Odilón de Baviera

duque de Baviera

Odilón, tamén coñecido como Odilo, Oatilo ou Uatilo, nado en data e lugar descoñecidos, e finado o 18 de xaneiro de 748 foi duque de Baviera, desde o ano 736 até a súa morte.

Odilón I de Baviera
Duque de Baviera

Reinado736 - 748
Nacementodescoñecida
descoñecido
Falecemento18 de xaneiro de 748
descoñecido
PredecesorHuberto I
SucesorTasilón III
Cónxuxe/sHiltruda
DescendenciaTasilón III de Baviera
Casa realDinastía axilolfinga
ProxenitoresGotfrido
descoñecido

Na rede
WikiTree: Agilofing-27

Traxectoria

Descoñécese o parentesco preciso de Odilón, pero sábese que era descendente dos axilolfingos e que era o tío de Suanaquilda,[1] a segunda esposa de Carlos Martel, mordomo de palacio dos tres reinos de Austrasia, Neustria e Borgoña que, durante catro anos, do 737 ao 741, foi raíña dos francos, aínda que non tiña o título.

Segundo algúns, era fillo de Gotfrido (? -709) da familia dos axilolfingos. De ser así, os seus irmáns eran Lantfrido, duque de Alamanis xunto co seu outro irmán Teudebaldo, e de Huochingo e Regardo, que casou con Ildeprando, duque de Espoleto.

No 739 sucedeu a Huberto I de Baviera, como duque de Baviera.[2] No mesmo ano Odilón invitou ao futuro arcebispo de Maguncia, Bonifacio, a ir ao ducado, onde permaneceu durante moitos días para difundir o Evanxeo entre os seus súbditos. Odilón presidiu con Bonifacio a división de Baviera en 4 dioceses, nomeando os bispos de Ratisbona, Freising (Frisinga), Passau e Salzburgo, seguidos despois, no 741, por un quinto, o de Würzburg.[3]

Despois da morte do seu marido, Carlos Martel, que tivo lugar en 741, segundo o anónimo continuador do cronista Fredegario, en 742, a súa sobriña, Suanaquilda, aconsellou á súa fillastra, Hiltruda, filla do seu falecido marido, que cruzase o Rin escoltada por algúns dos seus amigos e contra o consello dos seus irmáns, Carlomán e Pipino, para coñecer ao duque de Baviera, Odilón, que a obrigou a casar con el contra a súa vontade.[4](Segundo os monxes do Ex Chronico Sigeberti, Odilón secuestrou a Hiltruda e obrigouna a casar con el).[5]

En 743 Odilón rebelouse contra a autoridade dos francos,[6] xunto co duque alamán (e quizais o seu irmán) Theodebaldo, forzando así aos seus cuñados, Carlomán e Pipino, a reunir un exército para atacar Baviera.[7] Acamparon á beira do río Lech, mentres que na beira oposta reuníronse non só bávaros senón tamén saxóns, suevos e alamáns.[6] Ao non poder cruzar o río nese punto, despois duns días, Carlomán, despois de dividir o exército en dous grupos, atravesouno pola noite, por zonas pantanosas e deshabitadas, e derrotou inesperadamente aos seus adversarios,[7][8] mentres Odilón e Teodorico, duque dos Saxóns fuxían polo río Inn.[9] Os francos fixeron moitos prisioneiros, incluído ao mensaxeiro do papa, Serxio, que convenceu aos francos para que regresasen á súa terra.[8]

No 744 Carlomán e Pipino volveron intervir en Baviera e,[10] despois de derrotalo, Carlomán fixo as paces con Odilón: Odilón aceptou ser vasalo dos francos, pero seguiu sendo duque de Baviera.[11]

En 746, Odilón, seguindo a vontade de Pipino, elixiu a Virxilio como bispo de Salzburgo.[12]

Odilón morreu o 18 de xaneiro de 748,[13] e pouco despois o seu sobriño, o fillo de Suanaquilda, Grifón, que tamén era o seu cuñado, chegou a Baviera. Grifón foi ben recibido pola súa media irmá, Hiltruda,[1] a viúva de Odilón, rexente en nome do seu fillo o novo duque, Tasilón III.[14] Grifón, aducindo razóns dinásticas (como fillo dunha princesa de Baviera, Suanaquilda) usurpou o trono de Tasilón III, un neno de 7 anos.[4] Sabendo isto, Pipino foi a Baviera[14] e capturou a Grifón,[15] e despois de reconfirmar no seu trono ducal ao seu sobriño Tasilón,[7] levou consigo ao reino dos francos a Grifón,[5] que recibiu doce condados en Neustria.[5][14]

Descendencia

Odilón e Hiltruds tiveron un fillo, Tasilón III (742-794), último duque de Baviera da Casa dos Axilolfinga, até o 787 cando, acusado de traizón por Carlomán no xuízo da asemblea de Cannstatt, foi preso e destituído.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Predecesor:
Huberto I
Duque de Baviera
736748
Sucesor:
Tasilón III
🔥 Top keywords: