Opistocontos

Opistocontos
Rango fósil: Neoproterozoico - Recente

Opistocontos.
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
(sen clasif.)Unikonta
(sen clasif.):Opisthokonta

Os opistocontos ou Opisthokonta ou "grupo Fungos/Metazoos"[1] é un amplo grupo de eucariotas, que comprende os reinos dos animais e dos fungos,[2] e un grupo de microorganismos eucariotas que se adoitan agrupar no filo parafilético Choanozoa.[3] Estudos xenéticos e ultraestruturais apoian claramente a idea de que os opistocontos son un grupo monofilético.

A característica común dos Opisthokonta é que teñen células flaxeladas, como é o caso dos espermatozoides dos animais ou as quitridioesporas dos fungos, situado na parte posterior da célula, é dicir, na parte oposta da dirección cara á que se move a célula (do mesmo modo que dicimos que a hélice está na parte posterior dos barcos). Isto dálle ao grupo o seu nome (do grego ὀπίσθιος, opísthios, "posterior" + κοντός, kontós, "pértega, poste", referíndose aquí ao flaxelo). As células flaxeladas doutros grupos de eucariotas, polo contrario, propúlsanse con flaxelos situados en posición anterior.

Historia

A estreita relación entre os animais e os fungos foi suxerida por Cavalier-Smith en 1987,[4] que utilizou o nome informal opisthokonta (o nome formal fora utilizado para os Chytridiomycota), e isto foi confirmado por estudos xenéticos posteriores.[5]

As primeiras filoxenias situábanos próximos ás plantas e outros grupos que teñen mitocondrias con cristas planas, pero este carácter é variable.

Cavalier-Smith e Stechmann [6] argumentan que os eucariotas uniciliados como os opistocontos e os Amoebozoa, denominados en conxunto Unikonta, separáronse doutros eucariotas biciliados, chamados Bikonta, pouco despois de que estes xurdiran na evolución.

Taxonomía

Unha hipótese das relacións entre os eucariotas.

Unha forma de dividir os Opisthokonta é distinguir os grupos Holomycota ou Nucletmycea (fungos e todos os organismos que están máis relacionados cos fungos ca cos animais) e Holozoa (animais e todos os organismos que están máis relacionados cos animais ca cos fungos); non foron identificados opistocontos basais anteriores á separación de Holomycota e Holozoa.

Outra forma de clasificalos é a que se mostra no seguinte diagrama de clados:[7][8]

Opisthokonta 
Holomycota

Cristidiscoidea

Fungi

Holozoa

Mesomycetozoa

Corallochytrea

Filozoa

Filasterea

Apoikozoa

Choanoflagellatea

Animalia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

🔥 Top keywords: