise, entre outras:

  • Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES)
  • Grupo de Estudios Estratégicos (GEES)
  • Humanismo y Democracia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: